Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

9-1-2013 Editorial: Remata un capítulo e outro novo empeza

Os antigos propietarios do Hattrick están de volta, e hai moitas cousas das que falar. Gustaríame empezar este editorial recordando unhas declaracións que foron publicadas na conferencia global fai unhas semanas. Agora non vou entrar en detalles pero, se queres ler a versión completa ou participar na discusión, pódelo facer aquí. Cando teñas lido isto, pasaremos á parte divertida, os plans que temos para o futuro do Hattrick.
O día 5 de agosto, os antigos propietarios de Hattrick (entre os que nos incluímos eu mesmo e HT-Daniel, o outro co-fundador de Hattrick) chegamos a un acordo con Zattikka para recomprar o xogo.

Zattikka está atravesando por problemas financeiros xa fai un tempo e existía un risco real de que eses problemas afectasen negativamente as operacións de Hattrick ou incluso rematasen co xogo vendido nunha poxa.

Estamos moi contentos xa que, a través deste acordo, sabemos que o xogo está a salvo: Hattrick seguirá funcionando durante moito tempo, continuaremos co seu desenvolvemento, e respectaremos os cartos gastados polos usuarios durante o mandato anterior en cousas como o Supporter ou os Credits.

Ademais, temos que admitir que este xiro de acontecementos levounos a reconsiderar unha morea de cousas.

Cando decidimos vender, xa fai un pouco máis dun ano, estábamos nunha encrucillada con respecto ao que queríamos facer co xogo. O número de usuarios levaba xa un tempo diminuíndo e facíase cada vez máis complicado defender o argumento de que o que deberíamos facer era esforzarnos máis no desenvolvemento do xogo.

Zattikka representaba unha visión positiva para HT, eles crían que podían facer medrar o xogo e o negocio. Así que vendemos, inspirados polo feito de unirse a un grupo maior e de ver ata onde podía conducir o xogo esta relación.

Como pasa normalmente nestes casos, as cousas resultaron ser máis complicadas. Funcionar coma unha empresa pública xera unha morea de cargas administrativas que quitan moito tempo para o traballo creativo. Ademais, tamén supoñen grandes custos. Con todo isto, resultou que facer medrar o xogo era moito máis caro do esperado.

En vez diso, adicábase cada vez máis e máis atención a facer medrar os beneficios a curto prazo a partir dos usuarios existentes, por medio dunha serie de interminables campañas e descontos.

Unha das cousas que creo que resultaba máis frustrante para os "vellos" HTs era que, ao final, moitas das decisións eran aceptadas forzosamente, aínda que sabíamos que eran demasiado a curto prazo. Nós sempre tivemos una visión do xogo moi a longo prazo, o que non casa moi ben co feito de ser unha compañía de capital aberto que ten que presentar bos resultados cada trimestre.

Por desgraza, ao final comprobouse que tiñamos razón. A medida que tomamos de novo o control de Hattrick, dámonos conta de que o negocio está moito peor do que estaba cando o vendemos. Falando claro, vendeuse unha cantidade enorme de Supporter, a prezos moi rebaixados, e o diñeiro marchou con Zattikka, unha empresa que entrou en concurso de acredores e que posiblemente non tarde moito en desaparecer.

A dia de hoxe, a duración media do Supporter que hai contratado está arredor dos 270 días, case o dobre que fai 18 meses. Isto significa que teremos menos recursos, xa que precisaremos polo menos un ano para recuperar un ritmo normal de vendas. Sinxelamente, temos que atopar mellores maneiras de gañar diñeiro para o xogo que o que fixo Zattikka. Un exemplo disto é que imos parar de facer descontos e imos reconsiderar a decisión de ter prezos diferentes para cada país. Por suposto, o xogo en si vai seguir sendo gratis.

A medida que nos preparamos de novo para dirixir este xogo, queremos ser moi realistas acerca da situación na que se atopa o negocio.

O que converte a Hattrick nun xogo memorable é a súa sólida e leal comunidade e os usuarios que levan connosco entre 5 e 10 anos. Non debemos obsesionarnos con medrar. Se cadra Hattrick nunca vai volver ser un xogo en crecemento. De feito, o máis probable e que continúe a tendencia á baixa por algún tempo. Nós aceptamos iso, e en vez de preocuparnos soamente polo número de usuarios, queremos facer o xogo máis divertido para aqueles de vós que de feito estades aquí para xogar. Ao mellor, algún día podemos chegar a un punto no que as cousas se estabilicen ou incluso volvamos a medrar, pero non pasa nada se non o conseguimos. O único que non debemos facer é perder o tempo con cousas que son irrelevantes para os nosos usuarios e dedicalo a cousas máis importante para o funcionamento do xogo.

Para este novo comezo de Hattrick, contaremos cun equipo de HT considerablemente máis pequeno, que nos permitirá tamén acadar un nivel de custos que consideramos sustentable por moitos anos.

