Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-22-2013 Editorial: XX Copa do Mundo: candidaturas para ser anfitrión

Chega a momento de iniciar a 7ª edición do certame de candidaturas. Ábrese o prazo de presentación de candidaturas para albergar a XX Copa do Mundo e a XX Copa do Mundo Sub-20: o gañador do certame poderá escoller entre un os dous torneos.

Países que queirades albergar a Copa do Mundo – involucrade a vosa comunidade e facede un vídeo amosándonos por que o voso país debería albergar o mundial.
Quen?
Aceptamos unha candidatura por país. Esta candidatura terá que ser anunciada no voso foro local para asegurarse de que só se presente unha candidatura. Ten en conta que se o teu país xa albergou no pasado a CM, isto prexudicará á túa candidatura. Os últimos gañadores, Noruega e Israel, e os próximos organizadores, Finlandia e Montenegro non poderán participar nesta ocasión.

Cando?
O concurso arrincará hoxe e durará ata o martes, 7 de maio ás 23:59 hora HT. A votación terá lugar entre o luns, 13 de maio e o xoves 16 de maio e con posterioridade anunciarase o gañador.

Como?
A persoa de contacto designada oficialmente pola candidatura deberá pertencer a ese país dentro do Hattrick, e terá que enviar:

- Unha ligazón ao voso vídeo, colgado en YouTube, para ser incluído máis adiante no canal oficial de Hattrick en YouTube.

- Unha ligazón ao fío do foro do voso país onde se poña de manifesto a oficialidade da candidatura.

- Unha mensaxe a través do formulario de contacto dirixido a National Team Administration (NTA), co asunto World Cup XX Bid, e manifestando a intención de albergar ben a Copa do Mundo Sub-20 ou ben a Copa do Mundo de Absolutas no caso de serdes os gañadores (asegúrate de ter recibido a mensaxe de confirmación).

Ten en conta que estes vídeos van ser ollados en todo o mundo, polo tanto o inglés deberá ser, cando menos, unha das linguas presentes.

Criterios
De todas as solicitudes, seleccionaremos as 5 mellores para que vote a comunidade. Esta selección farase en base a estes criterios:

- Implicación da comunidade
- Creatividade
- Calidade do traballo

Xurado:
Hai 3 votos:

- Un voto da comunidade (que non poderá votar polo seu propio país)
- Un voto dos adestradores das seleccións absolutas e das sub-20
- Un voto do NTA (National Team Administration)

No caso de empate, gañará o país que obtivera mellor puntuación da comunidade.

O gañador poderá escoller entre albergar a XX Copa do Mundo ou a XX Copa do Mundo Sub-20 e o subcampión albergará o torneo que quede.

Boa sorte a todos!
 
Server 070