Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-23-2015 Editorial: Sobre o novo motor do xogo (actualizado a 11 de Xullo)

Na nosa folla de ruta de fai un mes anunciamos cambios para o motor de xogo. Aquí tendes máis detalles sobre os nosos plans para acadar un Hattrick máis equilibrado e que permita un meirande abanico táctico.
Temos fixado tres obxectivos principais para o noso traballo actual co motor do xogo. Queremos acadar tácticas máis equilibradas, asegurando que os usuarios poidan empregar un máis amplo abanico de tácticas e formacións e, á súa vez, seguir sendo competitivo. Queremos, tamén, conseguir resultados máis realistas nos encontros, o que ven sendo menos encontros con resultados moi improbables. E queremos incrementar aínda máis a transparencia do xogo, dándolle ós usuarios mellor información, e sobre todo mellores ferramentas para tomar boas decisións cos seus equipos. Todo isto querémolo acadar facendo os seguintes cambios:

Mecánica de "botarse atrás" mellorada


A mecánica de "botarse atrás" ten o propósito de manter o encontro disputado aínda nos casos onde un dos equipos estea a asoballar ó outro. Pero, por outra banda, esta mecánica tamén ten algún defecto, de feito é algo impredecible, e ás veces cando acontece é un castigo demasiado forte. O "botarse atrás" é o único evento do Hattrick que está totalmente fóra do control do mánager, e aínda que ás veces sexa un pouco frustrante, ter esta dinámica tamén fai que o xogo sexa un chisco máis realista (xa que, como todos sabedes, a psicoloxía dun equipo ó longo dun partido é unha parte moi importante e interesante dentro da análise futbolística). Polo tanto, temos decidido que imos reducir o impacto do "botarse atrás"—no canto de suprimilo—e, á súa vez, imos facelo un pouco máis intelixente e predicible.

A partir de agora, cando saia o "botarse atras", o teu ataque reducirase nun 15% (no lugar do 20%), engadindo un 10% extra á túa defensa (en vez dun 15%, como anteriormente).

O "botarse atrás" desaparecerá automaticamente cando o equipo afectado perda a súa vantaxe e o marcador volva ó empate. Nos partidos coa instrución "Encontro da Tempada", o "botarse atrás" non aparecerá baixo ningunha circunstancia, como tampouco o fará se o teu equipo está a xogar a final da Copa Nacional, da Copa do Mundo ou da Hattrick Masters.

Dinámicas do xogo

Á súa vez imos introducir unha mecánica aparte, á que chamaremos "dinámicas do xogo". Isto será unha adaptación gradual e non aleatoria no xogo do equipo, e estará afectada polo que está a acontecer no campo.

A primeira dinámica do xogo que imos engadir é similar o "botarse atrás" e, en esencia, reemplazará unha parte do efecto aleatorio que imos suprimir por un efecto máis determinista. Sempre que un equipo teña dous goles de diferenza, o equipo xogará automaticamente con máis precaución, perdendo un 6,25% do seu ataque a cambio dun aumento do 5% na súa defensa. Se a diferenza sobe a tres goles, dobrarase o efecto, se sobe a catro triplicarase e así sucesivamente. Por outra banda, cando se reduza a diferenza, a dinámica tamén reducirá o seu efecto na mesma proporción, e se a diferenza baixa de dous goles, anularase o efecto.

Estas "dinámicas do xogo" terán os mesmos límites que o evento "botarse atrás" actualizado, isto é, nunca aparecerán cando o equipo estea a xogar un "Encontro da Tempada", ou a final da Copa Nacional, da Copa do Mundo ou da Hattrick Masters.

Facer que os xogadores reaccionen ó contexto do xogo e unha idea nova no Hattrick, pero que imos seguir a desenvolver no futuro. Nesta primeira versión collemos algún dos efectos xa en uso do evento "botarse atrás" e empregámolos para crear unha dinámica do xogo determinada pola diferenza de goles no partido. Pero haiche outras moitas cousiñas que poderiamos engadir no futuro, como reaccións ós seareiros, ós cartóns, ós minutos para que remate o partido, e así. Este é só o noso primeiro paso e decidimos limitarnos a un territorio de sobra coñecido por nós como o de "botarse atrás", pero virán máis cambios no futuro unha vez que avaliemos estas primeiras modificacións.


Cambios nas aportacións dos xogadores

O maior cambio que imos facer vai ser nas aportacións dos xogadores, é dicir, que aporta un xogador cunha certa orde nunha certa posición ás cualificacións xerais do equipo. Ata o de agora, algunhas posicións e combinacións de habilidades estaban demasiado potenciadas con respecto a outras, o que imos tentar equilibrar. O cambio principal vai ser na redución dos ataques laterais a expensas do ataque central. En conxunto, imos reducir un chisco os ataques, o que cremos terá un bo efecto para o xogo en xeral. Temos visto que coas novas aportacións márcanse menos goles, pero tamén que, de media, máis partidos rematan co mellor equipo como gañador. Isto vai en liña co noso desexo de termos menos marcadores improbables.


EXTREMOS
O extremo ofensivo é unha orde moi poderosa hoxe en día, polo que é a orde individual máis usada para os extremos. Imos reducir o poder desta orde individual, facendo así viables outras opcións tácticas para os extremos.

Extremo (Normal)
A habilidade Pases incrementa no 16 % a súa aportación ó ataque central.
A habilidade Extremo reduce no 13 % a súa aportación ó ataque lateral.

