Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Folla de ruta de Hattrick: outono do 2018


2018-10-01 12:00:00

En setembro cumprimos 6 meses de traballo coa nova aplicación para o móbil e comezamos a organizar os seguintes pasos.

A nova aplicación para o móbil está a ocupar a maior parte do noso tempo de traballo deste ano. É un proxecto de moitas horas de choio, pero estamos seguros de que merecerá a pena esta inversión nun futuro próximo. Por iso estamos moi contentos de poder dicir que xa está lista e que temos aínda máis proxectos preparados.

De seguido verás unha lista dos que se realizarán de aquí a novembro:

* Aumentar a probabilidade de que haxa tempo engadido e eventos durante el
* Mellora nos correos de HT
* Mellora da bolsa de amigables
* Academias de xuvenís: aumentarán a 18 xogadores, eliminaranse as tarxetas e suspensións, crearase un historial das ligas, etc.
* Melloras na lista de transferencias
* Créanse os Campos de Adestramento, un sistema para intercambiar adestramento por subidas na lealdade, experiencia en formacións ou na recuperación de unha lesión (só un de cada por tempada)

Ademais, faremos unha votación para que os Supporter Platino elixan unha nova función adicional no seu paquete!

E novas sorpresas para despois de novembro:

Un novo sistema para o ránking dos equipos en Hattrick, que non só terá en conta a súa posición en liga, senón tamén o nivel dos seus xogadores e o seu progreso como mánager. Para este proxecto contaremos co especialista en estadística Matteo Dimai (LA-Artod).

En segundo lugar, falaremos sobre o funcionamento do noso sistema de comunicación cos usuarios. Moitos usuarios desexan que haxa máis información do progreso dos nosos proxectos, os cales actualmente se basean en ciclos de tres meses nos que inicialmente trazamos un plan e logo traballamos evitando distraccións ata completar os nosos obxectivos iniciais. O primeiro paso sería organizar mellor toda esta información, que xa publicamo—OmeuHattrick, Editoriais, InfosDoSistema, notas, posts nos foros, blogs de desenvolvemento, redes sociais etc—, buscando un novo sistema no que os puntos máis importantes cheguen de maneira rápida e clara a todos os usuarios, sen ter que ser estes os que anden a buscala coma tolos pola rede. Vendo isto, cremos na necesidade dun sistema que una a nosa actividade informativa nos foros coas persoas que non os visitan.

Finalmente, traballaremos no redeseño completo do apartado visual do xogo, tanto na web coma na aplicación. Xa durante este ano fixemos unha competición de deseños que nos deu moi boas ideas sobre o que será o novo Hattrick. Malia que ningunha foi implementada polo de agora, si que influíron xa na aplicación creada este ano, sobre todo na forma na que organizar e estruturar a información. Así, retomaremos o traballo neste ámbito en breve.

Graciñas pola atención e vémonos en novembro!

HT-Johan
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 081