Imos tentar simplificar o noso traballo suprimindo gran parte das tarefas innecesarias. Cun menor número de desenvolvedores, precisaremos tamén menos xefes. Imos saír desta a través de usuarios felices en vez de a través de socios publicitarios. Non imos manter un grupo de desenvolvedores independentes para traballar nas aplicacións para smartphones, en lugar diso ampliaremos as competencias dos CHPPs para esta tarefa. E a lista segue. O noso obxectivo será traballar no núcleo do xogo e facer modificacións con sentido, esperando que ti sigas apoiándonos como "Supporter".

O novo equipo, máis reducido, vai estar cheo de boa xente, cunha gran cantidade de coñecemento e apaixonados de Hattrick, como HT-Gusy e HT-Bodin, apoiados por HT-Daniel, que sempre foi unha eminencia no que respecta ao desenvolvemento de Hattrick. Pero imos deixar polo camiño algúns vellos amigos, como HT-Klas e HT-Tjecken, algo que nos entristece moito. Eu ficarei, e asumirei, xunto con HT-Aartspam, unha maior responsabilidade sobre a comunidade.

E que hai dos nosos plans para o xogo e de todas as promesas que se fixeron no pasado?

Primeiro de nada, queremos restablecer as túas expectativas. Basearemos cada decisión na nova situación, no que é mellor para o xogo neste momento. Isto significa que non podemos manter todas as "vellas" promesas sobre o desenvolvemento. Pero pensamos que, en lugar diso, podemos ofrecer novas e mellores alternativas.

A semana pasada xuntámonos para deseñar a que será a nosa primeira folla de ruta. Ademais da "función aniversario", pola que os usuarios xa poden votar actualmente, tamén imos rematar dous proxectos que "herdamos" da época Zattikka.

O primeiro é un novo deseño para a páxina de inicio. Este non é un gran proxecto, pero ten boa pinta e queremos probar o novo deseño para ver se funciona mellor.

O segundo é o novo sistema tutorial para os novos usuarios. Este proxecto xa leva en fase de probas máis dun mes, e está amosando resultados moi prometedores - a retención de novos usuarios incrementouse nun 20%.

Para o resto do outono, teremos dous temas principais.

Unha é que imos traballar nun novo sistema de Staff. Tentaremos atopar un deseño que poidamos ir ampliando, algo mellor do que temos hoxe aínda que ao mellor non tan "sexy" e dinámico como o sistema discutido no pasado. Non queremos entrar en discusións sen fin acerca do deseño, queremos centrarnos na rápida implantación de cousas que funcionan, son divertidas, e poden ser melloradas máis tarde.

En segundo lugar, imos deixar algo de traballo pesado para CHPP. Creemos que cun equipo máis reducido non temos maneira de seguir investindo nas nosas propias aplicacións móbiles. A mellor maneira en que podemos proporcionar servizo á maior comunidade de usuarios é facilitar o máis que poidamos as tarefas dos desenvolvedores CHPP para construír sorprendentes aplicacións e sitios web. Así que, podedes agardar apoio para para unha variedade máis ampla das funcionalidades do xogo antes de que remate o ano.

Aparte disto, imos continuar mellorando o Supporter xunto co resto dos nosos produtos, coma os Torneos. E podemos engadir novas opcións de pago na tenda. Queremos concentrar os nosos esforzos de desenvolvemento en funcionalidades básicas para os usuarios, pero tampouco podemos esquecer os servizos que, en definitiva, pagan por este xogo.

Tamén será parte da nosa filosofía facer as cousas o máis sinxelas posible, e isto inclúe eliminar as cousas que non nos gustan ou que non funcionan. O primeiro desta lista é a funcionalidade Offerwalls que foi introducida por Zattikka. Temos recibido moitas queixas sobre Offerwalls, e todos estamos de acordo en que o mellor para Hattrick é eliminalo. Os usuarios que teñan Reward Points na súa conta deben asegurarse de usalos xa que, de aquí en diante, non será posible gañar máis.

Tamén imos eliminar o vello sistema de mensaxes SMS. Desde a compra xa non temos un contrato en vigor para a entrega dos SMS. Como o servizo vén sendo utilizado por moi poucos usuarios nos últimos años, cremos que chegou o momento de eliminar o sistema en lugar perder o tempo con novos contratos e integración do proceso. En lugar diso, o noso obxectivo é mellorar o apoio ás notificacións para smartphones como parte do noso proxecto CHPP.

Persoalmente, estou moi agradecido porque, por algo máis de un ano, tiven a oportunidade de ver Hattrick desde unha perspectiva externa. Sei que hai moitas cousas que fixemos mal no pasado, pero sempre mantivemos a viabilidade a longo prazo do xogo como prioridade. E creo firmemente que imos aproveitar esta segunda oportunidade que se nos deu para facer, a partir de agora, un mellor traballo do que vimos neste último ano.

Queremos seguir compartindo e gozando desta viaxe contigo. Agardamos que ti sintas o mesmo!
 
Server 070