Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-19-2006 Editorial: Hattrick e o servidor

Gustarianos aproveitar esta oportunidade para disculparnos polo mal funcinamento de Hattrick esta tempada.
Que sucedeu o Sábado 18 de marzo?

Arredor do mediodía o servidor principal da base de datos deixou de responder e precisaba un reinicio, o que causou retrasos na páxina. Despois de que sucedera o mesmo problema dúas veces máis, tomamos a decisión de mover toda a base de datos principal a outro servidor de recambio, xa que os erros probablemente viñan motivados por un erro no hardware. Nestes intres estamos funcionando co servidor reserva que parece funcionar ben, a pesares de ser unha máquina peor. Agardamos poder estar de volta no servidor principal esta semana.

Que relación ten isto con tódolos problemas de rendemento que veñen sucedendo esta tempada?

A dicir verdade, non moita. A crise xeral de rendemento, que rematou fai dúas semanas, estivo producida por unha carga moi alta na base de datos principal, por varios motivos. Un deles era relativo ao hardware e foi arranxado ese mesmo fin de semana, e outro, relativo á mellora do software, foi arranxado esta última semana. Estes dous arranxos dividiron a carga do sistema á metade. O que sucedeu o sábado non ten relación con os problemas anteriores, a pesares de que rematara con resultados semellantes para os usuarios.

Porqué pasan estas cousas e que se fai para prevenir que siga pasando no futuro?

Os problemas recentes tiveron diversos motivos, e non é posíbel apuntar a un único culpable. Non hai "embotellamentos" nestes intres. Temos que traballar en varios frentes para solucionar isto: hardware, software, e tamén na nosa organización.

Estamos a levar a cabo un feixe de traballo para optimiza-la base de datos, rescribindo aplicacións para facer que traballen máis axiña, e mellorando o funcionamento do servidor de varias formas. Fai pouco trouxemos un especialista punteiro en bases de datos para que nos axudara a mellora-lo rendemento da web, e deunos unhas cantas boas ideas para levar a cabo estas melloras (e folgos para levar a meirande base de datos que viu na súa vida). Tamén estamos mellorando as rutinas dos mantementos programados, para evitar algúns problemas surxidos no pasado.

Básicamente, todo isto é o traballo de sempre.

Pero agora estamos facendo outras cousas. Estamos contratando máis xente para traballar en Hattrick, e un dos obxectivos principais é o de fixar unha adecuada supervisión do mantemento do servidor. Isto xa estaba en marcha antes, obviamente, pero trátase dunha área á que lle queremos prestar máis atención, e máis responsabilidade. Isto non é algo que vaia dar resultados inmediatos, pero é necesario se queremos levar Hattrick a un nivel máis alto de fiabilidade e velocidade.

Estamos preto de pechar un acordo cun importante proveedor de hardware. Isto daranos acceso a melloras no hardware, así como a valiosos coñecementos técnicos.

É moi complicado aventurar ou garantir cando Hattrick funcionará satisfactoriamente para todos. Seica iso sexa algo que non suceda nunca. Pero melloraremos o estado actual.

Tentamos sempre espabilar e poñernos á altura das necesidades, e a pesares de que estamos preto da curva moitas veces, tamén temos quedado lonxe noutras ocasións. Dalgún xeito, os problemas cos recursos foron bos para forzarnos a seguir mellorando con pequenas cousas. Dende logo, moita desta capacidade extra foi consumida por novos usuarios, que ao mesmo tempo nos proporcionan recursos para mellorar inda máis.

Dende 2000, a base de usuarios de Hattrick medrou máis de 100 veces e a web inda é máis fiable e rápida do que o era naqueles tempos. Iso non é un consuelo en momentos coma este, pero ollándoo con perspectiva penso que permite darlle algo de crédito á idea de que as cousas mellorarán co tempo. Así, a pesares do inexplicable desastre e dos temores tras un fin de semana coma este, penso que hai motivos para sermos moderadamente optimistas.
 
Server 070