Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-11-2012 Editorial: Novas sobre o desenvolvemento

Traballar e presentarvos os torneos foi unha boa experiencia, tal como eran tan grandemente prezados por vós na comunidade. Agora, veremos se podemos superar iso!

Como xa informamos, traballaremos na seguinte versión dos torneos, pero tamén comezamos a traballar nun proxecto agardado por moito tempo: as cualificacións detalladas dos encontros. Estas dúas cousas serán nosos principais obxectivos de aquí en diante.
Como xa comentei no editorial do lanzamento dos torneos, o noso plan era ter preparada a seguinte versión dos torneos en poucos meses. Ese plan non cambiou, pero así a todo, dividiremos a nova versión en dúas para que ti podas ter dispoñíbeis canto antes algunhas das melloras. Non creo que teñas nada en contra diso, non é?

Nova versión dos torneos
Así, a nova versión dos torneos - que podemos chamar 1.1 - incluirá:

- Liga con eliminatorias para 12 e 16 equipos
- Eliminatorias puras en formato de copa, para 4, 8 e 16 equipos
- Vitrina de trofeos independente
- Unha opción para o creador da copa de pagar por todos os participantes
- Posibilidade de ignorar, se non queres recibir invitacións de torneos.

Noso obxectivo é ter esta versión preparada en só unhas poucas semanas.

Para a seguinte versión, version 1.2 entón, incluiremos:

- Torneos abertos (calquera poderá unirse, non precisará invitación)
- Opción de crear un torneo sen xogar ti mesmo nel
- Opción para os non Supporters de crear torneos a través do Gears
- Melloras menores na xogabilidade e na visibilidade

O noso propósito é ter esta versión lista antes do verán (europeo).

Haberá máis actualizacións despois destas dúas, non nos deteremos despois disto. Só para que o saibas.

Cualificacións detalladas dos encontros
As melloras nas cualificacións dos encontros levan planificadas durante moito, pero que moito tempo; é posíbel que me teñas escoitado falar sobre iso con anterioridade. E iso é porque se trata dun proxecto ao que lle teño moito afecto, fundamental para a experiencia do xogo, así que estou contento de anunciar que xa comezamos a traballar agora nel. Aínda nos atopamos nunha parte moi inicial do proceso de desenvolvemento, pero así como vaiamos avanzando compartiremos máis información (xa sabes, capturas de pantalla e esas cousas) no noso dev blog.

Non é preciso dicir que iso fará os teus encontros e reportes moito máis interesantes de ler e de sumerxirte neles. Isto será tamén a porta a unhas mellores análises dos teus encontros e dun mellor entendemento de cómo traballa o motor do xogo, que che facilitará á súa vez o entender (ou atopar unha explicación) ao resultado final nun encontro.

Isto é o que significará
O xeito por defecto de mostrar as cualificacións será a media de todo o encontro, coma até agora (anque cun deseño novo e mellor, por suposto). Pero ti tamén poderás ver:

- Cualificacións por sector durante diferentes fases do encontro (en intervalos frecuentes)
- Gráficos sobre as cualificacións por sector durante o encontro
- Cualificacións de xogadores (cualificacións de estrelas) para diferentes intres no encontro (en intervalos frecuentes)
- Gráficos sobre as cualificacións dos xogadores durante o encontro
- Eventos destacados, para ver como un evento (unha substitución por exemplo) afectou ás cualificacións

Non podo dicir agora mesmo o tempo exacto dos intervalos tomados para as cualificacións que poderemos ofrecer ao final, pero polo menos será duns 10 minutos.

Só estrelas amarelas
Con isto tamén eliminaremos as diferentes cores nas estrelas. Sendo honestos, nunca resultou unha boa forma de amosar o esgotamento dos xogadores, era complicado entender o que significaban _e agora xa non hai necesidade de amosar diferentes cores porque haberá gráficos no seu lugar.

Publicación das cualificacións
Cando se publicará isto entón? A mellor resposta que che podo dar é: cando nós creamos que está listo para lanzar. Aínda estamos nunha parte moi inicial do proceso e como é algo fundamental no xogo, queremos facelo realmente ben. Non nos queremos precipitar e lanzar algo co que non esteamos satisfeitos. Preferimos facer algo polo que mereza a pena agardar.
 
Server 071