Extremo (Defensivo)
A habilidade Extremo reduce no 20 % a súa aportación ó ataque lateral.

Extremo (Ofensivo)
A habilidade Xogadas reduce no 20 % a súa aportación ó medio.
A habilidade Defensa reduce no 20 % a súa aportación á defensa central.
A habilidade Extremo reduce no 14 % a súa aportación ó ataque lateral.

Extremo (cara ó Medio)
A habilidade Xogadas aumenta no 10 % a súa aportación ó mediocampo.
A habilidade Pases aumenta no 25 % a súa aportación ó ataque lateral.
A habilidade Extremo aumenta no 7 % a súa aportación ó ataque lateral.


DEFENSAS
Hoxe en día é un chisco difícil ter unha boa defensa lateral. Imos facelo un pouco máis doado. Tamén imos mellorar a aportación ó medio da defensa ofensivo, unha opción táctica en desuso hoxe en día.

Defensa Central (Normal)
Sen cambios

Defensa Central (Ofensivo)
A habilidade Xogadas aumenta no 21 % a súa aportación ó medio.

Defensa Central (Cara á banda)
A habilidade Defensa reduce no 9 % a súa aportación á defensa central.
A habilidade Defensa aumenta no 6 % a súa aportación á defensa lateral.

Lateral (Normal)
A habilidade Defensa reduce no 8 % a súa aportación á defensa central.


MEDIOCAMPISTAS
A partir de agora, todos os medios contribuirán ó ataque central tamén coa súa habilidade de anotación (menos o medio cara á banda).

Mediocampista (Normal)
A habilidade Pases aumenta no 5 % a súa aportación ó ataque central.
Nova aportación da habilidade Anotación ó ataque central, equivalente ó 21% do que aportación un dianteiro normal.

Mediocampista (Defensivo)
A habilidade Pases reduce no 20 % a súa aportación ós ataques central e laterais.
Nova aportación da habilidade Anotación ó ataque central, equivalente ó 12% do que aportación un dianteiro normal.

Mediocampista (Ofensivo)
A habilidade Pases aumenta no 5 % a súa aportación ó ataque central.
A habilidade Defensa reduce no 25 % a súa aportación á defensa central.
A habilidade Defensa reduce no 25 % a súa aportación á defensa lateral.
Nova aportación da habilidade Anotación ó ataque central, equivalente ó 31% do que aportación un dianteiro normal.

Mediocampista (Cara a banda)
A habilidade Pases aumenta no 6 % a súa aportación ó ataque central.


DIANTEIROS
Os dianteiros que xoguen normal contribuirán tamén ó medio. Os dianteiros normais posicionados na esquerda ou na dereita só contribuirán ó seu lado de ataque.

Dianteiro (Normal)
Nova aportación da habilidade Xogadas ó medio, equivalente ó 25% do que aportación un medio normal.

*Dianteiros normais en posicións non centrais
Contribución ó lado do ataque no que están posicionados aumenta nun 30%.
Contribución ó lado contrario do ataque eliminada.

Dianteiro (cara á banda)
Nova aportación da habilidade Xogadas ó medio, equivalente ó 15% do que aportación un medio normal.

Este será o maior cambio en 5 anos, e dado o seu tamaño , non estará activo ata a tempada 60 (a que comeza en outubro). Para a vindeira tempada (a 59), o novo motor empregarase só nos encontros de Torneos. Deste xeito, teremos máis datos para afinar os cambios antes de activalos nos encontros oficiais. Tamén queremos ter tempo para observar como os usuarios se van adaptando a estes cambios. Isto vai para todos os cambios no motor de xogo: "botarse atrás", dinámicas do xogo e aportacións.

Amosar todas as ocasións

Para facer máis fácil a análise postencontro, imos amosar as estatísticas de todas as ocasións reportadas e non reportadas ó final do encontro. Hoxe en día, algunhas oportunidades non se amosan —acontecen na simulación, pero o non convertirse non saen nos reportes. Estas ocasións agochadas seguirán sen aparecer nos reportes, pero ó final do partido poderás ver un reconto de todas elas e por que zona do ataque aconteceron, facendo así máis sinxela a análise.


Novo tipo de empregado: O Auxiliar Táctico

O sistema con adestrador ofensivo/defensivo/neutro estivo presente no Hattrick dende os nosos inicios, o que non significa que non se poida mellorar. Hoxe en día, case todo mánager que compite escolle o neutro, polo que agora mesmo esta escolla non da moito xogo. Ademais, ligar unha escolla táctica a unha elección tan custosa como a do adestrador deixa pouca marxe para facer cambios rápidos. Pola outra banda, a nosa experiencia cos equipos nacionais é que a posibilidade de escoller a actitude do adestrador antes de cada encontro dalle un plus de diversión ó xogo.

O que imos facer é complementar o adestrador cun novo empregado: o Auxiliar Táctico. Seguirá sendo posible ter un adestrador cunha determinada actitude, pero os equipos con Auxiliar Táctico terán tamén a opción de escoller as outras actitudes restantes. Ademais, o Auxiliar Táctico permitirá máis ordes individuais por equipo, unha máis por cada nivel.

O auxiliar táctico (e o novo motor do xogo) só estarán dispoñibles ó principio da tempada 60, a finais de outubro.
 
Server 071