Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-21-2006 Editorial: Cambios para a vindeira tempada

Chegou ese momento do ano outra vez: A hora dun par de trocos en Hattrick. Nesta editorial atoparás unha descrición detallada.
O importante proxecto de reforma levado a cabo ao longo das últimas tempadas chegou ao seu cumio no momento no que ledes estas liñas. Un significativo número de trocos nun dos elementos básicos de Hattrick culminan hoxe, no que foi unha ambiciosa empresa. Por sorte a confusión e as dúbidas sobre o sistema de ligas desapareceu, e Hattrick mellorou os cimentos preparándose para un meirande crecemento, facendo ao tempo un sistema de ligas máis interesante e motivante para os usuarios nas ligas máis baixas.

A vindeira tempada, no tocante aos traspasos, os equipos pagaranlle os soldos aos xogadores mercados dende o primeiro día no seu novo clube. O salario engadirase á previsión temporal de gastos para esa semana. Este troco terá lugar dende o 24-04-2006 ás 20:00:00 (Hora-HT).

O sistema de bancarrota, será reformado, por ser innecesariamente complexo. No canto de ter 5 conexións, o que teredes a partires de agora serán dúas semanas nas que arranxa-lo estado da economía, sen límite de conexións. O límite de cinco loggins queda eliminado.

Un pequeno troco relativo ás calificacións en estrelas dos xogadores: Un dianteiro cara á banda recibirá menos puntuación que ata o de agora. Isto significa que non se poderá comparar unha puntuación recibida na vindeira tempada coas puntuacións acadadas en tempadas anteriores.

Nun pequeno punto o motor dos encontros carecía de certo realismo: á hora de determina-lo xogador que acadaba un gol non se tomaban en consideración nin os xogadores reposicionados nin a habilidade de anotación dos xogadores. Dende hoxe a anotación, posición, forma, saúde e experiencia serán tidos en conta para decidir quen se convertirá nun gran goleador, engadindo máis realismo ao motor do xogo.

Para face-los informes dos encontros máis interesantes e variados, os vosos LAs, non contentos con traducir canto editorial sae*, traballaron moi duro ampliando o número de informes dispoñíbeis. Coidamos que apreciarede-lo resultado.
(*nota do LA)

Tamén introduciremos un novo formulario de aliñación en Flash para os encontros, que daravos acceso directo ás habilidades de cada xogador e a posibilidade de listar aos xogadores de acordo coas súas habilidades. O novo formulario permite face-la aliñación arrastrando co rato, e daravos unha ollada máis real da formación escollida. Tódalas aliñacións válidas e algunhas especiais pódense facer dende aí; sen embargo, para formacións moi especiais necesitaredes emprega-lo vello formulario, que permanecerá dispoñíbel. Podedes escoller o formulario que vos aparecerá predefinido na sección de preferencias (O Meu Hattrick -> Preferencias -> Outras preferencias).

En conxunto, estes trocos representan unha mestura de trocos nas regras e novas posibilidades. Durante esta tempada traballamos moi duro na reforma ligueira e mellorando a estabilidade de Hattrick, e estamos moi contentos por podervos presentar tamén estas novidades e melloras.

Feliz Hattrickeo e a mellor das sortes na vindeira sesión!
 
Server 070