Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

7-17-2014 Editorial: Novo sistema de Copa

Para o comezo da vindeira tempada presentaremos un sistema de Copa completamente renovado. Con as novas Copas, aspiramos a que máis equipos do que ata agora saboreen a experiencia de participar na Copa. Ademáis do novo formato das Copas Nacionais, tamén poñemos en marcha as Copas Divisionais para as divisións inferiores.
Un dos retos máis interesantes para calquera mánager de Hattrick é equilibrar o seu equipo e tácticas entre as exixencias propias da liga, a necesidade de adestrar os xogadores e a emoción de facer un bo papel na Copa. E xa que somos grandes amantes das Copas de Hattrick, tiñamos xa claro desde hai tempo de que este sistema debía ser mellorado. Por unha banda, teñen un tamaño limitado, o que provoca que non todos os equipos teñen a oportunidade de participar na Copa. E ademais, para a gran maioría dos equipos que conseguen clasificarse, a Copa acabará nun abrir e pechar de ollos. Esta é consecuencia das restricións do deseño que ten calquera Copa en Hattrick, xa que queremos, por un lado, incluír tantos equipos como sexa posible, e por outro, que a Copa non se estenda máis alá dunha tempada, cunha única rolda por semana.

Co novo sistema de Copa, queremos preservar as cousas boas que teñen as actuais Copas Nacionais, como son os beneficios que obteñen os equipos que son capaces de sobrevivir na Copa durante máis tempo e a sensación de ter unha competición principal durante toda a liga que dará un digno campión de Copa.Pero tamén queríamos asegurarnos de que, para a maioría dos equipos, a Copa era algo máis que servir de petisco para ese puñado de equipos de elite que realmente teñen unha verdadeira oportunidade de gañala. Por esta razón, estamos facendo grandes cambios no funcionamento das Copas en Hattrick.

Copa Nacional e Copas Divisionais

O principal cambio é que dividimos a competición da Copa Nacional en dúas categorías. En ligas que teñan ata seis divisións, continuará existindo unha única Copa Nacional, pero coa peculiaridade de que por primeira vez todos os equipos do sistema de ligas poderán participar na Copa Nacional. Nas ligas máis grandes, engadiremos unha nova Copa Divisional na que participarán os equipos que pertenzan ás divisións inferiores á 6ª División. Na Copa Divisional só xogarás contra outros equipos da mesma División, e o gañador, ao rematar a tempada, recibirá o título de campión de Copa Divisional desa División en concreto.

Copas Satélite

Tanto a Copa Nacional como a Copa Divisional virán acompañadas de sendas copas secundaria e terciaria. Estas son Copas de menor rango, nas que irán entrando os equipos que queden eliminados da copa principal. Así, perder un ou dous partidos non será a fin da túa experiencia copeira na tempada. Terás garantidos, cando menos, tres encontros de Copa por tempada, e se quedas eliminado nunha das primeiras roldas da Copa principal, integraraste nunha Copa que, se cadra, ten un nivel de competición máis axeitado. Aínda terás a oportunidade de gañar un trofeo de copa, iso si, algo máis modesto.

O sistema de Copas Satélite consistirá en catro competicións diferentes, cada unha cos seus propios trofeos e gañadores.

Copas adaptadas á Estrutura Divisional

Actualmente, hai veces nas que se fai moi difícil saber cando te vas clasificar para a Copa da seguinte tempada. Isto débese a que o número de participantes nas Copas non se corresponde completamente coa totalidade de equipos que hai no sistema de ligas de Hattrick, incluso dentro das divisións. Como resultado, nunca fomos capaces que incluír todos e cada un dos equipos dunha liga na Copa Nacional – ao final sempre usábamos a clasificación de Copa para establecer o corte entre aqueles que participaban e os que non. Con este redeseño, cambiamos isto e as Copas adaptaranse mellor aos tamaños da liga e das divisións. A división na que xogas determinará a Copa na que podes participar, que será a mesma para todos os equipos da túa división. Para encher toda a Copa, completarémola co número necesario de equipos “non federados”, equipos de baixo nivel que accederán á competición nos últimos postos e, polo tanto, enfrontaranse os mellores equipos nas primeiras roldas. O funcionamento da competición non distará moito de como é hoxe en día.

