Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-31-2017 Editorial: A marcaxe ó home, no Hattrick

Márcao ata cando vaia ó cuarto de baño! Hoxe lanzamos unha nova folla na túa navalla hattriqueira, a marcaxe ó home. De momento, ímola lanzar só nos encontros de Torneo. Esperemos tela xa en todos os partidos máis adiante nesta tempada, ou a principios da seguinte ó máis tardar.
A marcaxe ó home ven ser unha nova opción táctica do Hattrick. Poderás instruír a un dos teus homes para seguir durante todo ó partido ó xogador clave rival, e así tentar anulalo. A marcaxe ó home tamén tenche os seus riscos, así que vai con ollo—pero aínda así, co xogador axeitado e no momento correcto, pode ser o xeito de equilibrar as túas posibilidades nun encontro.

Como funciona?

Poderás instruír a un dos teus xogadores para que cubra a un xogador determinado do outro equipo. Se a orden actívase, o teu xogador contribuirá sensiblemente menos ó teu equipo do que o faría normalmente. Pero o xogador obxecto da marcaxe tamén descenderá así mesmo o seu rendemento—dependendo da efectividade do teu marcador. O truco é atopar situacións onde o marcaxe ó home valga a pena, e evitar as que non.

Quen pode marcar, e cando?

Só os defensas centrais, defensas laterais e mediocentros poderán ter unha orde de marcaxe ó home. E só activarase se o xogador obxectivo xoga de dianteiro, mediocentro ou extremo no equipo contrario.

Só poderás dar unha orde de marcaxe ó home por encontro. Se ó xogador obxectivo non está no campo, ou está nunha posición "non marcable", a orde cancélase, e o teu xogador xogará como se non existise esa orde, e sen ningunha penalización. Aínda así a orde poderá activarse máis adiante, se o teu obxectivo entra como substituto no encontro ou cambia a unha posición "marcable".


Efectos da marcaxe ó home

No marcador: o marcador reducirá xa de principio á metade a aportación das súas habilidades ás cualificacións do equipo. Esta perda é inmediata, e activarase tan pronto como se active a marcaxe. O teu equipo tamén perderá toda a aportación do marcador ó nivel de táctica (por exemplo, ó nivel de CA).

No xogador marcado: O xogador marcado terá unha penalización, e esta dependerá da capacidade de marcaxe do seu marcador.

A habilidade clave para o marcador é a defensa. A súa habilidade de defensa confrontarase coa habilidade máis alta (sen contar balón parado) do xogador marcado. A clave é a relación entre as dúas. Se a defensa do teu marcador é baixa comparada coa maior habilidade do xogador a marcar, o efecto serache baixo. Pero se é parella ou maior, a efectividade incrementarase dun xeito apreciable. Por exemplo, se un defensa destacado (nivel 10) marca a un xogadas titánico (nivel 15), este último perderá un cuarto da súa aportación. Pero por outra banda, se o marcador é un caralludo defensa, o xogadas titánico verá a súa aportación reducida en dous terzos.

Se o marcador é así mesmo o lanzador de balón parado, a súa eficacia como marcador será un pouco máis baixa.

Haiche tamén algunhas bonificacións e penalizacións por especialidades. Os xogadores potentes e os xogadores sen especialidade perderán un chisco menos da súa contribución ó marcaren a xogadores con outras especialidades. Aínda así, este efecto será maior para os potentes que para os xogadores sen especialidade.

Pola contra, os xogadores técnicos serán máis vulnerables ó marcaxe ó home que os demais (perderán un chisco máis da súa aportación), e os imprevisibles serán menos vulnerables (perderán menos que calquera outro xogador).

Todos os efectos implicados na marcaxe o home afectan a todas as habilidades—coa excepción de balón parado—, e á súa contribución ás cualificacións.

Penalización por distancia

A posición do marcador no campo con respecto ó seu obxectivo tamén ten o seu efecto.

Un lateral considérase veciño a calquera extremo rival, aínda que este extremo estea a xogar na banda oposta.
Un defensa central considérase veciño a calquera dianteiro rival.
Un mediocentro considérase veciño a calquera mediocentro rival.

En calquera outra situación, o teu xogador recibirá unha penalización adicional por distancia, que afectará á súa contribución ás cualificacións do equipo.
 
Server 071