Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Informe da Folla de Ruta: Inverno 2019


2019-02-11 11:51:00

Dende o outubro pasado, o noso obxectivo foi ir engadindo novas funcionalidades cada pouco. A reposta é boa, xa que as nosas estatísticas de usuarios amosan sinais de que a comunidade os aproba. Imos facer revisión das nosas promesas e dar un pequeno avance do que nos agarda en 2019.

Cando sacamos a nosa última folla de ruta en outubro xusto acabáramos un proxecto xigante—a nova app para smartphones. Esta app foi moi ben recibida, pero tamén significou estar moitos meses sen desenvolver a nosa web—o núcleo do xogo. É por isto que decidimos implementar unha serie de pequenas melloras que se puideran completar en unha ou dúas semanas cada unha.

Imos revisar o que prometéramos, e o que finalmente dimos feito:

* Correos-HT en fíos.
* Melloras na bolsa de amigables.
* Actualización da Academia de Xuvenís.
* Aumento das probabilidades de un evento durante o desconto.
* Melloras na lista da compra e na páxina de traspasos.
* Estimación de adestramento para xuvenís (funcionalidade para Supporters, votada polos Platinum)

Aínda por riba disto, engadimos cinco novas ligas ó universo hattriqueiro, lanzamos unha nova páxina do Historial de Rendemento, con máis datos, creamos as Pachangas Instantáneas, lanzamos máis estatísticas e engadimos os uniformes para o equipo de xuvenís (tamén só para Supporters). Tamén fixemos cambios nos deseños das cualificacións e as habilidades dos xogadores, que causaron algo de barullo—aínda que a cousa tranquilizouse cando dimos a opción de mantelas ó vello estilo.

Como xa mencionamos no editorial anterior, imos continuar a avanzar cara un novo deseño do Hattrick—pero ímolo facer pasiño a pasiño. Non queremos rediseñar nada por que si, senón que temos que ter espazo para ir facendo que as cousas vaian cadrando. A próxima páxina na que imos traballar vai ser a do Live—que xa está a ser probada no Stage—e continuaremos coa páxina post-partido.

Os Campos de Adestramento non foron implementados, xa que non atopamos unha especificación que realmente aportara ó xogo, e sentimos que agora mesmo había cousas mellores nas que traballar.

O novo ránking do que falamos en outubro está aínda a ser desenvolvido—teredes novas proximamente, cando poidamos amosarvos algo.

Entón, que podemos esperar para o 2019?

Dende que en outubro comezamos o ciclo de lanzamentos bisemanais, notamos que nas nosas estatísticas, a baixada de usuarios foi a menor en moitos anos. Isto danos folgos! Tamén é verdade que sempre temos novos xogadores a entrar no Hattrick—tivemos recentemente moi boa publicidade en Israel e Portugal que trouxo unha morea de novos xogadores—pero reter ós usuarios existentes foi sempre a nosa prioridade. Se mantemos esta tendencia, pode ser que no 2019 poidamos ver ó Hattrick crecer de novo, o que sería caralludo. Unha das cousas na lista para o 2019 vai ser unha mirada dende cero á estratexia de márketing en xeral, e ós growth hacks—estrataxemas para manter e atraer usuarios—en particular.


A nosa próxima reunión de desenvolvemento será en Marzo, e aí poderemos empezar a mirar de novo a proxectos máis grandes. Temos na lista a implementación do sistema de ranking, e a mellora das Seleccións Nacionais e todo o relacionado con elas, para facelo máis accesible ós usuarios. Pero aínda é pronto para dar detalles disto.

Ata entón, esperade un mes de lanzamentos a cotío, así como un lanzamento máis grande cando saia o Live.

Vémonos nos bares!


HT-Johan
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 080