Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Embaixadores de Hattrick


2013-08-02 10:00:00

Aquí, en Hattrick, son moitos os membros que contactan connosco buscando algo máis. Xente con grandes ideas para axudar ás súas comunidades locais de Hattrick. Ben, chega o momento de apoiar estes usuarios e facilitarlles unha plataforma oficial para que os seus desexos se fagan realidade. Presentamos: os Embaixadores de Hattrick.

Calquera que considere que posúe as habilidades necesarias pode botar a solicitude. Haberá un ou dous Embaixadores por país e, esencialmente, converteranse nos representantes das súas respectivas comunidades. Os Embaixadores deben estar xa involucrados dalgún xeito dentro das súas comunidades locais de Hattrick onde localizarán historias de interese, escribirán sobre elas e logo amosaranllas ao resto do mundo.

Os embaixadores deben poñer énfase en axudar as comunidades locais de Hattrick a crecer ademais de a mellorar as comunicacións internas, e temos o desexo de que se involucren na promoción de eventos locais dirixidos ao resto da comunidade. Calquera Embaixador en potencia debe ser extravertido, sociable e moi bo comunicador ou narrador. Alén diso, vai ser o representante da súa comunidade polo que a educación e o respecto serán unha obriga en todo momento!

Se queres involucrarte en todo isto, solicita ser o primeiro Embaixador do teu país, contacta cos Embaixadores Séniors a través do formulario de contacto respondendo ao seguinte cuestionario (en inglés):

• Why do you want to become a Hattrick Ambassador?
• What skills do you possess that you feel make you perfect for this position?
• What involvement have you had in the Hattrick community in the past? Feel free to link to press articles, forum threads, and anything else you’ve done.
• Do you already have some ideas on how to promote Hattrick in your area outside the game? It’s by no means necessary, but it would be good to read about if you have.
• Have you ever had any negative issues with GameMasters or Moderators which have resulted in bans/fines?

Se queres unha descrición máis precisa sobre o que un Embaixador debe facer, continúa lendo, aínda que debes saber que, como Embaixador, estarías capacitado para decidir onde dirixir os teus esforzos. Nós estamos aquí para axudarche!

O prazo de presentación das solicitudes para a primeira fornada de Embaixadores permanecerá aberto durante unhas dúas semanas, ata o martes 20 de agosto. De resultar elixido, contactaremos directamente contigo. Boa sorte!

Funcións do Embaixador:

• Localizar historias de interese que circulen polas comunidades locais de Hattrick e, ben escribir sobre elas, ou ben apoiar a outros para que o fagan, para logo publicalas en Hattrick Press ou en Hattrick United.
• Crear ou promover competicións dentro ou entre as comunidades locais, como por exemplo concursos sobre a Selección Nacional ou desafíos de pretempada.
• Axudar a localizar lugares/métodos de promoción de Hattrick na zona de influencia para que posteriormente o equipo de HT os use. Crear unha lista de contactos no país do Embaixador que Hattrick poida usar para promover o xogo a través de diversas estratexias de mercadotecnia.
• Organizar ou involucrarse nas reunións locais dándolle un carácter máis oficial. Exercer de representante oficial de Hattrick en eventos e trasladar as inquietudes dos usuarios, así como escribir sobre o sucedido.
• Compartir información, consellos e historias con outros Embaixadores e traballar conxuntamente para mellorar a efectividade do programa, ademais de buscar os contidos locais de maior interese para publicalos a nivel global.
• Correr a voz sobre Hattrick, tanto nas redes sociais persoais como nos cara a cara, utilizando as historias de interese escritas polos Embaixadores ou dando unha visión xeral do que significa Hattrick.

HT-Aartspam
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 080