Nos últimos meses fomos a modiño ao introducir novas funcionalidades no xogo. Pola contra, centrámonos noutras melloras, como abrir de novo o CHPP. Agora estamos collendo velocidade de novo e durante este inverno/primavera adicarémonos máis ás melloras do xogo outra vez.
Pero antes de seguir, vexamos o que está previsto para a vindeira tempada. Será o final dunha tempada moi tranquila, como a tempada pasada, pero hai dúas cousas no camiño.
Novidades para a vindeira tempada- Segundo paso do cambio no desconto salarial para os xogadores de maior idade. No primeira cambiamos o desconto de 1/8 a 1/9 do salario normal do xogador. A vindeira temporada este desconto será de 1/10. Para máis detalles, bota unha ollada ao
editorial do 5 de outubro do ano pasado.
- Opción de cambiar de grupo na división máis baixa.
Se xogas na última división do teu país, podes cambiar facer o cambio cun equipo
bot doutro grupo da túa mesma división (e mesmo país) antes de que comece a nova tempada. Trátase da opción ideal para novos usuarios que queiran enfrontarse a un amigo ou atopar un grupo máis activo.
Isto só será posíbel na última división (e sempre a partir da VII división) e só poderás intercambiar o teu equipo cun equipo
bot. O momento exacto no que se abrirá o prazo para realizar o intercambio será comunicado cando se achegue o final da tempada.
Tamén investigaremos a opción de que máis mánagers teñan a opción de cambiar de grupo en vindeiras tempadas.
E isto é todo?Poderías pensar... isto é todo no que se está a traballar?. Pois para este parón de pretemporada si é o único, pero tamén temos algunhas melloras xa formuladas que non é obrigatorio introducilas entre dúas tempadas.
Déixame comentar primeiro algo do que penso que todos vos decatastes. Nos últimos tempos estamos a perder usuarios. Isto como é normal trátase nas conferencias, onde lle botan a culpa a infinidade de cousas. Para que o teñas máis claro, gustaríanos compartir contigo unha serie de cousas.
O índice de permanencia entre os usuarios máis antigos é mellor ca nuncaA última tempada tivemos o mellor índice de permanencia entre os usuarios antigos dende hai moitos anos. Dito doutro xeito, hai menos usuarios antigos que deixaron o xogo comparado con tempadas anteriores. Polo que ao contrario do que se pensa, non estamos a perder usuarios antigos senón máis ben todo o contrario.
Entón... cal é o motivo desta baixa de usuarios? Xa que non é debido a que perdamos usuarios antigos, podemos dicir que é por culpa dunha menor entrada de novos usuarios. Para ser máis exactos, temos o índice de permanencia máis baixo entre os usuarios que acaban de chegar a Hattrick comparándoo co pasado.
É o momento dunha nova introdución ao xogoTivemos plans para mellorar a experiencia de xogo dos usuarios novos durante bastante tempo, pero cos factores anteriores na cabeza estaba claro que había que darlle maior prioridade. Ao inicio deste ano comezamos a traballar nun novo deseño da introdución ao xogo para os novos usuarios. Unha introdución baseada nunha historia que inclúe un tutorial mellorada e unha axuda sobre o xogo. O obxectivo principal, non obstante, é darlle aos usuarios novos unha experiencia de xogo que sexa realmente boa durante o seu primeiro mes. E polo que vemos nas mensaxes sobre este proxecto nas conferencias e no blog (e tamén nalgúns compañeiros que acaban de chegar) semella que fará exactamente iso.
Como é lóxico non te decatarás deste proxecto porque xa estás a xogar dende hai tempo, pero se tes interese de todos xeitos, recoméndoche que vexas o noso
blog de desenvolvedores.
