Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-26-2013 Editorial: Novas do xogo

Levamos unha primeira metade de ano chea de éxitos en moitos aspectos. Lanzamos novas modalidades de Supporter, os clubs adicionais, os torneos de escada e a nosa nova Tenda. Agora mesmo estamos traballando duramente para mellorar a nova experiencia de usuario, e así, poder proporcionarlles aos novos usuarios un comezo de xogo moito máis divertido e interesante.

O que aínda non fixemos este ano é traballar no núcleo do xogo. Pero, precisamente iso, é o noso próximo cometido. Alá por outono, cando teñamos rematado co traballo para a introdución de novos usuarios, empezaremos a traballar nun novo sistema para os empregados do club.
O outono é o mellor momento para o que eu, ou mellor dito, todos nós pensamos que é a parte máis divertida: desenvolver e mellorar o núcleo do xogo. Esta vez non só melloraremos as cualificacións ou os comentarios do xogo, esta vez imos traballar sobre a mecánica do xogo. Por iso, quero que saibades un pouco máis acerca de cara onde nos diriximos no que se refire ao deseño do xogo.

Unha parte da experiencia de xogar a Hattrick no pasado, e incluso poderíamos dicir, unha parte do deseño do xogo, foi intentar descubrir como funciona o xogo en si. Nós ensinabámosche un panorama ou idea xeral, pero os detalles do xogo tíñalos que ir descubrindo por ti mesmo. Ao longo destes anos, a comunidade de usuarios de Hattrick foi descifrando os segredos do xogo e descubrindo pouco a pouco como funciona e como unhas cousas afectan ás outras. E hoxe, eu diría que todas estas cousas, ou polo menos a maioría, xa son coñecidas por todos.

Todos estes descubrimentos (ou "misterios") teñen formado parte da experiencia do xogo pero pensamos que xa non queda moito diso (case todo é coñecido) polo que alguén pode dicir que o xogo e o seu deseño perderon a graza. E agora toca encher este "oco". Pero, simplemente polo ben do xogo, esta vez non lle imos engadir máis misterio.

En troques, o que imos desvelar ese "vello misterio" e facer públicas e visibles todas esas cousas e valores que antes estaban ocultos. Ademais, grazas a isto, conseguiremos que sexan máis fáciles de interpretar e de controlar. Con isto, converteremos Hattrick nun xogo no cal o éxito dependerá do que ti fagas coa información que todo o mundo ten dispoñible, e que non teñas que empezar por descubrir esta información por ti mesmo.

Para min, as decisións, e especialmente o proceso de toma de decisións, é o que me parece máis divertido e interesante nun xogo de tipo manager. En Hattrick tes que tomar unha morea de pequenas e grandes decisións cada día, pero eu quero que algunhas delas sexan aínda máis relevantes e interesantes, e non creo que agora mesmo teñamos suficientes decisións que tomar. Tampouco quero facer o xogo máis complexo do que é, máis ben todo o contrario. Estou seguro de que, deste xeito, o xogo será menos complexo, pero máis interesante e divertido.

Pero, para ser un pouco máis concreto e proporcionarche un pequeno resumo, os puntos nos que nos imos centrar nas próximas etapas de deseño e desenvolvemento do xogo serán:

- Máis e mellor control sobre o teu equipo.
Hoxe en día hai cousas no xogo e diferentes valores no teu equipo sobre os que ti non tes o adecuado nivel de control. Por exemplo, a forma dos xogadores, o risco de lesións, etc. Eu quero que ti sexas capaz de controlar e xestionar eses valores dun xeito moito máis extenso do que ata agora foi posible.

- Toma de decisións máis interesantes e relevantes
Como vas poder xestionar cousas que polo momento non podes, vas poder tomar máis decisións. Estas decisións deberán ser máis interesantes. O que quero dicir con isto é que as decisións poden ter consecuencias positivas ou negativas (unha decisión que só produce beneficios é unha decisión obvia e, polo tanto, non é realmente interesante) e, ademais, vas ter claro de antemán como unha certa decisión lle vai afectar ao teu equipo.

- Activación de novas funcionalidades "pro-activas"
En lugar de deixar que as túas decisións simplemente afecten a certos procesos que ocorren nun segundo plano, quero que estas activen novas funcionalidades/opcións no xogo (sempre que sexa posible) que che permitan un control "pro-activo" e máis directo. Por exemplo, darche certos "puntos" de forma para que sexas ti quen os reparta entre os teus xogadores.

Como comprenderás, todos estes cambios non ocorrerán xuntos dun dia para o outro, non é que mañá pola mañá vaias espertar e atopar un xogo totalmente novo. Tan só quero que teñas unha idea xeral de cara a onde vai o desenvolvemento do núcleo do xogo e de como queremos evolucionalo.

Novo sistema de empregados
Como mencionamos ao principio, o novo sistema de empregados do club é a funcionalidade que nos ocupará este outono. Este novo sistema estará baseado no deseño que desenvolvín xa fai un tempo atrás (e que compartín con vós nun editorial de fai dous anos), aínda que haberá algúns cambios con respecto a aquel deseño. É normal, despois de dous anos sempre tes unha morea de novas ideas sobre as cousas. Basicamente, só quero facer un pouco máis de énfase nalgunhas das cousas que xa mencionei anteriormente. En todo caso, a idea xeral será a mesma:

- Contratas un empregado para un certo posto con un certo nivel que ti escolles. Canto máis alto sexa o nivel, mellor será o empregado.

- Saberás exactamente que efectos terá sobre o teu equipo porque esta información estará claramente detallada.

- So poderás contratar un membro do persoal de cada tipo, e haberá un número limitado de posicións.

- Todos os membros do teu persoal terán efectos positivos no equipo, pero tamén poden ter efectos negativos.

Cando será efectivo?
O noso obxectivo e telo listo para o inicio da 54ª tempada, que empeza a finais de decembro. Pero antes, recibirás máis información e máis detalles acerca do novo sistema de persoal.

Despois de todo isto, soamente desexarvos un bo verán a todos!
 
Server 070