Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

A nova app móbil do Hattrick


2018-09-26 12:07:00

Hoxe imos lanzar a nosa nova app para Android e ioS. Rescribimos todo dende cero, tentando replicar a navegación da versión de escritorio. Tamén a fixemos máis rápida, máis estable e engadímoslle unha morea de funcionalidades.

A nova app foi a nosa tarefa principal nos últimos seis meses, por iso é que andamos un pouco calados os últimos meses.

O uso do Hattrick no móbil está subindo constantemente—ata temos un grupo de usuarios que só ten xogado pola app. É por iso que quixemos mellorar a experiencia coa app, e tamén integrala mellor coa versión de escritorio. Se xogas no móbil, deberías recoñecer o xogo no escritorio, e viceversa. A partir de agora, ambas empregarán o mesmo framework e a mesma lóxica de navegación. As habilidades e as cualificacións serán tamén as mesmas. E o máis importante, as novas funcionalidades da versión de escritorio chegarán moito antes á app.

Entón, qué é o que cambiou?

Primeiro, a navegación. Agora hai un menú á esquerda igual co da versión de escritorio. De aí poderás accede a todas as partes da app, así como ós teus segundos equipos, se é que os tes. Isto substitúe o menú de arriba da app vella, aínda que o menú de abaixo segue a funcionar.

Cambiamos as iconas das app por iconas novas. para darlle un toque máis molón. Pode ser que acabemos empregando estas iconas tamén para a versión de escritorio—ou pode ser que non. Imos empregar as novas cualificacións circulares dos xogadores—substituíndo ás estreliñas. Estes son só dous exemplos dunha morea de cousas que fixemos máis consistentes entre o escritorio e a app—e tamén arranxamos unha morea de bugs!

Lista de cousas que xa están dispoñibles na app

* Poderás cambiar o adestrador na app.
* Poderás acceder ós reportes individuais dos xuvenís
* Os xuvenís poden ser ordenados por días ata a súa promoción, e os do primeiro equipo por categoría.
* Se inclinas o teu móbil, a páxina da liga amosará unha táboa máis detallada. A páxina da liga amosará agora a opción de "Engadir todos ó Live".
* Melloras na busca de fichaxes. Será máis fácil refinar unha busca. Idade dos xogadores contando días incluída nos resultados da transferencia. Os resultados ampliados inclúen tamén especialidade e idade.
* É posible ver máis detalles do xogador na busca de fichaxes e volver para atrás ó mesmo sitio exacto.
* Nas conferencias, poderás crear novos fíos, ignoralos, favoritealos ou marcalos como lidos. Engadimos a opción "responder a todos".
* Engadimos un atallo para copiar o ID dos xogadores, mánagers, ligas, etc.
* Notas dos xogadores dispoñibles.
* Limpar notificacións cun arrastre.
* Crear recordatorios para Supporter.
* Partidos anteriores engadidos na páxina de xogador.
* Atallos a páxinas favoritas para Supporters.

...e aínda nos quedan cousiñas por engadir á app, polo que esperamos facer outro lanzamento nun mes ou dous.

Que a gocedes!

HT-Johan
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 081