Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

7-3-2006 Editorial: Estatísticas revisadas

HT-Jonas estivo repasando a situación de novo despois dun repaso ao editorial do pasado ano. Pasaron unha chea de cousas dende aquela!
É o momento de repasa-lo antigo editorial sobre estatísticas que escribín fai casi un ano. Pasaron moitas cousas dende entón, e moitas cifras quedaron obsoletas. Engadín os datos do ano pasado entre parénteses despois dos datos actuais para poder ter unha referencia sinxela. Debido a que a meirande parte están sacadas nun único día, moitos datos non son exactos senón estimados. Isto nótase nalgúns datos sobre actividade que nestes intres son máis baixos que o ano pasado a pesares de haber máis usuarios agora. Hai que pensar que estamos no verán, nunhas datas nas que a actividade tradicionalmente é menor. Por certo, nestes intres temos 870.000 usuarios, fronte os aproximadamente 630.000 que había cando se publicou o último editorial. Un incremento de case 250.000! De calqueira xeito, basta de leiras e imos a polas estatísticas.

Enviamos preto de 150.000 (35.000) e-mails diarios. Recordatorios do contrasinal, correos de introducción e recordatorios de pagamentos son a meirande parte dos contidos que enviamos vía e-mail. Aparte, arredor de 80.000 (120.000) ht-mails entre usuarios circulan cada día.

No sistema de conferencias escríbense arredor de 160.000 (110.000) mensaxes diarias. Desas, o 45% (40%) pertencen ás conferencias das federacións. A Non-HT ocupa un 18%, as conferencias dos grupos o 12% (20%). O día de máis actividade en canto a mensaxes aconteceu o 19 de abril deste ano, no que enviáronse 194.233 mensaxes (que pasaría ese día?).

O motor do xogo tamén está bastante ocupado. Cada semana xóganse preto dun millón de encontros. Isto tradúcese nunha media de 1½ partidos por segundo.
Dentro dese millón de encontros, aproximadamente se marcan 3.8 millóns de goles. Durante a semana lánzanse tres millóns (un millón) de retos para amigábeis, e no mercado de traspasos fanse preto de 400.000 (180.000) poxas diarias.

Tamén é interesante botar unha ollada ao uso das diferentes versións lingüísticas de Hattrick. O español é o idioma máis empregado cun 15% de usuarios, seguido polo alemán, cun 13%. O inglés está en terceira posición, cun 8% de usuarios. Inda máis, se combinamos o Español e o Español (Argentina) a porcentaxe de usuarios compartida chega a un impresionante 20%. Bo traballo, tradutores!

Por último, cada día 1,3 millóns (850.000) de conexións efectivas son feitas por 450.000 (300.000) usuarios distintos. A pasada semana 740.000 (520.000) usuarios distintos se conectaron a Hattrick!
 
Server 070