Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-19-2006 Editorial: O Novo Hattrick Supporter

Sentímos unha gran ledicia co lanzamento dunha gran renovación do Supporter de Hattrick, cun bo feixe de novidades e a mellora dalgúns servizos anteriores.
O Novo Hattrick Supporter
O Supporter de Hattrick é moi importante para nós; este servizo voluntario de pago é o que fai posíbel mante-lo funcionamento de Hattrick coma xogo gratuíto para unha ampla maioría de usuarios. A nosa idea é que sempre debe existi-la posibilidade de disfrutar de Hattrick sen ter que pagar por elo, e que os usuarios que paguen non deben ter unha vantaxe que lles faga ter máis éxitos no xogo que os que non paguen. No canto diso, o servizo de Supporter céntrase en engadir cousas noutros campos. Federacións, favoritos, cadro de novas, ou a posibilidade de subir escudos para os equipos son algunhas das posibilidades ás que se accede convertíndose en Supporter de Hattrick. E chegou o momento de engadir algunhas novidades á lista.

Salón da Fama

Tes aos teus xogadores veteranos no equipo, a pesares do feito de que non xogarán no primeiro equipo nunca máis? Ben, seica chegou o momento de retiralos ao Salón da Fama do teu clube. Os xogadores que sexan escollidos para formar parte do Salón da Fama non estarán dispoñíbeis para xogar encontros no teu equipo, pero vivirán no mundo do xogo coma membros de honra do teu equipo, e poderás olla-lo que sucede na súa vida normal. E quen sabe, seica poidan xogar algún encontro de "vellas glorias" no futuro!

Novo Kit de Deseño da Equipación

Agora disporedes dun meirande grao de personalización no novo Kit de deseño para Supporters. Deseña a túa equipación a partires de plantillas ou dibuxando pixel a pixel. O deseño será visible nos teus encontros e na páxina do equipo.

Informes do Adestramento

Cando foi a última vez que o aquel fenomenal defensa mellorou a súa habilidade de pases? E cal é a utilidade hoxe en día dos programas de axuda? Coa nova ferramenta de informe dos adestramentos os Supporters terán unha actualización detallada cada vez que un xogador mellore de nivel nalgunha habilidade ou, cando ocorra, baixe algunha habilidade. O informe de adestramento arquivará o desenvolvemento dos teus xogadores durante o curso da pasada tempada tamén, seica queiras telo a man cando escollas futuros planos de adestramento.

Máis Seareiros

A restricción de cinco seareiros como máximo xa tiña demasiado tempo, e tiña o seu motivo en que o ser seareiro doutro equipo debe ser algo exclusivo e significativo. Sen embargo, tras anos e anos no xogo, moitos usuarios estableceron fortes lazos de amizade con máis xente. Por esta razón estamos abrindo o sistema de Seareiros para permitir un meirande número de apoios. Incrementaremo-lo número de equipos para apoiar ata un mínimo de oito, e daremos un noveno oco co comezo de cada tempada, se eres Supporter nese momento.

Moderadores de Federacións

As federacións son unha parte moi importante de Hattrick, e hai moitas federacións que medraron moitísimo co tempo. Para permiti-lo mantemento de federacións tan grandes, engadimo-la posibilidade de dar aos membros de confianza certos dereitos de moderador nos foros das federacións. Inda que as ferramentas deses moderadores serán algo máis limitados en comparación cos Moderadores oficiais, pensamos que pode ser unha gran axuda para as meirandes federacións. Os Moderadores das Federacións poderán borrar mensaxes e renomear temas nos foros da Federación.

Aviso de resposta no Foro na Fiestra de Novas

Alguén respostou a algunha mensaxe posta por ti nos foros? Recibirás entón, dende agora, unha mensaxe automática para avisarte na fiestra de novas. Isto pode ser moi útil cando tentas seguir varios temas nos foros ao mesmo tempo.

Colección de Bandeiras

Engadimos unha nova Colección de Bandeiras para Supporters, que amosarache a situación actual dos xogadores saídos da túa canteira.

Borrado múltiple de Favoritos

Un pequeno engadido no funcionamento dos favoritos é a posibilidade de borrar categorías enteiras de favoritos, e non só de xeito individual. Un aforro de tempo que apreciarán os amantes da sección de favoritos!

Revisión mensual de funcionamento

Cada mes revisaremos e informaremos do funcionamento da web do mes anterior. Inda que os Supporters pagan as melloras e non o xogo en sí, queremos amosarvos que a nosa ambición é a de mante-la páxina funcionando sempre que os nosos usuarios a precisen. Para demostralo, ao final de cada mes extenderemos automáticamente o tempo de Supporter por un periodo igual á cantidade total de peche non programado que sufrira a páxina durante ese mes.
 
Server 070