Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-13-2013 Editorial: XXI Copa do Mundo: candidaturas para ser anfitrión

Chega a hora da 8ª edición de elección do organizador da Copa do Mundo. Nesta ocasión está en xogo a posibilidade de albergar a XXI Copa do Mundo, absoluta e sub-20: o gañador do certame escollerá cal dos dous torneos albergará.
Quen?
Aceptamos unha única candidatura por país. Esta candidatura terá que ser anunciada na conferencia nacional para asegurarse de que só se presente unha. Ten en conta que se o teu país xa albergou no pasado a CM, isto prexudicará a túa candidatura. Os últimos gañadores, Noruega e Tunicia, e os próximos organizadores, Italia e Montenegro non poderán participar nesta ocasión.

Cando?
A presentación de candidaturas prolongarase desde hoxe ata o domingo, 22 de decembro ás 23:59 hora HT. A votación terá lugar entre o luns 23 de decembro e o xoves 26 de decembro, e con posterioridade anunciarase o gañador.

Como?
A persoa de contacto designada oficialmente pola candidatura deberá pertencer a ese país dentro do Hattrick, e terá que enviar:

- Unha ligazón ao voso vídeo, aloxado en YouTube, para ser incluído máis adiante na canle oficial de Hattrick en YouTube.

- Unha ligazón ao fío da conferencia do voso país onde se poña de manifesto a oficialidade da candidatura.

- Unha mensaxe a través do formulario de contacto dirixido á National Team Administration (NTA), co asunto “World Cup XXI Bid”, manifestando a intención de albergar ben a Copa do Mundo Absoluta ou Sub-20 no caso de serdes os gañadores (asegurádevos de ter recibido a mensaxe de confirmación).

Ten en conta que estes vídeos van ser ollados en todo o mundo, polo tanto o inglés deberá ser, cando menos, unha das linguas presentes.

Criterios
De todas as candidaturas presentadas, seleccionaremos as 5 mellores para sometelas á votación da comunidade. Esta selección farase en base aos seguintes criterios:

- Implicación da comunidade
- Creatividade
- Calidade do traballo

Xurado:
Hai 3 votos:

- Un voto da comunidade (que non poderá votar polo seu propio país)
- Un voto dos seleccionadores nacionais absolutos e sub-20
- Un voto dos NTA (National Team Administrators)

No caso de empate, gañará o país mellor valorado pola comunidade.

O gañador poderá escoller entre albergar a XXI Copa do Mundo absoluta ou a sub-20 e o segundo clasificado albergará o torneo que quede.

Boa sorte a todos!
 
Server 071