Novas
9-3-2012
Editorial: XIX Mundial: candidaturas para ser anfitrión
Chegou a hora da sexta edición da competición de candidaturas para ser anfitrión. Nesta ocasión está en xogo a posibilidade de hospedar o XIX Mundial, absoluto ou sub-20: o gañador deberá elixir.
Os países que queiran organizar o Mundial deben involucrar a súa comunidade e facer un vídeo para ensinarnos por que o seu país debe ser o anfitrión do Mundial.
Quen?
Aceptamos unha candidatura por país. Para asegurar que só se presenta unha candidatura, será necesario anunciala no teu foro nacional. Ten en conta que se o teu país foi anfitrión dun Mundial no pasado, isto pode ir en contra da túa candidatura. E, por suposto, os anteriores gañadores Israel, Trindade e Tobago, Polonia e o finalista na última ocasión, Finlandia, non poden participar esta vez.
Cando?
A competición empezará dende hoxe ata o xoves 20 de setembro ás 23:59 hora-HT.
A votación terá lugar dende o luns 24 de setembro ata o domingo 30 de setembro, e anunciarase o gañador a semana seguinte.
Como?
A persoa oficial de contacto da candidatura necesita ser dese país en Hattrick, e debe enviar:
- Un enlace ao voso vídeo aloxado en Youtube, que será incluído máis tarde na canle oficial de Hattrick en Youtube.
- Un enlace ao tema do foro do teu país no que se indica que se trata, en efecto, da candidatura oficial.
- Unha mensaxe a través do formulario de contacto dirixido aos NTA (National Team Administrator, é dicir, os Administradores das Seleccións), a través da opción "Administración da Selección Nacional" do formulario de contacto co asunto XIX World Cup Bid especificando se se desexa albergar o Mundial absoluto ou sub-20 en caso de resultar gañador (asegúrate de que recibes unha mensaxe de confirmación).
Por favor, ten en conta que dado que estes vídeos se van publicar a nivel mundial, o inglés debería ser, polo menos, un dos idiomas a utilizar.
Criterios
- Participación da comunidade.
- Creatividade.
- Calidade do traballo.
De entre todos os participantes, elixiremos os cinco mellores para sometelos á votación da comunidade.
Xurado:
Hai tres votos:
- Un voto da comunidade (non poderás votar ao teu propio país).
- Un voto dos seleccionadores nacionais sub-20 e absolutos.
- Un voto dos NTA.
En caso de empate, o país mellor cualificado pola comunidade recibirá o punto extra de desempate.
O gañador será o anfitrión do XIX Mundial (absoluto ou sub-20) e o segundo clasificado serao do Mundial restante!
Boa sorte a todos!