Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

10-21-2010 Editorial: XVI Copa do Mundo - Competición para organizala

Na última tempada, estivemos todos impresionados polos marabillosos vídeos feitos polos países que presentaron a súa candidatura. Así que é hora de que a vosa imaxinación faga acto de presenza unha vez máis para participar na competición por organizar a XVI Copa do Mundo. Despois do experimento da pasada tempada, fixemos algúns pequenos cambios nas regras para conseguir que a competición sexa máis divertida para os que vos presentades e para facer que sexa moito máis divertida tamén para todos e conseguir que votedes.

Esta tempada, os países que se presente deben facer un vídeo da candidatura onde se nos diga porque o seu país debe ser o organizador da Copa do Mundo. Non esquezas.... facer que a túa comunidade estea involucrada!
Quen?

Aceptamos unha candidatura por país. Para asegurarnos que só se presenta unha candidatura, necesitará ser anunciada na conferencia local. Hai que ter en conta que se o teu país xa organizou un Mundial no pasado, isto xogará en contra da candidatura. E por suposto o gañador da última edición, Bosnia e Herzegovina, non poderán participar desta vez.

Cando?

O praza estará aberto dende o 22 de outubro ata o 21 de novembro ás 23:59.

As votacións terán lugar dende o 25 ao 30 de novembro, e o gañador será dado a coñecer nesa mesma semana.

Como?
A persoa oficial de contacto da candidatura necesita ser dese país en Hattrick e debe enviar:

- unha ligazón do vídeo, subido a Youtube, para máis tarde ser incluído no Canal Oficial de Youtube de Hattrick.

- Unha ligazón ao fío oficial do teu país onde estea feita a candidatura oficial.

Debe facerse isto a través do formulario de contacto dos NTA co asunto "XVI World Cup Bid" (que quere dicir Candidatura para a XVI Copa do Mundo), asegurándose de ter unha mensaxe de confirmación de volta. Por favor, ten en conta que isto será visto a nivel mundial, así que o inglés é necesario, polo menos, coma un dos idiomas para ser presentado.

Criterios

- Creatividade

- Calidade do traballo

- Canto de involucrada estea a comunidade

Extra: Previsión de novos usuarios e atención mediática.

De tódalas candidaturas, escolleremos as 5 mellores para presentarllas a votación á Comunidade.

Xurado:

Hai 5 votos:

- Un voto para a comunidade (non se poderá votar polo seu propio país).

- Un voto para os adestradores absolutos e da Sub-20.

- Un voto para os NTA (administradores das seleccións nacionais).

- Un voto para HT-Johan.

- Un voto para HT-Anne.
 
Server 071