Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-27-2017 Editorial: Hattrick International: 2ª Tempada

Xa pasamos o ecuador da primeira tempada da Hattrick International, pero aínda é cedo para coñecer ó primeiro campión!

Como anticipo do 20º aniversario do Hattrick, queremos anunciar que todos os Supporters recibirán un Tícket Dourado que lles dará acceso a unha tempada de balde na Hattrick International. Se aínda non estás, esta é a túa!
O obxectivo da Hattrick International era darlle a todos os hattriqueiros a oportunidade de empezar de novo dende cero nunha liga onde todos os equipos estivesen na mesma situación. Xa coa primeira tempada avanzada, podo dicir que está a ser unha competición ben interesante, onde cada encontro conta e as escollas estratéxicas sonche moi importantes de cara a temporadas vindeiras. Vai ser que estamos a pasalo ben.

Agora mesmo, 4.500 equipos loitan por salir da lama da VI división da Hattrick International, e menos da metade conseguirán promocionar a V. Pero aínda lles queda un bo treito para chegar a primeira e queremos asegurarnos que a cousa siga quente, e para iso, que novos competidores cheguen a subir o nivel aínda máis.

Como celebración do noso 20º aniversario, imos dar Tíckets Dourados a todos os nosos Supporters (incluíndo ós Silver e os Gold, que aínda non tiveran a opción de ter un equipo adicional), para probar de balde unha tempada da Hattrick International.

Así vai funcionar:

* Todo o que sexa Supporter o 11 de Abril, recibirá un Tícket Dourado, sexa cal sexa o seu tipo de Supporter.

* O Tícket Dourado darache dereito a unha tempada de balde na Hattrick International. Se xa estás na International, engadirache unha tempada adicional na túa subscripción.

* Iremos repartindo os Tickets Dourados ó longo de dúas tempadas para aminorar o impacto nas ligas e no mercado de fichaxes.

* A data de comezo virá determinada pola túa antigüedade como Supporter. Para isto, teremos en conta cantos días de Supporter mercaches para ti mesmo ó longo da túa vida hattriqueira. Os Supporters máis veteranos entrarán primeiro.

* O teu Tícket Dourado indicarache o día a partir do que poderás activar o teu novo equipo. Para a quenda da 2ª tempada, será o 24 de Abril. Para a quenda da 3ª tempada, haberá que esperar a mediados de Agosto.

* Cando actives o Tícket Dourado, deberás ter tempo de Supporter de abondo para rematar a tempada que vaia comezar (como xa funciona cos Platinum). Se non tes Supporter dabondo, poderás comprar máis ou gardar o Tícket Dourado ata máximo 2 anos.

* O Tícket Dourado ten que ser activado antes do venres ó mediodía anterior ó comezo da nova tempada. Se non activas a tempo para a 2ª tempada, terás xa que esperar á 3ª.

* Crearemos unha nova división para enchela cos novos equipos. Algúns dos novos irán á VI xa existente, e o resto a VII, por orden de rexistro (así que espabila o 24 de Abril!).

* As reglas de ascensos e descensos non cambiarán, polo que ningún equipo baixará de VI. Os únicos que cambiarán de división serán os que ascendan.

Con isto, queremos darvos a probar un chisco da Hattrick International, porque creemos que é moi molona, pero tamén darlle máis competitividade con novas incorporacións. E por último, queremos celebrar o noso próximo aniversario cos nosos Supporters, que son os que fixeron que chegaramos a cumplir 20 anos.

E aínda quedan máis sorpresas por chegar, e non só pros Supporters, querémovos moitísimo a todos vós!

Unha aclaración ó tema da veteranía no Supporter. Tiñamos que atopar un xeito de separar os Tíckets Dourados en dous lotes, e non queríamos facelo dun xeito que puidese ser manipulado. Polo tanto, decidimos mirar os días de Supporter que cada usuario comprou para si mesmo—ou o tempo de traballo como voluntario—e usalo como medida.

Éche unha cousa tola, pero para estares no primeiro grupo, estimamos que hai que ter un mínimo de 8 anos de Supporter acumulado. Iso di moito sobre o moito que molan os Supporters do Hattrick (e sobre a lonxevidade do noso xogo).

Graciñas, meus!
 
Server 070