Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Nova Páxina de Encontros e folla de ruta para este verán


2019-05-07 14:17:00

Hoxe presentámosvos unha gran actualización na páxina do reporte post-partido, ademais de algúns cambios pequenos no visor de encontros. Podes contar xa con que as melloras son notables, terás moita información á túa disposición, así como unha actualización no deseño. Tamén aproveitamos para darvos a coñecer a folla de ruta deste verán.

Despois dun outono e inverno nos que tratamos de renovar e pulir detalles case cada semana, o ritmo de novidades públicas baixou, aínda que estivemos traballando na sombriña todo este tempo.

A páxina do informe do encontro é unha páxina clave en Hattrick que non sufriu apenas cambios en dúas décadas. Así como o ano pasado traballamos para modernizar outras páxinas, coma a de Aliñación, a dos Xogadores ou a de Transferencias, sentimos que era hora de darlle un pouco de amor á do informe do encontro.

O primeiro do que te decatarás cando entres á nova páxina de informe vai ser que o deseño vai na mesma onda que o do novo visor de encontros. Se tes seguido algún partido en directo, non ten moito sentido que as cualificacións dos xogadores a as cualificacións nos distintos sectores se presenten de xeito totalmente distinto ó rematar o encontro.

Ó rematar o encontro, verás sobreposto o resumo do encontro, é ó clicares nel, atoparás o campo de xogo coas cualificacións do equipo e dos xogadores, tal e como xa saen no Visor do Encontro. Os diferentes eventos preséntanse en orde cronolóxico, e engadimos varias funcionalidades inspiradas no Foxtrick. Entre elas atoparás novas iconas de eventos e as súas descricións. Tamén atoparás un botón para "copiar ó portapapeis", o cal che fará máis doado compartir as túas cualificacións de encontro nas conferencias. O meirande cambio que traemos neste informe é que, inspirados no Foxtrick, imos cambiar as porcentaxes que amosamos nos diferentes sectores no campo. Agora serán o que chamamos "Cualificacións Efectivas". En vez de amosar o ratio entre, por exemplo, Defensa e Ataque, a partir de agora amosaremos directamente a probabilidade real expresada en % que tes de converter ou parar o ataque en cada momento. Este número é moito máis útil, xa que reflicte realmente como funciona a simulación. Por exemplo, se tes un nivel formidable (9) de medio, e o teu rival ten un pasable (6), a porcentaxe amosada non será do 66% senón algo maior. Aínda así, deixámosche a opción para ver as probabilidades ó vello estilo.

Na páxina do Visor do Encontro non hai redeseño visual, pero todas as funcionalidades da páxina post-partido (Cualificacións Efectivas, descricións, eventos cronolóxicos e iconas dos eventos) tamén estarán aquí dispoñibles. Como engadido, melloramos a liña do tempo, facendo máis doado ir para diante e para atrás a través dos eventos do encontro. Por último, melloramos o rendemento do Visor do Encontro, que agora debería cargar máis rápido e ter unha mellor resposta ó actualizarse.

Con todo isto na mesa, imos seguir traballando na nosa folla de ruta.

No mes que pasou dende o nosa última reunión de desenvolvedores, temos traballado en dúas direccións. Unha delas é a reforma das seleccións nacionais, para o que creamos unha conferencia na que invitamos a todos os seleccionadores actuais e pasados. Explicámoslle os nosos obxectivos—o novo sistema permitirá ter máis seleccións na Copa do Mundo, xogando máis encontros, e nun entorno máis seguro contra as sabotaxes, o que cremos melloraría a participación dos diferentes mánagers. A resposta foi abraiante, e fíxonos darlle duro ós nosos plans. Imos facer unha editorial sobre isto en Maio, con novas funcionalidades a partir de Xuño, e un novo formato de competición uns meses máis tarde.

Na outra dirección na que temos traballado é en mellorar a promoción do xogo. Que por qué agora? Nos últimos seis meses vimos unha mellora na retención dos novos usuarios. Isto é algo moi importante para nos, xa que cunha alta retención é máis rendible facer campañas de márketing

Tamén melloramos no noso posicionamento nos buscadores, algo no que Hattrick non andaba moi alá. Traballamos nesto algunhas semanas, e darémoslle outra volta en Maio, esperando mellorar moito neste aspecto. Tamén fixemos unha revisión das nosas actividades en redes sociais, onde tamén queremos mellorar.

Por último, cremos que a mellora na retención do usuario ten que ver co feito de cambiar de proxectos a longo prazo con longos silencios por parte do equipo, a lanzar funcionalidades máis acotío, co que todo o mundo ve e sente que o xogo está a evolucionar. Tentaremos seguir así, xa que cremos que é o camiño adecuado!

HT-Johan
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 081