Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-19-2010 Editorial: Unha ollada resumida aos cambios no motor

Este é un pequeno resumo das melloras no motor, pensado para que teñas unha comprensión básica do que vai supoñer. Por favor, le tamén a descrición completa, que che dará unha mellor visión e as razóns que explican os cambios.
Aporte dos xogadores en posicións centrais (medios, centrais e dianteiros centros
Un único xogador nunha posición central contribúe ó 100%. Usar dous xogadores significa unha perda na súa contribución (a de ámbolos xogadores), e usar tres supón unha perda meirande (que afectará ós tres).

O tamaño da perda non é o mesmo para os tres sectores
A cantidade de contribución perdida é maior para os medios que para os dianteiros, e á súa vez é maior para os dianteiros que para os defensores. Isto afectará a contribución global dos xogadores ás cualificacións do equipo.

Estimular os equipos máis variados e equilibrados
Asegúrate de que os teus xogadores centrais non teñan moita diferenza de habilidade entre eles e de que os teus suplentes sexan o suficientemente bos. Un xogador central pode facer que as túas cualificacións baixen moito se os seus compañeiros de posición son moito mellores ca el.

Experiencia das formacións
Podes conseguir experiencia en tres novas formacións, e o 4-4-2 será tratado como calquera outra formación. Tamén será máis sinxelo manter a experiencia do teu equipo nunha formación, grazas a unha zona de transición máis alá de excelente.

Confusión
A experiencia nas formacións importará máis ca nunca cando falamos da confusión. O grao de confusión que sufrirán os teus xogadores no caso de que apareza a confusión tamén dependará do teu nivel de experiencia da formación.

Cambios na contribución dos xogadores
Os defensas centrais e os dianteiros (excepto os defensivos) recibirán un extra igual á penalización recibida por xogar con dous xogadores centrais. A contribución dos pases nos dianteiros defensivos técnicos será reducida, e tamén se distribuirá entre os ataques laterais e non só no central. Extremos, laterais e dianteiros beneficiaranse máis da súa habilidade de extremo. O porteiro perderá un chisco da súa contribución coa habilidade de portería.
 
Server 071