Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

10-3-2011 Editorial: Lealdade dos xogadores

No mundo de Hattrick, aos xogadores non lles importou nada para que equipo estaban a xogar ou se eran transferidos moitas veces. Se o pensas, é un pouco estraño. No mundo real, aos xogadores lévalles un tempo coñecer os seus novos equipos e compañeiros, pero cando o fan tamén comezan a xogar un pouco mellor.

Dende o comezo da próxima tempada engadimos un novo concepto para que o xogo simule isto: a
lealdade.
Conservar os teus xogadores por un período máis longo de tempo fará que estean máis unidos e sexan máis leais ao teu equipo, o que terá un efecto positivo no seu rendemento sobre o terreo de xogo.
Mediante a lealdade queremos que sexa máis beneficioso manter os xogadores durante un período longo de tempo e promover a elección estratéxica de construír o teu equipo baseado en xogadores da propia canteira.

Introducirase este novo concepto de forma gradual ao longo de dúas tempadas. Os xogadores obterán a metade do efecto da bonificación a próxima tempada e o efecto completo dende a tempada seguinte (a que comeza en febreiro).

Vexamos agora os detalles. Hai dúas clases distintas de lealdade:

Bonificación por lealdade do xogador
Por cada día consecutivo que conserves un xogador no teu equipo, estará un pouco máis comprometido e será máis leal ao teu club. E canto leal sexa un xogador, mellor xogará para ti.

A lealdade aumenta máis rápido ao principio, despois máis e máis devagar co paso do tempo. O máximo de lealdade alcánzase tras tres tempadas no club, pero o punto medio alcánzase ás 12 semanas.

Bonificación máxima: +1 nivel en todas as habilidades (agás a resistencia), tras 3 tempadas (336 días).

Exemplo: Xoán Fontes ten nivel bo en xogadas e aceptable en defensa, e ten o nivel máximo (divino) de lealdade. Renderá coma se fose un xogador con nivel excelente en xogadas e bo en defensa (e isto reflectirase na súa valoración de estrelas).

O nivel de lealdade dun xogador mostrarase na páxina do xogador (visible para todo o mundo), utilizando a mesma escala de denominacións que nas habilidades do xogador. Cando un xogador alcanza nivel divino en lealdade obtén a bonificación completa. Os xuvenís da túa canteira comezan con nivel divino en lealdade.

Por favor, ten en conta que un xogador perde a súa lealdade polo teu club se o vendes a outro equipo. Así que se o recompras de novo máis adiante, terás que volver acumular a súa lealdade empezando dende cero.

Bonificación por club de orixe
Os xogadores que xoguen para o seu club nai, como os teus xuvenís, e o fixesen durante toda a súa carreira, sempre renderán un pouco máis sobre o terreo de xogo, xa que xogan para o equipo que levan no corazón.

Bonificación: +0.5 nivel en todas as súas habilidades (agás a resistencia).

Os xogadores que xogasen para o seu club de orixe toda a súa carreira terán unha icona indicativa na páxina do xogador. Por favor, ten en conta que calquera xuvenil que vendeses polo menos unha vez e despois recomprases non terán esta bonificación.

Obter ámbalas dúas bonificacións
É perfectamente posible que un xogador obteña ámbalas dúas bonificacións. Así pois, cando promoves un xuvenil (naturalmente, non importa que sistema de xuvenís utilices) ao primeiro equipo, obterá unha bonificación de 1.5 niveis en todas as súas habilidades (agás a resistencia) ata que o vendas.

O período anterior conta para os teus xogadores
O tempo que pasasen anteriormente os teus xogadores no teu equipo terase en conta, así que calquera xogador que estivese no teu equipo as últimas 3 tempadas (ou máis) xa terá a bonificación completa dende o principio.

Lealdade nas seleccións nacionais
Non hai bonificacións por lealdade nas seleccións nacionais, así que estas melloras de rendemento non se aplicarán nos partidos das seleccións nacionais.

Estado do novo sistema de empregados
Para concluír este editorial, unha breve actualización sobre o novo sistema de empregados. Como vos dixen no meu último editorial do 30 de xuño, comezaríamos a traballar no novo sistema de empregados durante esta tempada, pero entón non sabiamos se estaría listo para lanzarse en outubro. Agora sabémolo: o traballo co novo sistema de empregados está en curso, pero desafortunadamente non estaremos preparados para lanzalo ao final desta tempada.
 
Server 070