Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-13-2006 Editorial: O Novo Deseño de Hattrick

Chegou o momento de introducir algúns trocos no deseño de Hattrick, que permanecera invariable dende Outubro de 2000. O noso traballo foi encaminado a face-la páxina máis bonita, doada de navegar e adaptable a pantallas de baixa resolución.
Os motivos principais para este novo deseño son o mellora-la usabilidade xeral da web, especialmente para os usuarios que acceden ao sitio con monitores de baixa resolución, e mellora-la aparenza e sensacións da páxina para todos, incluíndo aos hattrickeiros que empregan as versións lingüísticas menos comúns.

A pesares de que a meirande parte dos trocos son puramente funcionais, temos a ambición de facer de Hattrick unha páxina algo máis clara e sinxela de mirar. Agardamos que vos guste o novo estilo da páxina e o logo de Hattrick! Se non vos gusta, sempre podedes escoller unha apariencia distinta para a web na páxina de preferencias. Ahí atoparedes deseños semellantes ao estilo clásico anterior ao troco.

Un dos meirandes trocos é o eliminado do pé de páxina, o que nos posibilita amosar máis cantidade da páxina. O pé ocupaba boa parte do espazo vertical da páxina, deixando só visíbel unha pequena parte nas pantallas de baixa resolución. Ademáis, para algúns idiomas que requiren un meirande tamaño nos caracteres, as frases coas novas non funcionaban como pretendiamos. Agora movimos esa información do pé cara a unha nova barra na cabeceira, facendo máis doado o acceso sen ocupar demasiado espazo vertical. Outra vantaxe disto é que poderedes ter acceso rápido á páxina do voso equipo, liga e hora-HT tamén cando esteades navegando polas conferencias.

A fiestra de últimas novas (dispoñíbel para supporters) atópase agora na parte superior da pantalla. Está situada ahí para manter preto a hora, data e eventos. A "Clubhouse do momento" foi retirada polo de agora, inda que pode ser que apareza nalgures próximamente. O noso novo colaborador, Intel, terá un logo permanente baixo o menú principal, así coma na sección da Copa do Mundo. Intel será o patricionador oficial da Copa do Mundo de Hattrick en Alemania este ano, e ten algunhas cousas preparadas para o evento.

Hai tamén un par de trocos no menú principal. A fiestra de selección de país foi desprazada á parte baixa do menú (a unha nova sección chamada Accesos Directos) para facer máis accesibles as partes importantes do menú ás pantallas de baixa resolución. As iconas dos xogadores a carón do selector de países foi eliminada para darlle máis espazo á lista desplegable (era demasiado ampla nalgúns navegadores). Para os supporters as iconas de acceso directo están situadas no menú de Accesos Directos.

O logo de Hattrick tamén cambiou un chisco, pasando a ser verde sobre branco no canto de branco sobre verde. Queremos crear máis espazo na cabeceira, e tamén facelo menos intenso, esa é a razón para eliminar a cor verde escura do fondo. O logo anterior estará dispoñíbel na apariencia de Hattrick Clásico, que poderás escoller no apartado de Preferencias.

Que pasa entón cos espazos da publicidade? O desprazamento da fiestra de novas para Supporters á cabeceira fai que haxa menos espazo para os banners ahí. Necesitamos ter sitio para eses banners, tanto para comunica-los nosos servizos como para os nosos colaboradores. Polo momento usaremos un banner máis pequeno para os Supporters, e o clásico para os non Supporters. No futuro poderiamos experimentar un chisco con outros formatos para supporters e non supporters, pero a idea xeral será a de mante-la páxina limpa e atopar modelos publicitarios que sexan eficientes sen seren molestos para os usuarios.

Este novo deseño foi desenvolvido de xeito conxunto cun grupo de usuarios interesados no tema, algúns deles traballadores profesionais en temas de deseño e funcionalidade. O feito de termos un grupo informal de avaliación coma este foi de gran axuda no proceso de redeseño, e nas últimas etapas antes do lanzamento tivemos tamén boas sensacións por parte dos GameMasters, Moderadores e Tradutores para comprobar que o deseño era apropiado para todos.

O proxecto de redeseño foi divertido no seu conxunto. Moitas suxerencias foron probadas e discutidas, e estamos contentos co resultado.

Para estes trocos estamos tamén contentos coa introducción dun novo conxunto de iconas na páxina. Agardamos que disfrutedes o novo estilo da web!
 
Server 070