Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

2-20-2017 Editorial: Folla de ruta primaveral: Aliñación, adestramento e moito máis

Énchenos o peito lanzar a primeira fase de desenvolvemento do ano! Temos algunhas cousas fantásticas planeadas para a primavera e mailo principio do verán. Estamos a ver certa tendencia de crecemento no Hattrick como xogo e a iso engadimos o noso 20º aniversario, que será en agosto.
Nesta nova folla de ruta o noso foco estará posto no redeseño de dúas das páxinas mais importantes do noso xogo: a páxina de Aliñación e a de Adestramento. Tal como fixemos coa actualización das Academias en decembro, imos procurar unha maior interacción dos usuarios ó mesmo tempo que engadimos melloras efectivas na funcionalidade. Queremos que estas páxinas teñan un funcionamento máis dinámico, similar ó das páxinas HT-Live e O'laboratorio, e que teñas toda a información ó teu alcance cando entres nelas.

Hai certas funcións que merecen unha mención especial:

* Na nova páxina de Aliñación, imos aumentar o número de suplentes ata 7, e o sistema de substitucións será agora máis flexíbel, introducindo por exemplo a posibilidade de substituir laterais suplentes. As substitucións por lesión serán máis flexíbeis e podrán ser preprogramadas dun xeito semellante a como xa se viña facendo cos outros tipos de substitucións.

* Introduciremos unha nova opción táctica: o "Marcaxe ó home". A partir de agora, poderás facer que un dos teus xogadores marque a un dos xogadores do equipo rival, e de facelo con éxito, reducir o seu impacto no encontro. O uso da marcaxe ó home dependerá do rendemento do xogador que fai a marcaxe, tanto para ben como para mal.

* Levaremos a cabo unha revisión das Especialidades no xogo —polo que haberá algúns cambios en canto ó funcionamento das mesmas. Explicaremos máis disto antes do fin desta tempada para dar así tempo a prepararse a todo o mundo, xa que os cambios serán efectivos para dentro de dúas tempadas.

Tamén teremos en conta o motor do xogo á hora de traballar, estabelecendo tres prioridades:

* Analizaremos a distribución dos eventos nos partidos xogados e a retocaremos para evitar que se acumulen ó final dos periodos como acontece a miúdo. Ó longo dos anos temos engadido moitos eventos novos, polo que o motor precisa dunha mellor xestión para que o encontro transcorra dun xeito máis fluído.

* Reducir valores atípicos. Isto implicará reducir a cantidade de resultados "extremos" no xogo, aqueles onde o mellor equipo non só perde, senón que perde por unha marxe moi ampla. Pensa que partidos así xa son raros de seu, pero queremos que o número deste tipo de partidos sexa menor.

* Probabilidades de ser o anotador. A simulación terá máis en conta o lado por onde se ataca e as habilidades do anotador á hora de decidir que xogador é o que marca gol.

Ademáis disto, melloraremos o sistema de Parolas. Engadiremos parolas para cada liga do xogo, así como nas federacións. A Parola da Liga estará conectada co Visor do Estadio desa liga, e a Parola da Federación estará ligada a calquer torneo que leve a cabo esa federación. A parola desta tamén estará ligada ó foro para un mellor acceso.

Polo que respecta ós CHPPs, os programadores terán á súa disposición a partir de agora o Supporter de balde para facer probas; algo que, agardemos, mellore a súa experiencia. Tamén recompensaremos ós mellores programadores CHPP co Supporter de balde para os seus equipos. En caso de precisar máis información sobre o explicado aquí enriba, podes acudir ás conferencias dos CHPPs.

Finalmente, continuaremos engadindo novos eventos ó Visor do Estadio, tanto os que tiñamos xa anunciados como algúns outros completamente novos.

O que pretendemos é nutrir ó Visor con eventos mellor adaptados ó seu contexto, xa que terán efecto a partir de información que normalmente non é considerada nos reportes, como pode ser o resultado doutro partido que se esté a xogar.

Isto é todo pola nosa parte. Pasádeo ben!

O equipo de HT
 
Server 071