Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-6-2006 Editorial: Dinos o que pensas!

Chegou o momento de preguntarvos a todos a vosa opinión sobre o xogo, a web, a navegabilidade, o equipo de voluntarios e o equipo de HTs... ben, basicamente a vosa opinión sobre todo excepto o tempo.
A enquisa recibe o nome de Censo de Hattrick 2006 e poderás atopa-la ligazón no menú, en O Meu Hattrick -> Enquisas. Aqueles de vós que xa levedes algo de tempo aquí lembraredes que tivemos enquisas semellantes no pasado, pero xa facía tempo da última. E de calqueira xeito, pasaron moitas cousas dente entón. O motivo principal da enquisa é o de coñece-la vosa opinión sobre Hattrick, como xogades, como empregades as posibilidades de comunidade e cómo pensades que facemo-lo noso traballo. Como en calqueira destas enquisas, é complicado o extenderse en detalles (agardamos centos de milleiros de respostas, pero é moi valioso para nós saber cómo vos sentides co xogo) pero seica poidamos aproximarnos ás vosas opinións e coñecer tamén a diferenza de sensación entre os países ou os nivéis das ligas, ou en función do tempo que levades no xogo.

Cando desenvolvemos Hattrick basamos as nosas decisións en moitas cousas. A nosa propia visión do xogo é moi importante. Pero a comunidade ten unha influenza grande tamén. Axudádesnos a atopar problemas, e aportades ideas para as solucións e novidades. Moitas destas discusións teñen lugar nos foros onde, ao final do día, só unha minoría de usuarios pasa algo de tempo e inda menos escribe neles. Por iso esta enquisa será unha ferramenta importante para coñecer cales son os asuntos que preocupan á meirande parte dos usuarios.

A enormidade de Hattrick resérvanos algunhas sorpresas agradables ás veces. Cando preparabamo-la nosa enquisa decatámonos de que unha enquisa comercial con esta cantidade de usuarios respondendo ás mesmas cuestións se convertiría na meirande levada a cabo no mundo!

Polo tanto, decidimos engadir unha pequena segunda enquisa, que chamamos de Valoración Global de Fútbol. Será a nosa tentativa de levar a cabo a meirande enquisa de mercado sobre temas de interés xeral e o asunto, por suposto, será a vindeira Copa do Mundo en Alemania. Recopilaremos os resultados e os enviaremos aos medios de comunicación como a opinión dos afeccionados ao fútbol de todo o mundo sobre tal espectáculo.

Ambas enquisas son importantes para nós, pero de calqueira xeito as separamos na sección de Enquisas para que decidades por vós mesmos se queredes cubrir as dúas. Se o facedes, entraredes no sorteo dalgunhas cousas de Hattrick, os 250 gañadores deste sorteo publicaranse o 1º de Xullo. Os resultados da Valoración Global do Fútbol amosaranse a primeiros de Xuño. Os resultados do Censo de Hattrick serán valorados nunha opinión ao remate do verán.

Estamos francamente interesados en escoita-la vosa opinión sobre Hattrick, e iso axudaranos a mellora-lo xogo, así que non deixedes de completa-las enquisas! Grazas!



 
Server 071