Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

1-25-2011 Editorial: Hai un novo equipo na cidade

Hai seis meses, cambiamos a nosa base de operacións principal de desenvolvemento para Malmö, no sur de Suecia, para ter un equipo máis unido, onde todas as persoas chave traballaran no mesmo lugar. Durante o outono uniuse máis xente para substituír a aqueles que escolleran non cambiar connosco. Agora todos os postos están ocupados, agás un deles, e o novo equipo de HT está preparado para facer tremer o mundo. Por favor, permítenos presentarnos.

(E se estiveras a preguntarte que posto está sen cubrir, tamén atoparás esta información aquí)
Como membro dende os seus inicios, en 2001, fixen a viaxe completa. Desde cando as nosas oficinas era unha sala pequerrecha para un (e aínda así...), situada nun cuarto ao fondo dunha tenda de flores e todos nós traballabamos como voluntarios, ata cando a pequena semente medrou e converteuse no maior xogo de xestión online de fútbol do mundo e todos puidemos gañarnos a vida desenvolvendo Hattrick. Polo tanto, creo que é xusto dicir que pasei por todo. Pero o traslado das oficinas, a 650 quilómetros ao sur, para unha cidade completamente diferente era unha novidade, iso podo garantilo.

Coma sempre, cando ocorre un gran cambio existe unha preocupación moito maior de como irán as cousas e ao final acaba por funcionar moito mellor do que ninguén podería ter imaxinado.

Este cambio non foi diferente. Durante o verán estiven bastante preocupado, despois o novo equipo comezou a crecer pouco a pouco e agora xa é un equipo unido e ambicioso. E xa non estou preocupado, máis ben ao revés. Síntome máis fortalecido para o futuro.

Agora imos coas presentacións:

O equipo de Hattrick é unha boa mistura de antigos e experimentados HT e, por outro lado, a xente nova con moito entusiasmo. Algunha da xente nova foron atopados na Comunidade de HT, e outros xuntáronse chegando de fóra. O que nos une a todos é unha grande interese polo
xogo e/ou pola Comunidade, e a maioría de nós somos da mesma idade (os gloriosos trinta, tamén coñecida como a época de cambiar cueiros) e polo tanto tamén compartimos as mesmas experiencias fóra do HT:

O equipo de HT é unha organización bastante sinxela, porén como calquera organización do noso tamaño, non funcionaría sen un departamento de xestión. O noso caso non é diferente.

Grupo de Xestión
Jacob é o director xeral (CEO) de Hattrick Ltd, a empresa que che ofrece o xogo.

Desenvolvemento e contratos de negocio e algunhas cousas máis comerciais. Jacob é en definitiva quen leva as cousas de negocios.

Xestión de Desenvolvemento
Johan é o noso director creativo. É o responsábel xeral do deseño do xogo. Do mesmo xeito, tamén forma parte doutros equipos que veredes máis abaixo.

Chris é o director xeral (CEO) de Spelkultur, a nova empresa de Malmö, que traducido do sueco significa "Cultura de Xogo". É o noso xerente de desenvolvemento. Como o título di, lidera o equipo de desenvolvemento e tamén aporta unha boa parte do código.

Daniel é o director técnico (CTO) de Spelkultur. É o noso arquitecto de sistemas, e ten o control total do sistema de HT e o seu núcleo de funcionamento.

Deseño do Xogo
Gustaríame dicir que hai un pouco de deseñadores na maioría de nós, e está feito así para que todo o equipo poida contribuír no deseño no lugar de deixalo nas mans dunha soa persoa.

Temos un Consello do Xogo que é unha reunión para discutir a visión do xogo a longo prazo, e que melloras do xogo son máis importantes neste momento.

Eu son Tjecken e son o presidente do Consello e teño como misión o deseño (futuro) do xogo. Tamén estou enganchado á Comunidade (ver abaixo).

Klas é xa un programador veterano. Klas ten uns coñecementos grandes e reais sobre o que é HT, algo que tamén ten trasladado de xeito brilante ao seu traballo de desenvolvemento.

Johan e Daniel forman parte tamén do Consello do Xogo.

Equipo de Desenvolvemento
O equipo de desenvolvemento é no seu conxunto responsábel da páxina web e polo tanto non hai ningún programador que sexa responsábel de ningunha área específica, que era o que ocorría nos inicios do xogo.

Mammo xuntouse ao equipo en agosto, como un dos primeiros da "xente nova". Tiña as bases perfectas para HT, xa que antes de vir connosco traballara nunha das maiores webs de comunidade de Suecia.

Ulf tamén se xuntou ao equipo en agosto. Converteuse xa de primeiras no HT que ten máis xogos de mesa con moita diferenza (máis de cen, polo menos), o que xa ten mérito considerando o número de frikis que hai no equipo.

Michael xuntouse ao equipo pouco antes do Nadal e ten un gran pasado como programador informático e consultor tecnico, e ten paixón por utilizar as tecnoloxías de internet de xeitos novos e creativos.

Oxidus non é ningún novato. Este cabaleiro inglés xoga a HT dende 2003. Forma parte do equipo dende hai 4 anos e fai moito do traballo pesado cando chega o momento do deseño da interface.

Erik é o noso deseñador de arte e tamén programador da web. Xuntouse ao equipo en outono e a súa paixón son as maquetas de helicópteros.

Bodin é a nosa última incorporación. Como usuario sueco era coñecido por bodinaren. Marcus ten unha grande paixón polo CHPP e por seleccións nacionais, unha paixón que... será agora capaz de facela crecer aínda máis?

Jens é o noso administrador de sistemas e base de datos, e coida dos nosos amados servidores. Un auténtico cabaleiro que xamais deixará a unha rapaza bailar soa na pista.

Gusy (coñecida ata hai pouco como Mod-Gusyta) xuntouse o mes pasado e deixará Venezuela con dirección a Suecia no momento en que as oficinas de inmigración fagan os papeis necesarios.

Klas, Daniel e Chris tamén forman parte do equipo de desenvolvemento.

Equipo de Comunidade e Marketing
O equipo de Comunidade e Marketing traballa en relación coa comunicación e a información, e tamén formula e executa actividades tanto de Marketing como coa Comunidade.

Anne xuntouse ao equipo hai un ano. Encargada da Comunidade e sen dúbida o membro máis visíbel do equipo nas conferencias.

Aartspam é o responsábel dos colaboradores oficiais (GM, Mod, LA, administradores e editores CHPP).

Durelas é o noso home na América Latina. Está a traballar nos mercados latinoamericanos dende México ata a Patagonia.

Johan e máis eu tamén formamos parte do equipo de Comunidade e Marketing, e Jacob forma parte naturalmente dos negocios de marketing.

Posto de traballo
Comentei ao principio que inda hai un posto libre no equipo, que é o de desenvolvedor web con moita experiencia en deseño web e usabilidade, de xeito preferente con xogos e/ou comunidades. Se isto se axusta ao teu perfil e estás dispoñíbel para o traslado a Malmö vai a traballe con nós para máis información.

Estas son as persoas que están a desenvolver este xogo para vós. Se vos preguntades no que estamos a traballar agora mesmo, e o que pasa no xogo, ese será o tema do vindeiro editorial, que será publicado a vindeira semana. Vémonos daquela.
 
Server 070