Presentación e información do partidoA nova introdución para o xogo é o proxecto actual máis grande, e tamén o máis importante, pero a pesar disto temos outras cousas en camiño, cousas deseñadas para vós, os nosos usuarios actuais. De máxima prioridade para este departamento é o que vós chamades a presentación do partido e a información do partido. En resumo, dar unha experiencia mellor e máis profunda dos vosos partidos.
En primero lugar, trátase de darvos unhas cualificacións mellores e máis detalladas, en particular as cualificacións de equipo. Queremos que vos sexa posíbel non só obter as cualificacións medias, senón tamén as cualificacións nun tempo concreto do partido. Desta maneira, teredes máis doado ver como afecta a resistencia aos vosos equipos e cal é o efecto que teñen as vosas substitucións. Basicamente, levaremos a túa capacidade para analizar un partido e o rendemento do voso equipo a un novo nivel, e mellorando a túa comprensión do xogo. E diría tamén, que estamos seguros que mellorará o teu nivel de satisfacción co xogo.
Inda que a mellora das cualificacións é a parte máis importante aquí, tamén procuraremos a forma de aumentar a túa comprensión do xogo mellorando a información que recibes dos distintos eventos do partido e doutras cousas que ocorren no mesmo. Todo isto para facer que sexas mellor mánager e para que comprendas esas ocasións nas que sucede que perder un partido que deberías ter gañado e ao revés.
Proxecto empregadosFalei deste proxecto nos meus editoriais anteriores, e será o vindeiro gran proxecto que faremos. O máis probábel é que comecemos a traballar nel de verdade despois de que rematemos a nova introdución do xogo da que falamos antes. E cando será iso? Pois depende, depende de como vaia o proxecto da introdución ao xogo, pero agardamos que se poida empezar a traballar (código) durante a primavera. Isto quere dicir que podería estar preparado para a súa aparición durante o outono. Terás máis información ao respecto cando poidamos dar unha data de publicación máis concreta.
O que queremos do novo sistema de empregados é que sexa algo máis ca unha simple actualización do sistema anterior. Debería ser máis persoal e menos monótona, proporcionar mellor información e comprensión sobre o efecto de cada tipo de empregados e ser unha opción máis estratéxica ca hoxe en día. Tamén tería que abrir novas posibilidades aos mánager. Moito do encanto de HT e doutros xogos de mánager está na toma de decisións, e este novo sistema de empregados será xusto iso. Será un lugar no que poidas elixir como queres xogar a Hattrick e que opcións queres explorar.
Equilibrar as estratexiasO novo sistema de empregados tamén estará deseñado para equilibrar as distintas estratexias entre si. Queremos que o teu éxito dependa do bo que sexas utilizando unha estratexia concreta, e non en cantos camiños teñas tempo e vontade de seguir. Como xa se dixo antes, co novo sistema de empregados non se poderá facer todo ao mesmo tempo, terás que tomar unha decisión. E para facer esta elección máis interesante para ti, tamén queremos conseguir un maior equilibrio entre as diferentes estratexias.
Hai algunhas estratexias que queremos que se usen máis no xogo. Queremos que sexa máis beneficioso para ti á hora de manter os xogadores no teu equipo durante un longo periodo de tempo, e facer que os teus propios canteiráns sexan máis valiosos. Moitos mánagers xa xogan a Hattrick deste xeito, e iso gústanos, pero actualmente é máis beneficioso utilizar outras estratexias. En resumo, trataremos
pouco a pouco de que o futuro sexa máis proveitoso.
Por outro lado, sentimos a necesidade de limitar os beneficios dalgunhas estratexias. Unha delas é a acumulación de cartos. Se cadra non é exactamente o feito de acumular en si, pero si a ganancia e o que podes lograr facéndoo. Os traspasos tamén terán algúns límites. Poderás seguir fichando e vendendo, pero haberá límites sobre canto poderás facelo (cousa que actualmente non ocorre).
Terás máis novas sobre o novo sistema de empregados máis adiante, por adiantado.
Isto é todo por agora, e ata a próxima... que o pases moi ben en Hattrick!