Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

7-7-2014 Editorial: Supporter Diamond

Hoxe poñemos en funcionamento o Supporter Diamond, un novo paquete Supporter para os usuarios de Hattrick máis duros que temos. É a nosa subscrición Supporter máis completa, xa que inclúe Platinum, todos os nosos produtos Gears, así como a nova función de repetición, que é exclusivo para Diamond e que permite comprobar que acontecería se o encontro fose simulado dez veces máis.
Supporter Diamond é unha subscrición que non só inclúe as funcións de Platinum, senón tamén, por primeira vez, dache a oportunidade de utilizar todos os recursos de pagar-polo-uso de Hattrick sen ningún custo adicional. O Diamond é un pouco máis caro que outros paquetes Support, polo que non será para todos - aínda que cremos que isto podería ser un paquete moi atractivo para os usuarios máis ‘hardcore’, especialmente aqueles de vós que xa usan Torneos e os outros Gears a cotío.

Unha nova ferramenta exclusiva de Diamond é a función de Repetición. Pódese acceder á Repetición despois de cada partido xogado e vaiche mostrar que tería ocorrido se ese encontro en concreto fose simulado dez veces máis, usando exactamente o mesmo punto de partida que o xogo que se acaba de disputar. Tiveches un golpe de sorte, ou tería funcionado a túa táctica se tiveses que xogar o mesmo encontro de novo? Agora haberá un xeito de sabelo.

Como calquera outro paquete Supporter, o Diamond conséguese subscribíndose. E en tanto esteas subscrito a el, terás acceso ao seguinte:

Todas as funcións do Supporter Platinum[/ b]

Serás un Supporter Platinum con todas as da lei. Isto significa que terás un segundo equipo se así o desexas, xunto con espazo ilimitado para Federacións, espazo Supporter ilimitadas e moito máis. Se xa es un Supporter, o teu tempo restante como Supporter manteráseche e recuperaralo cando a túa subscrición a Diamond se esgote.

Acceso gratuíto aos Torneos

Crea os teus propios torneos cos amigos ou simplemente únete a outros Torneos que sexan do teu interese. Podes participar en ata 10 Torneos á vez, sen teres que usar créditos para participares.

Escadas

Participa en ata 25 escadas á vez. Tenta chegar ao cume dunha escada nacional, rexional ou de Federación e mantente na cima - non é doado! Como cos Torneos, non é, por suposto, necesario pagar créditos por participares.

Renomear Xogadores

Agora é posible cambiarlle o nome aos xogadores do teu equipo, e como usuario Diamond poderás facelo sen ningún custo adicional. Exceptuando isto, deberás seguir as mesmas regras de nomeamento que calquera outro usuario.

Poñer Alcumes aos Xogadores

Outra cousa que tamén está incluída no paquete Diamond e a posibilidade de poñerlle un Alcume aos teus xogadores. Un xogador pode recibir un alcume unha vez por tempada.

Estilo e Imaxe dos Xogadores

As nosas numerosas ferramentas para modificar os avatares dos xogadores están a disposición dos supporters Diamond. Retócalle o peiteado, o nariz, a cor de pel e máis cousas para deixar o equipo ao teu gusto. Esta ferramenta non ten límite, podendo modificar as cousas tantas veces como queiras.

Chega oEventizador para personalizar os informes dos partidos

Cos informes de partidos personalizables, defines nun evento a túa postura do que ocorrerá no vindeiro encontro. É unha maneira divertida de expresar os teus sentimentos sobre un determinado partido ou rival e, por suporto, poderás utilizar todo isto sen ningún custo extra como parte do paquete Diamond. Permitirase un evento por partido.

Repetición (10 partidos)[/ b]

Esta nova función é exclusiva do Supporter Diamond. Despois de calquera partido que xogues, poderás comprobar que ocorrería se o partido fose simulado outras dez veces usando exactamente a mesma aliñación inicial, tácticas e outros factores. A Repetición realmente simula o partido completo dez veces e mostra os resultados que se terían dado. Non se trata de facer unha análise estatística sobre o resultado que debería ter o partido ideal, senón unha forma de permitirlle aos usuarios -por vez primeira- espreitar o que podería acontecer se o mesmo xogo fose simulado de novo, usando exactamente o mesmo punto de partida de novo.

Agardamos que goces deste novo paquete!
 
Server 071