Máis roldas xogadas en terreo neutral

No novo sistema copeiro, os encontros comezarán a disputarse en terreo neutral nunha fase anterior da Copa. Antes, isto acontecía cando só quedaban dúas roldas por disputarse (semifinais e final). Agora isto ocorrerá cando resten 6 roldas. Queremos reducir o impacto que outorga xogar de local, xa que temos comprobado que isto xoga un papel decisivo sobre quen sae vitorioso. Ademais, esa vantaxe probablemente se faga aínda máis importante cando a Copa sexa máis compacta.

Vantaxes do novo sistema

O noso principal obxectivo neste redeseño foi o de dar a oportunidade a máis equipos de ter unha experiencia copeira máis significativa. Cremos que isto lógrase de varias maneiras: máis equipos teñen a posibilidade de participar na Copa, e teñen unha probabilidade moito maior de avanzar máis alá da primeira e segunda rolda. Para os mellores equipos, a Copa Nacional será un pouco máis compacta e competitiva e a recompensa que hai ao final do túnel será tamén maior. Para aqueles que caian antes, haberá unha segunda e ata unha terceira oportunidade de gañar un trofeo a nivel nacional.

Outra vantaxe é que daremos maior importancia ao feito de ascender de división. Un ascenso pode garantir a túa participación nunha Copa máis atractiva, ou, se xa estás clasificado para a Copa Nacional, ascender significará estar mellor colocado na Copa.

É probable que uns poucos equipos actualmente elixan intencionadamente permanecer en divisións inferiores co obxectivo de maximizar as súas opcións de chegar máis lonxe na Copa. Esta estratexia terá que cambiar algo, xa que a partir de agora terás que militar, cando menos, en 6ª División para participar na Copa Nacional. Ata certo punto, isto pode levar a unha competición máis equilibrada en ligas inferiores cando estes asoballantes equipos finalmente opten por ascender a divisións superiores.

Xerarquía na Copa

Un aspecto ao que lle demos maior importancia durante o deseño das Copas foi o de que nos queremos asegurar de que os equipos quererán permanecer nas Copas máis competitivas tanto tempo como sexa posible. Non desexamos ver como equipos utilizan a táctica de deixarse eliminar na copa principal co fin de asegurarse un premio en metálico máis accesible nunha copa secundaria ou terciaria de inferior rango. As copas menores deben ser vistas como unha boa alternativa para quen cae eliminado, pero sempre será preferible loitar por permanecer na competición principal.

Isto lograrase de dúas maneiras: mediante recompensas económicas (premio en metálico e afluencia de público) e mediante os efectos sobre o espírito do equipo.

Premio en metálico e Afluencia de público

Como xa anunciamos, o premio en metálico incrementarase substancialmente na Copa, así como na Liga, a partir da vindeira tempada. Como parte do redeseño da Copa, tamén asignaremos premios en metálico para as primeiras roldas da Copa. Isto fai que o incentivo por progresar sexa máis claro. A recompensa por chegar lonxe na copa nacional principal será moito maior do que ata agora. Para as Copas satélite, o premio en metálico será notablemente inferior, pero o suficientemente atractivo como para querer seguir na Copa, no canto de só xogar amigables. A afluencia de público será a mesma que ata agora nas copas principais, e similar a dos amigables internacionais nas menores. Revisa a lista completa de premios en metálico no
Manual.

Efectos sobre o Espírito do Equipo

So os encontros de Copa nas Copas Nacional e Divisional Principais terán un efecto sobre o espírito do teu equipo. Ao xogares en calquera das copas menores, o espírito do equipo terá o mesmo efecto que nos amigables, que é o mesmo que dicir que non poderás xestionar a Actitude do equipo seleccionando “Xogar Relaxados” ou “Encontro da Tempada”.
 
Server 070