Novas
3-13-2012
Editorial: Torneos
Algunha vez imaxinaches poder xogar un torneo no que ti elixiras contra quen xogar? E onde puideras empregar os teus mellores xogadores, sen risco de lesións ou cartóns que puideran afectarche nos encontros de liga ou copa? Pois ben, non soñes máis, agora xa podes!
Hoxe lanzamos os
Torneos. Aquí podes deseñar o teu propio torneo cos teus amigos e loitar polo que puidera ser o trofeo máis valioso na túa carreira en Hattrick. Para crear un torneo tes que ser
Supporter. Ademais os Supporter poden participar de balde nos torneos. Incluso se non es supporter, podes unirte a un torneo mediante
Hattrick Gears e participar da diversión.
Os torneos amigables e torneos organizados dentro das federacións foron durante moito tempo unha parte importante de Hattrick. Pero non podías xogar contra os teus amigos dun xeito verdadeiramente competitivo. Ata agora. É por iso que me comprace presentarvos hoxe unha nova competición dentro do xogo, os Torneos, sobre todo tendo en conta que este foi un desexo de todos dende hai moito tempo.
Cos Torneos engadimos unha peza que nos faltaba ao mundo de Hattrick. Dicir que dan ao xogo unha nova dimensión poden parecer palabras maiores, pero non é unha esaxeración. Os torneos permiten máis alicientes no xogo, son un novo tipo de competición onde ti xogas contra a xente que queiras e onde a rivalidade natural e a interacción social engaden un pouco de picante a túa experiencia en Hattrick.
Imos directos á parte onde explicamos como funciona este novo recurso:
Regras básicas
Os encontros dos torneos xóganse unha vez por semana, os luns, e só podes participar nun torneo á vez. O formato da copa é dunha liga con playoff de 4 ou 8 equipos. Os torneos de 4 equipos durarán 4 semanas, e nos torneos de 8 equipos serán 5 semanas.
Unha vez quedes eliminado dun torneo, poderás unirte a outro.
Crear e unirte a un torneo
Atoparás a opción Torneos en “O meu club”, debaixo de “Primeiro equipo”. O torneo ten que ser creado por un Supporter. O creador elixirá o tamaño, o nome, o trofeo e a que hora se xogarán os encontros; e logo invitará aos demais usuarios ao torneo. Os supporter participarán de balde, e os non supporter poden unirse tamén por un importe de 2 credits.
Unha vez entren todos os usuarios, o torneo comezará automaticamente e crearase unha conferencia para o torneo.
Con todo, se o torneo non está completo o venres, a data de comezo adiantarase unha semana ata o luns seguinte. Con isto pretendese que todos os integrantes teñan oportunidade de enviar as ordes para o primeiro encontro.
Nesta primeira versión tamén se inclúe a opción de reiniciar o torneo (comezando deste xeito unha 2ª edición do mesmo), facendo así posible que o teu torneo persista e se converta nun clásico.
Ten en conta que non hai ocos “libres” nos torneos, é só para invitados. Entón para participar nun torneo, tes que recibir e aceptar unha invitación, ou ben crear un torneo ti mesmo (e invitar a outros usuarios). Se queres unha invitación para un torneo, ou precisas alguén ao que invitar, podes ollar a conferencia (onde posiblemente atopes un fío destinado a este fin).
Encontros
Os encontros xóganse en campo neutral e non proporcionan ningún ingreso procedente dos espectadores. Ademais, os xogadores non se lesionan, polo que poderás usar os teus mellores xogadores sen correr riscos.
Os encontros dos torneos terán en conta os mesmos parámetros que os partidos normais. Deste xeito empregarase a forma, habilidades, experiencia, estado de lesións… que teñas no momento do encontro. Sen embargo hai dúas excepcións: os torneos teñen o seu propio reconto de cartóns e o espírito do equipo (e a confianza) ten un nivel fixo. Máis abaixo poderás ver os detalles a este respecto. Por tanto, non poderás elixir a actitude do teu equipo antes dun encontro, só podes xogar “normal”.
Detalles
Aínda que xa mencionei a maioría dos detalles, esta lista pode ser útil:
Espírito do equipo: O espírito do equipo terá un nivel fixo (satisfeitos) nos encontros dos torneos.
Confianza do equipo: Nestes encontros dos torneos, a confianza tamén estará nun nivel fixo (fantástica).
Lesións: Nos torneos non se producirán lesións, pero se un xogador está lesionado no Hattrick “normal” non poderá xogar.
Cartóns: Os torneos teñen o seu propio reconto de cartóns. Deste xeito calquera cartón recibido nun encontro dun torneo soamente contará para o torneo (e non no Hattrick “normal”), e viceversa. Por tanto, se tes un xogador sancionado no Hattrick “normal” poderá xogar nun torneo.
Adestramento: Os xogadores non reciben adestramento nos torneos.
Experiencia: Os xogadores tampouco gañan experiencia nos torneos.
Formacións: Para os encontros dos torneos empregarase a experiencia que teñas nas formacións no Hattrick “normal”, pero non gañarás experiencia nas formacións cos encontros dos torneos.
Historial do torneo: A clasificación quedará gardada e arquivada, pero os encontros eliminaranse tras dúas temporadas.
Incluído no Supporter: A versión básica dos torneos (que é a que lanzamos hoxe) está incluída no Supporter. Como Supporter poderás participar nun só torneo á vez durante todo o tempo que sexas Supporter.
Próximas versións:
Antes de comezar a explorar esta nova opción, só quero comentar unhas cousas sobre o futuro dos torneos. O noso obxectivo con esta primeira versión foi crear unha boa versión básica, que logo se poida desenvolver e engadirlle novas características e opcións. Isto é exactamente o que pretendemos facer, e de feito xa comezamos a planificación da vindeira versión, que esperamos publicar nos próximos meses. Esta nova versión incluirá máis formatos e tamaños de torneos, torneos abertos (sen necesidade de invitación) e unha opción para o creador do mesmo de pagar o torneo enteiro. E quizais algo máis, pero xa iremos vendo.
Por último, pero non por elo menos importante, quero agradecer a todos os nosos colaboradores e usuarios do Stage por probar isto, atopando erros e proporcionándonos información valiosa.
E con isto remato, co cal chega o momento de que probes a xogar algúns torneos. Agardo que vos divirtades!