Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-7-2011 Editorial: XVI Copa do Mundo U20 - Concurso de organizadores

Para esta tempada decidimos aumenta-lo desafío un chisco. Teredes unha única semana para confeccionar os videos promocionais! Sabemos que sodes capaces de facer grandes cousas e que seredes quen de superar este novo reto.

Tamén atendimos ás vosas suxerencias e retocamos o sistema de votación.
Quen?

Aceptamos unha candidatura por país. Para asegurarnos de que só se presenta unha candidatura, será necesario que sexa anunciada no voso foro local. Tende en conta que si o voso país organizou este campionato no pasado teredes máis dificultades á hora de que o voso proxecto sexa escollido. E por suposto os últimos dous gañadores, India e Bosnia-Herzegovina, non poderán participar esta vez.

Cando?

O concurso dará comezo o 7 de Marzo e rematará o 15 de Marzo ás 23:59 hora HT.

A votación terá lugar dende o 17 de marzo ata o 20, e o gañador anunciarase o 24.

Como?

O representante oficial da candidatura deberá pertencer ó país que representa en Hattrick, e deberá enviar:

- unha ligazón ó video, subido a Youtube, para despois ser incluido no Canal Oficial de Hattrick en Youtube.

- unha ligazón ó fío oficial do foro do país, que deixe claro que esa é sin dúbida a candidata oficial.

- o envío farase a través do formulario de contacto cos Administradores das Seleccións Nacionais (NTA polas siglas en inglés) co título XVI U20 World Cup Bid (e asegurádevos de que recibides unha contestación á vosa mensaxe).

Lembrade que eses videos serán vistos por usuarios do mundo enteiro, polo que o inglés debe ser, alomenos, un dos idiomas presentados.

Criterios a valorar

- Creatividade

- Calidade do traballo

- Grao de involucración da comunidade

Bonus: Perspectiva de novos usuarios e atención nos medios

De tódalas propostas escolleremos as cinco mellores para presentalas á votación da comunidade.

Xurado :

Haberá 4 votos:

- Un voto da comunidade (non poderedes votar ao voso propio país)

- Un voto dos seleccionadores absolutos e U20

- Un voto dos NTAs

- Un voto de HT-Johan

No caso de puntuación igualada ó final, o país coa meirande comunidade será o que obteña o punto extra para rachar o empate.
 
Server 070