Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-4-2015 Editorial: Folla de ruta do Hattrick

A prioridade da nova folla de ruta para o desenvolvemento do Hattrick van ser os cambios no motor do xogo. Dous dos nosos principais obxectivos van ser conseguir tácticas máis compensadas e menos resultados extremos. Ademais diso, temos previsto unha morea de novas funcionalidades para as aplicacións móbiles, como por exemplo a degoirada función para poder manexar as conferencias dende o móbil. Por último, estamos a traballar nun novo formato de torneo exclusivo para os nosos Supporters.
As dúas prioridades do noso desenvolvemento máis recente foron mellorar o acceso ó xogo e a estructura competitiva do mesmo, para asegurar que o Hattrick sexa un xogo onde cada encontro e cada decisión teñan peso. Aínda que isto vai seguir estando dentro dos nosos obxectivos, a partir de agora imos ter unha nova prioridade para o desenvolvemento: imos centrarnos en mellorar o motor do xogo.

Melloras no motor do xogo

1. Tácticas máis equilibradas. Ningunha táctica debe ser tan poderosa como para que se convirta na elección por defecto. Hoxe en día, hai algúns exemplos disto. O máis común é o poder do ataque por bandas con relación ó poder do ataque central. Imos facer unha serie de cambios, algúns pequenos, outros máis grandes, que van abrir o abanico de posibilidades para que os equipos se poidan expresar a través das tácticas e do adestramento. Darémosvos máis detalles antes do comezo da próxima temporada.

2. Resultados máis realistas. O Hattrick é no fondo un xogo de probabilidades, unha partida de cartas na que podes mellorar as túas probabilidades de gañar cada man, pero onde a sorte sempre terá o seu papel. Isto é clave para que o xogo sexa divertido é interesante. “Calquera pode gañar un partido, pero o mellor equipo sempre acaba por gañar a liga”. Aínda así, co tempo, temos a impresión de que ó ir mellorando as habilidades dos equipos, a simulación foi indo a peor. Hoxe en día é máis común que digamos fai 10 anos o ter un resultado “demasiado aleatorio” ou simplemente “un EJEA”. A razón disto non son os cambios no motor do xogo, senón o xeito no que a contorna do xogo evoluíu. A idade media dos equipos do Hattrick foi subindo, e a medida que os equipos se fan maiores, tamén se fan máis potentes, o que se traduce en máis e máis equipos con cualificacións moi altas. Isto non produce en si mesmo máis aleatoriedade, pero si cambia a dinámica dos encontros e semella provocar resultados máis extremos. Queremos reverter esta tendencia e comezar a achegarnos cara a resultados máis predicibles —e tamén cremos que máis divertidos. Isto é un camiño moi meditado que iremos andando paseniño ó longo das próximas tempadas.

3. Máis transparencia.Nos últimos anos, tentamos “demitificar” o xogo en áreas onde o misterio xa non tiña moito xeito. A outra cara da moeda foi que tamén tentamos explicar ou incluso encamiñar ós usuarios na dirección correcta por medio de titoriais, aconsellando aliñacións a novatos, ou mesmo co novo sistema de apadriñamento. Imos seguir nesta dirección. Un exemplo disto vai ser que imos empezar a amosar todos os eventos de cada partido (xa que hoxe en día algúns eventos de gol fallados non aparecen non reportes).

Apps para os Smartphones

As apps para móbil tiveron moi boa acollida entre os usuarios. Estamos a ver incrementar o noso tráfico móbil cada semana, e estamos a ter un sorprendente número de inscripcións a través das apps. Semella que moitos están a atopar o Hattrick simplemente porque as apps están por aí. Unhas cantas cousiñas sobre as apps oficiais:

1. Imos engadir funcionalidades sociais, que che permitirán acceder ós teus HT-mails e consultar e escribir nas conferencias dende o móbil.
2. Imos engadir máis notificacións automáticas: poxas polos teus xogadores, xogadores nos que che sobrepoxen, avisos se aínda non colliches amigable, e recordatorios (isto último só se eres Supporter).
3. Soporte para outras funcións de Supporter.
4. Estamos a mellorar o soporte para o equipo de xuvenís, para que sexa posible comezar a túa academia así como procurar e unirse a ligas por medio da app.
5. Por último, imos introducir os encontros instantáneos no móbil, facendo posible crealos ou aceptar invitacións sobre a marcha.

Evento de pretemporada para Supporters

O novo sistema de copa foi un éxito total. Podemos ver que incrementou a probabilidade de que os usuarios estean activos no xogo ó longo da temporada. Estamos a traballar nalgo totalmente novo nesta liña, e nesta ocasión vai ser un torneo exclusivo de pretemporada para todos os nosos Supporters. Isto será unha experiencia nova en moitos xeitos—será máis intensa que as copas normais, completamente internacional, e ofrecerá moitas sorpresas para todos os participantes ó longo do torneo. O torneo por suposto non dará ós Supporters ningunha vantaxe no xogo "normal", pero agardamos que sexa unha boa experiencia.

Melloras na conectividade

Estamos a traballar en mellorar a comunicación entre os usuarios da páxina. Cremos que algúns aspectos da páxina teñen que actualizarse, e un deles é a conectividade. Queremos que sexa máis doado atopar ós teus amigos cando están en liña, e que sexa máis fácil a comunicación en xeral, e queremos ter preparadas algunhas funcionalidades novas ó longo deste ano —como moi pronto en outono.

Novas follas de ruta no futuro

Dende que recompramos o Hattrick no outono de 2013, temos reducido o número de desenvolvedores, pero ó mesmo tempo temos conseguido sermos máis productivos. Estamos a desenvolver moitas máis novas funcionalidades do que tiñamos feito en moito tempo, e a razón disto é que agora estamos moito máis centrados en facer as cousas que nos parecen importantes, tanto para os usuarios como para o negocio.

Cremos que isto é boa cousa, pero unha das consecuencias é que agora pasamos menos tempo nas conferencias. Isto significa menos oportunidades para discutir sobre o que estamos a traballar, e tamén menos tempo para facer treboadas de ideas cos usuarios. Aínda seguimos as conferencias e aprendemos moito nelas sobre o que o xogo precisa, pero pensamos que a longo prazo, facemos mellor servizo falando menos sobre novas funcionalidades e facendo máis para levalas a cabo.

Por outra banda sentímonos agora con máis confianza sobre o que pode ser levado a cabo, e o que pode facerse a tempo. Isto tamén significa que estamos mais cómodos compartindo os nosos plans contigo. Polo que dende agora, queremos manterte na onda e presentarche unha nova folla de ruta ó comezo de cada temporada.

Estas editoriais serán o mellor xeito de saber para onde vai o Hattrick. Será onde anunciaremos oficialmente novas funcionalidades nas que esteamos a traballar e onde falaremos dos nosos plans de futuro para o motor do xogo. Cando falemos dunha nova funcionalidade, a nosa prioridade absoluta será rematala. Cando anunciemos una nova folla de ruta, estaremos polas conferencias para falar dela, pero non agardedes novas concretas sobre o desenvolvemento entre medias, porque estaremos ocupados traballando niso.

Isto é todo por agora. Esperamos impacientes o próximo ano de desenvolvementos no Hattrick! E sabías que o Hattrick cumple 18 aniños en Agosto? Graciñas polo teu tempo e por estares aquí no Hattrick connosco.
 
Server 070