Tivemos unha morea de respostas, de feito ista converteuse na meirande enquisa nunca feita sobre fútbol, e bastantes respostas interesantes.
Probablemente non sexa unha gran sorpresa que o equipo escollido como gañador do mundial sexa Brasil (un 54% de 196.000 usuarios os escolleron como favoritos para levanta-la copa de campión do mundo), o 17% dos usuarios teñen a Brasil coma equipo favorito, con Holanda en segunda posición entre os equipos máis populares, cun 9%. Todo o mundo ama a Brasil? Máis ben non. As rivalidades rexionais influiron bastante nos resultados da enquisa, e neste caso faise especialmente evidente no caso de Brasil e Arxentina.
Os meirandes seareiros do Brasil son os suízos, que prefiren que gañe Brasil antes que o seu equipo nacional, incluso estando este todavía na competición!
O usuario medio de Hattrick pensa pasar entre 2 ou 3 horas ao día fronte o seu televisor ollando o mundial, mentres que os usuarios en México, Polonia e Arxentina pasarán entre 3 e 5 horas ao día mirando os encontros. Os europeos do norte (con Inglaterra á fronte) son os máis preparados para sacrifica-lo tempo familiar para poder segui-la copa do mundo. O 43% dos ingleses consideran que o mundial é a prioridade durante xuño e xullo.
Unha cuestión interesante é o posicionamento dos seareiros perante o xogo limpo. Que importancia ten fronte á do resultado final? Os polacos (66%) e os portugueses (57%) son menos tolerantes respecto á idea de que os seus xogadores usen malas artes tentando sacar proveito no campo. Máis tolerantes son os alemáns e os suecos. Non é ningunha sorpresa que aos suecos non lles importe que o seu equipo non xogue un fútbol vistoso sempre que gañe o partido, só un 25% opinaron que o bo xogo é máis importante que a vitoria. Os finlandeses e os belgas (59%) son os que máis saben de fútbol moderno, inda que posiblemente se despistaran un chisco nas roldas de clasificación, xa que ningún deses equipos está na fase final do mundial!
Gustarianos agradecervos a tódolos que participáchedes na nosa enquisa sobre fútbol, que bautizamos como
Global Football Monitor. Foi a meirande enquisa nunca feita sobre fútbol, e os seus resultados acadaron portadas en moitos países arredor de Europa. Podes botarlle unha ollada aos resultados completos na
miniweb http://www.globalfootballmonitor.com.
Queremos lembrar que, como sabedes, o motivo principal para esta gran enquisa non era tanto o de preguntarvos pola copa do mundo como o de coñece-las vosas opinións sobre Hattrick. Esa parte da enquisa foi igualmente grande e exitosa, pero é algo máis complexa. Estamos ocupados analizándoa e darémosvos os resultados tan pronto coma poidamos.
De novo, moitas grazas por participar, e agora a disfrutá la copa do mundo! Opá!