Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-9-2011 Editorial: Open: Un novo xeito de xogar a Hattrick

Hoxe descubrimos que se agocha tras os buratos da páxina de fondo de Hattrick, e a resposta é: Nada menos que unha nova forma de xogar a Hattrick. Hattrick Open é un sistema de torneos independente que vos permitirá crear copas e ligas para os vosos amigos, dentro e fóra de Hattrick. As decisións serán vosas, dende o horario dos encontros ás regras de xogo. Ó mesmo tempo, Open é unha plataforma completamente nova que tamén nos permitirá moita máis flexibilidade para desenvolver o núcleo do xogo.
Escribir unha editorial para Hattrick non sería máis emocionante que isto! Durante anos unha das peticións máis estendidas no xogo foi a de maiores posibilidades para os torneos amigables, para facer máis doado xogar a Hattrick cos colegas. E coincidimos en que isto sería un gran engadido para o xogo! Pero como xa dixemos moitas veces nas conferencias, era un proxecto complicado de levar a cabo: o calendario de encontros e os grupos son pouco flexibles e partes fundamentais de Hattrick que a miúdo causan problemas incluso para facer trocos pequenos.

Con Hattrick Open todo cambia. Open é moitas cousas, pero sobre todo é un novo xeito de xogar e divertirse con Hattrick. Permitiravos xogar tantas veces como queirades, co número de equipos que queirades e en varios formatos distintos de torneos. Poderedes xogar co voso actual equipo de Hattrick ou con novos equipos que
garantan a igualdade cos outros xogadores no torneo. Poderedes xogar encontros rápidos para resolver un pique con outro xogador, ou arranxar ligas que duren semanas.

Repasamos por completo o aspecto e as sensacións de Hattrick, prestando moita atención na experiencia do directo en particular. En Hattrick Open teredes cualificacións do encontro en directo, un sistema de chat, competición de prognósticos, un novo e fantástico sistema de aliñación e moitas máis cousas interesantes. Dende logo que é distinto, pero coidamos que é distinto dun xeito caralludo.

Ao mesmo tempo é importante puntualizar que é unha plataforma realmente independente e que non afectará ao xogo clásico de Hattrick de ningún xeito. Coma se dunha festa de despedida se tratase, "o que pase en Open quédase no Open". Coidamos que será un excitante complemento para Hattrick, pero tamén un gran xogo de seu.

A flexibilidade de Open estendese ao xeito de pago. Un torneo pode ser pagado ben polo creador do mesmo, que pode invitar aos participantes a xogar de balde, ou cada participante pode poñer unha pequena parte para participar. Todo será pagado coa moeda particular de Hattrick Open: Os Puntos de Hattrick Open (Hattrick Open Points). Hai dous xeitos de acadar Puntos: Pagando con Créditos de Hattrick, ou mercándoos a través da páxina de Hattrick Open. Como parte deste lanzamento tamén aceptaremos micropagos a través de SMS ó principio. Nun comezo este método de pago está dispoñible en 12 países.

OK, falemos do xogo. Hattrick Open é Hattrick nun formato distinto. O motor dos encontros é o mesmo, como tamén o son as habilidades dos xogadores e todo canto o motor utiliza na simulación dos encontros. É supersinxelo importa-lo teu equipo de Hattrick para xogar en Open, simplemente introduce as credenciais de sempre e crea un torneo unha vez dentro, ou responde a unha invitación para o torneo que outro xogador crease.

Pero está lonxe de ser unha mera copia de Hattrick. Convertemos Hattrick a unha forma de xogar nova e máis rápida, e tentamos facela máis accesible aos usuarios alleos a Hattrick tamén. Para acadalo simplificamos algúns aspectos da interface ó mesmo tempo que engadimos algúns elementos tácticos novos no xogo.

Algunhas das cousas novas que atoparedes:

* Engadimos algo chamado Tarxetas de Acción, que é un xeito de incrementar habilidades e forma, ou curar lesións, durante un torneo. Teredes algunhas tarxetas ó principio, e algunhas durante o torneo, polo que empregalas no momento oportuno será un importante elemento táctico.
* Parte do xogo é a liga de prognósticos, onde tentaredes adiviña-los resultados doutros encontros do torneo. Se-lo mellor pode proporcionar Tarxetas de Accións extra.
* Temos un novo elemento no xogo chamado Fatiga, que basicamente obriga a dar descanso aos xogadores durante o torneo.
* Temos un sistema de chat durante os torneos
* A ferramenta de aliñación será máis potente e adaptada ao contexto

Algunhas cousas que cambian un chisco:

* Open non ten adestramento, empregados, traspasos ou economía.
* No canto de denominacións, listaremos as habilidades con valores numéricos entre 1 e 20.
* As facianas habituais de Hattrick non se empregarán en Open, estamos facendo unha aparencia nova para os xogadores que será única para Open. O conxunto desas facianas aínda non estará dispoñible no xogo.
* Haberá máis axuda interactiva no xogo, o formulario de aliñación por exemplo amosará que xogadores contribuirán máis nunha determinada posición, tendo en consideración ambas habilidades.
* En resumidas contas: O meollo do asunto estará na preparación dos encontros e no devir dos torneos!

Escollemos o nome de Hattrick Open por dous motivos. O primeiro e que realmente o vemos como un sistema de torneo universal que dará grandes posibilidades nunha situación de igualdade para tódolos usuarios, onde poderedes xogar e divertirvos sen importar a túa situación na liga de Hattrick. En cada torneo haberá opción de escoller entre os equipos existentes en Hattrick ou equipos equilibrados, onde tódolos xogadores obterán equipos dun potencial semellante. No futuro veremos máis estatísticas, clasificacións dinámicas e novos modos de competición que levarán esta parte de Open a un alto nivel de emoción.

En segundo lugar, é unha plataforma tecnolóxica que chega co incentivo de servir para desenvolver Hattrick. Poderemos traballar de xeito distinto co corazón do xogo, algúns exemplos poden ser novos formatos de competicións adaptados ao xogo, que poderán usar o motor máis flexible do Open, os usuarios non terán que saír de Hattrick para xogar. Outros exemplos poden ser novas formas de adestrar a usuarios novatos a través do sistema actual de xogo mellor que con interminábeis tochos de textos e manuais. E o mellor de todo e que Open é e será un lugar onde poderemos probar novos conceptos de interface nun escenario activo, sen afectar a Hattrick. Os resultados positivos serán integrados en Hattrick.

E xa chega de faladeira. Por favor non dubidedes en darlle unha oportunidade a Hattrick Open. Durante esta semana, polo menos, só aceptaremos a creación dun número limitado de torneos, que estarán dispoñíbeis nunha primeira e básica versión simplificada. Isto é para asegurarnos de que non teremos problemas cos servidores para poder proporcionar a tódolos xogadores unha boa experiencia co xogo. Tan axiña como esteamos seguros de que non xurdirán problemas, Open estará dispoñíbel sen ningún tipo de limitación.

/O orgulloso equipo de Hattrick


Más información sobre el beta test en el Hattrick Open Forum!
 
Server 070