Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-7-2011 Editorial: Competición para organizar a XVII Copa do Mundo

Xa é a hora da cuarta edición da competición pola organización. Desta vez ponse en xogo a oportunidade de organizar a XVII Copa do Mundo.
Xa é a hora da cuarta edición da competición pola organización. Desta vez ponse en xogo a oportunidade de organizar a XVII Copa do Mundo.

Pero esta temporada temos a intención de cambiala un pouco! Agora, a competición pola organización levarase a cabo cada dúas temporadas, e o segundo clasificado tamén será un gañador e poderá ser o organizador da Copa do Mundo Sub-20.

Cada temporada rompíasenos o corazón ao ver tanto traballo ser obter recompensa; con este novo cambio, expandimos a diversión un pouco!

Ademais os organizadores gañadores terán os seus propios blogs en Hattrick United!

Quen?

Aceptamos unha candidatura por país. Para asegurarnos que só se presenta unha candidatura, necesitará ser anunciada na conferencia local. Hai que ter en conta que se o teu país xa organizou un Mundial no pasado, isto xogará en contra da candidatura. E por suposto, os tres últimos gañadores (Polonia, India e Bosnia e Herzegovina) non poden participar desta vez.

Cando?

O concurso estará aberto dente o 7 de xuño ata o 1 de xullo ás 23:59 hora HT.

A votación terá lugar despois dente o luns 4 de xullo ata o domingo 10 de xullo, sendo anunciado o gañador o día 14.

Como?
A persoa oficial de contacto da candidatura necesita ser dese país en Hattrick e debe enviar:

- Unha ligazón do vídeo, subido a Youtube, para máis tarde ser incluído no Canal Oficial de Youtube de Hattrick.

- Unha ligazón ao fío oficial do teu país onde estea feita a candidatura oficial.

Debe facerse isto a través do formulario de contacto dos Administradores o Equipo Nacional (NTA) co asunto "XVII World Cup Bid" (que quere dicir Candidatura para a XVII Copa do Mundo), asegurándose de ter unha mensaxe de confirmación de volta. Por favor, ten en conta que isto será visto a nivel mundial, así que o inglés é necesario, polo menos, coma un dos idiomas para ser presentado.

Criterios

- Creatividade

- Calidade do traballo

- Canto de involucrada estea a comunidade

Extra: Previsión de novos usuarios e atención mediática.

De tódalas candidaturas, escolleremos as 5 mellores para presentarllas a votación á Comunidade.

Xurado:

Hai 5 votos:

- Un voto para a comunidade (non se poderá votar polo seu propio país).

- Un voto para os adestradores absolutos e da Sub-20.

- Un voto para os NTA (administradores das seleccións nacionais).

- Un voto para HT-Johan.

- Un voto para HT-Anne.

O gañador vai ser o organizador da XVII Copa do Mundo e o segundo clasificado serao da XVII Copa do Mundo Sub-20!

Boa sorte a todos!
 
Server 071