Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-5-2014 Editorial: Máis apoio ás aplicacións de Hattrick

Durante os últimos meses levamos feito moitas melloras no que respecta ao apoio que proporcionamos ós programadores externos de Hattrick. Xa podes comprobar todo o que é posible facer agora e, se es un programador, aproveita a oportunidade de recibir un premio na vindeira gala de CHPP!
Cando nós, como fundadores do Hattrick, volvemos como donos no outono pasado, unha das cousas que realmente queríamos mellorar era o noso apoio aos programadores externos.

Xa fai moitos anos que temos un programa chamado CHPP, aberto a todos aqueles que queiran construír novas aplicacións ou sitios en Internet que poidan complementar a experiencia Hattrick. Pero algunhas partes do xogo non estaban dispoñibles para os programadores do CHPP e sabemos que esa falta de apoio atrasou ideas e proxectos que podían ter feito o Hattrick mais divertido para os nosos usuarios. Queremos cambiar esta situación. Pensamos que o CHPP pode desenvolver un papel importante no avance de Hattrick.

Unha das razóns para isto é que cada vez vemos o Hattrick máis como un servizo que debe estar dispoñible en máis plataformas, non só no seu propio sitio web en internet (aínda que, por suposto, será sempre o noso foco principal), senón tamén no resto das plataformas móbiles que hai dispoñibles. Nunca imos ser capaces de ocuparnos nós mesmos de traballar en tódalas frontes, e esta é a razón pola que queremos facilitar que outros programadores constrúan cousas novas e atractivas para a comunidade Hattrick.

Así, puxémonos ao choio, e ampliamos canto puidemos o apoio prestado ao CHPP durante o final do ano pasado. De feito, desde este mesmo momento xa é posible facer cousas realmente interesantes con novas aplicacións ou a través de sitios web externos, que non eran posibles anteriormente. Esperamos sinceramente que isto desencadee unha nova quenda de interesantes proxectos CHPP e comprometémonos a proporcionarlles a visibilidade e o apoio que precisen. Para demostrar este compromiso, anunciamos a cerimonia dos “Premios CHPP”, abraiante e chea de glamour, onde nomearemos o “Proxecto CHPP Máis Mellorado” e o “Mellor Novo Proxecto CHPP” para 2014. O gañador de cada unha das categorías recibirá un premio en diñeiro por valor de 2000$, así coma unha viaxe con tódolos gastos pagos a un encontro internacional de usuarios de Hattrick. A competición terá lugar ao longo de todo o verán, ata finais de setembro. Os pormenores sobre a competición notificaranse nun anuncio por separado.

Aquí podes ver unha lista dos recursos que engadimos para os programadores de CHPP nos últimos meses, no caso de sintas curiosidade sobre o que a túa aplicación preferida será capaz de facer en versións futuras, ou por se quixeras facer unha ti mesmo.

* Actualizar o tipo de adestramento, porcentaxe de adestramento e división de resistencia.

* Procurar no mercado de traspasos, ver o estado dos traspasos actuais dun xogador e facer ofertas.

* Verificar as predicións da cualificacións cando se definen as ordes do encontro.

* Engadimos apoio para os Torneos: Vendo en que torneos está a participar cada equipo, detalles do torneo, calendario e cadros de clasificacións.

* Apoio para as Escadas (en que escada está a participar cada equipo, detalles da escada, calendario e listas dos equipos coas súas posicións).

* Apoio para as Ligas de xuvenís (Detalles da Liga, cadros e calendarios de encontros).

Todo o que, dentro do CHPP, inclúa outros permisos que non sexan de lectura de datos é soamente para supporters. Neste caso, isto significa que alterar o adestramento e facer ofertas será soamente para supporters no caso de que fose implementado nunha aplicación CHPP.

Esperamos que se lle dea bo uso a todas estas melloras no apoio para programadores externos! Se tes unha idea para darlle un novo uso aos datos CHPP de Hattrick, pódeste informar de como converterte nun programador CHPP e publicar a túa aplicación no portal Hattrick CHPP.

O equipo de Hattrick
 
Server 070