Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-5-2013 Editorial: O novo Supporter

Estamos encantados de anunciar apaixonantes novas sobre Hattrick Supporter que cremos mellorarán a experiencia de Hattrick.

A novidade máis importante é que Hattrick Supporter deixará de ser un único produto, serán tres! Haberá unha versión Silver (máis pequeno e barato), unha versión Gold (equivalente ao actual paquete Supporter) e haberá unha versión Platinum para unha experiencia máxima – incluíndo a opción de poñer en marcha un segundo equipo cando isto se faga efectivo dentro duns meses!

Ademais, imos comezar a fixar prezos de xeito individual para cada país, o que quere dicir que os prezos cambiarán. Nalgún caso, isto significará prezos máis caros, pero para a maioría dos países o prezo abaratarase.
Fai xa tempo detectamos que ter un único produto de Supporter e o mesmo prezo para máis de 120 países limitaba a cantidade de usuarios capaces de acceder ao Supporter para gozar dunha mellor experiencia do xogo. Queríamos ser xustos con todos os xogadores tendo un prezo global, mais como xa sabes, existen enormes diferenzas entre as rendas dos países. E a realidade é que, nalgúns países, moitos xogadores non poden adquirir o Supporter e conseguintemente pérdense moita da diversión de Hattrick.

Por iso, durante os últimos 6 meses fixemos algunhas sondaxes exhaustivas dentro da comunidade de Hattrick, coa axuda dunha axencia externa, para ter unha idea de como fixar o prezo e configurar o paquete do produto Supporter no futuro.

Silver, Gold e Platinum – as novas versións de Supporter
O actual paquete Supporter dividirase en tres versións diferentes:

Supporter Silver: O máis pequeno e barato dos paquetes conterá algunhas funcións básicas da comunidade, as ferramentas de deseño do equipo e as estatísticas

Supporter Gold: O actual paquete Supporter (por descontado, todos os Supporters actuais pasarán automaticamente a esta versión).

Supporter Platinum: O paquete supremo, onde terás espazos ilimitados para federacións, para ser seareiro doutros clubs, etc. Tamén conseguirás máis espazos para buscas pasivas nos traspasos. Ademais terás dereito a voto para próximas funcións Supporter e xa por último, terás a opción de poñer en marcha un segundo equipo de maneira oficial para intentar levalo ao máis alto. Tes máis datos sobre estas dúas novas funcións máis abaixo.

Atoparás máis información sobre as novas versións de Supporter na nosa páxina comparativa.

Prezos específicos para cada país
Como complemento ás novas versións de Supporter, agora fixaremos prezos específicos para cada país, tal como se fai noutros negocios globais que operan en diferentes mercados. Isto implica que, por primeira vez en máis de dous anos, haberá un incremento de prezo nalgúns países. Non obstante, na maioría dos países estes prezos baixarán.

Os novos prezos son efectivos desde hoxe.

Segundo equipo
Como xa mencionamos arriba, incluirase a opción de poñer en marcha un segundo equipo en Supporter Platinum cando esta función estea dispoñible (todavía non está completada). A posta en marcha dun segundo equipo (ou máis ben, dun segundo club) significa que teremos que vincular outro club á túa conta de usuario. É simple, poderás xestionar os dous clubs por separado; cada un co seu cadro de xogadores, finanzas, equipo de xuvenís e todo o demais, pero usando a mesma conta de usuario. Isto é, un usuario, pero con dous equipos.

Non poderás facer traspasos entre os teus dous clubs e a nosa aspiración é que poidas poñer en marcha o segundo club onde che pete, ben no teu país actual ou ben noutro calquera, se tiveses ese antollo. No caso da primeira opción, ambos clubs non poderán participar no mesmo grupo.

Activaremos a opción do segundo equipo na vindeira pretempada (mediados de maio). Terás máis información sobre isto cando nos aproximemos a esa data.

Votar sobre funcións Supporter
Incluído tamén en Platinum,, atópase a oportunidade de votar sobre vindeiras funcións para Supporter – terás o poder de decidir sobre o noso desenvolvemento de Supporter. Polo menos unha vez ao ano, darémosche unha lista de funcións Supporter para que elixas – algunhas delas probablemente suxeridas por ti na comunidade – e a función Supporter que obteña máis votos será implementada!

Para concluír
En conxunto, cremos que estes cambios permitirán gozar por completo da experiencia de Hattrick aínda a máis xogadores e axudará a crecer tanto ao xogo como á comunidade. Isto beneficiarate a ti como xogador e a Hattrick como xogo, e permitiranos seguir investindo no desenvolvemento do núcleo do xogo e ofrecendo unha grande experiencia de xogo aos nosos usuarios!

Desexamos que tamén sexa do teu agrado!
 
Server 070