Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

11-2-2011 Editorial: As tempadas que están por chegar

Cara a onde se dirixe Hattrick? Unhas poucas palabras sobre os nosos recentes cambios e como encaixan nos nosos plans de construír un Hattrick mellor e máis forte para as tempadas que están por vir.
Nos anos anteriores, Hattrick tivo unha lenta pero constante perda de usuarios activos. Esta tendencia é algo que nos tomamos en serio dado que, ao final, un usuario medio sólido e satisfeito é o que se necesita para manter o xogo.
Pódese dicir moito sobre esta tendencia, pero a clave é que non vimos realmente un gran cambio en como ven o xogo os nosos usuarios actuais. É moi gratificante ver que Hattrick ten, e sempre tivo, usuarios moi leais (a xente que proba o xogo tende a quedar por moito tempo). O que cambiou nestes anos é máis nosa habilidade de atraer novos usuarios e facer que conserven o interese.

De xeito moi simplificado, a teoría é que a nós (como moitas outras páxinas de xogos e comunidades) nos afectan os cambios de patróns de usuarios da rede, tales como pasar máis tempo nas redes sociais ou nos chamados "teléfonos intelixentes" (smartphones). Hai unhas expectativas diferentes a como funcionan os xogos e as comunidades (e a como encontralas). Hattrick foi pioneiro entre os xogos sociais, pero non mantivemos o ritmo para os tempos que corren no que a iso respecta.

O punto forte de Hattrick sempre foi ofrecer un xogo convincente e a longo prazo que ten un listón baixo para entrar e que é gratis e doado de acceder. Cremos que para moitos dos usuarios máis novos Hattrick non encaixa en moitas desas razóns como adoitabamos facelo, e iso móstrase tanto nas inscricións coma na nosa habilidade de manter a atención dos novos usuarios. Isto explica en boa medida por que o xogo parou de crecer.

Arranxar isto será o noso obxectivo principal das próximas tempadas. Durante un tempo, pasaremos menos tempo engadindo novas cousas ao xogo para traballar no seu lugar en facer que sexa máis doado de entender, máis doado de acceder e máis acolledor. Pero tamén estamos a facer cambios na forma na que nos organizamos para facer iso posible.

* Para os novatos, publicamos recentemente unhas suxestións de aliñacións, e hoxe tamén publicamos partidos instantáneos de preparación para os novos usuarios rexistrados (o que significa que podes entrar en materia aos 30 minutos de terte rexistrado). Esta é unha nova función moi potente que se basea no noso código do Hattrick Open.

* As nosas novas estatísticas integradas, anunciadas hoxe, é outra forma de facilitar a análise por igual a usuarios novos e veteranos.

* Estamos a tomar varias iniciativas na área de mercadotecnia, algo que tradicionalmente non fixeramos con frecuencia. En particular, estamos a facer unha campaña de re-convite a millóns de antigos usuarios de Hattrick, pero tamén estamos a levar a cabo campañas dirixidas aos novos usuarios. A mercadotecnia convértese máis importante conforme o usuario medio se fai máis vello (simplemente porque moitos usuarios actuais quedaron sen amigos aos que recomendar Hattrick). (E, se aínda non o fixeches, non esquezas a nosa función de invitacións!).

* Publicamos un novo servizo de pagamento, Hattrick Gears, como modo de introducir funcións de pagamento no xogo que non perturben a equidade do xogo. Engadir produtos de pagamento é algo que tardamos moito en facer, pero a realidade é que necesitamos desenvolver Hattrick comercialmente tamén. Cunha mellor mestura de servizos de pagamento, podemos seguir desenvolvendo Hattrick durante anos aínda no caso de que o número de usuarios siga caendo.

* Comprendemos, de novo, que para entregar os mellores produtos e experiencia de usuario dos cales somos capaces, necesitamos estar realmente centrados. Isto significa reconsiderar algunhas das cousas nas que habitualmente gastamos tempo e recursos, tales como o exemplo recente de Alltid. Integrar Alltid do xeito no que planeamos hai tres anos era un sono moi bonito, un que se volveu cada vez máis pouco realista. Construír unha versión máis pequena tal e como finalmente fixemos e publicamos hoxe, non só aforrounos meses de traballo, senón que tamén nos permite simplificar a nosa estrutura de servidores de forma significativa así como eliminar varios atoamentos de rendemento. Foi unha dolorosa decisión a que tomamos, pero tras facela fomos capaces finalmente de ter algo feito que beneficiará aos usuarios a día de hoxe.

* Outro paso nesta dirección é que concentraremos o noso equipo de desenvolvemento nunha soa situación. Algunhas caras familiares que non traballan en Suecia deixarán de ser parte do equipo de HT. As responsabilidades de Flameron, quen nos axudou co deseño e análise do xogo, serán asumidas por HT-Klaus (anteriormente coñecido como thomyorke), quen dende marzo traballou co equipo en Malmö. HT-Oxidus é un desenvolvedor externo independente e parte do deseñador de uniformes, entre outras moitas cousas, non será un HT "oficial" nin será parte do noso equipo principal de desenvolvemento. E a nosa administradora da comunidade, HT-Anne, quen é moi apreciada tanto polos usuarios coma polos seus colegas, tamén deixará o seu posto. Non hai dúbida de que todos eles fixeron contribucións magníficas a Hattrick, pero un efecto colateral de confiar demasiado nun equipo disperso é que a toma de decisións leva máis tempo e faise máis difícil manter a todo o mundo ao día de todo. E isto é importante para os desenvolvedores, pero aínda máis para as persoas implicadas no deseño do xogo e a comunicación.

* Por último, quixeramos aclarar algunhas cousas que temos pensado desenvolver. Nada é máis importante para nós que os nosos actuais usuarios: o que debes recordar de todo o de arriba é que é grazas á nosa base de usuarios leais que Hattrick continúa sendo unha comunidade forte e chea de vida. Aínda que pareza mentira, Hattrick foi resistindo aos cambios na rede e aínda hai un enorme potencial neste xogo. Aínda así, a día de hoxe falamos moito das necesidades dos novos usuarios e as formas de facer Hattrick máis doado de entender. Aínda que pensamos que isto é o máis importante que podemos facer agora mesmo, queremos subliñar que nada diso debería entremeterse na túa experiencia de xogo de forma negativa e que varias poderían acabar sendo unhas grandes adicións ao xogo para ti tamén. Como exemplos:

* Observaremos con atención as experiencia de xogo dos novatos. Dende o rexistro ata os primeiros partidos xogados e a información obtida deles. Tamén ferramentas para analizar os partidos, a cal sabemos que tamén está na vosa lista de desexos.

* Estudaremos as competicións. Son o suficientemente atractivas? As preguntas que poidan xurdir teñen que ver coa forma na que as ligas e copas poden ser reestruturadas para ofrecer maior diversión para todo o mundo.

* Características sociais. Onde están os teus amigos? Debería ser máis doado encontrar e interactuar con eles, tanto dentro de Hattrick coma noutras redes sociais.

* Máis esforzo aínda na apertura de Hattrick a novas canles. Dende aplicacións CHPP e a web para móbiles a páxinas como Facebook.

* O que non faremos moito (polo menos de momento) son cambios no núcleo do xogo. Isto significa que o proxecto dos novos empregados se eliminará da nosa folla de ruta para un futuro próximo. Se tocamos o núcleo, será basicamente para pequenos retoques e actualizacións.

Grazas a todos pola vosa paciencia! Foi un cambio entre tempadas con moito movemento e temos un montón de cousas interesantes de camiño nos próximos meses. Así que, estade atentos!
 
Server 070