Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-23-2005 Editorial: Relación entre os GMs e a comunidade - II Parte

HT-Tjecken continúa as súas reflexións na segunda editorial sobre este tema.
Quero expresar isto alto e claro, para evitar posíbeis malentendidos sobre o tema, seica dende a parte dos usuarios ou dos propios GMs:

É correcto discutir sobre o traballo dos GMs nos foros, e tamén é correcto facer críticas. Isto quere dicir que non implica expulsión. Como calqueira outro ser humano, os GMs tamén buscan facer mellor o seu traballo, polo que as críticas son benvidas.

Sen embargo, as discusións sobre o traballo dos GMs deben manterse nunha temática global, entendendo esta como discusións sobre como son recrutados os GMs e instruidos, ou falar sobre o que é legal ou non en Hattrick. Non está permitido discutir casos concretos en público, xa que trátase de algo que viola a privacidade dos usuarios e porque podería conveter os foros nunha morea de opinións dominadas por unha maioría carente de información sobre o caso en concreto. En poucas verbas, sería un auténtico lío.

Se realmente desexas da-lo teu punto de vista, podes facelo de xeito xeral e facer unha argumentación constructiva sobre o tema, para iso están os foros. Pero lembra, o feito de que sexa correcto criticar non implica que poidas dici-lo que queiras dun membro do staff, as críticas deben facerse dun xeito educado e constructivo (tal e como quererías recibilas ti). Non se permiten os ataques persoais nin insultos cara a ningún membro de Hattrick, e tampouco cara os membros do staff obviamente.

Poderiamos falar moito sobre como criticar, pero agardo que o anterior chegue para entendelo inda que non entremos en máis detalles. Hai un xeito realmente malo de criticar sobre o que quero reflexionar, xa que é realmente malo tanto para os GMs como para a comunidade, e consiste en cando os usuarios tentan provocar un conflicto de distintas formas. Se alguén ten éxito coa súa provocación, e sucede a miúdo, os GMs vense forzados a tomar medidas que poden non ser acertadas ao 100% e o provocador "gaña", pero qué é o que acadamos finalmente? Nada, lamentablemente. Nada, excepto xenreira mutua e rabia.

Por desgracia, debo dicir que os GMs reciben de cotío duras verbas e insultos de usuarios, a meirande parte de usuarios trampóns expulsados, o cal non é ningunha excusa. Incluso hai casos, moi poucos eso sí, onde os usuarios ameazan aos GMs personalmente.

Nun caso recente, por exemplo, un usuario (que fora expulsado tras recibir 10 avisos sobre o seu comportamiento nos foros) levou o seu caso demasiado lonxe, pasándose moito do permisíbel, cando tomou a iniciativa de formar un grupo de ex-usuarios que aportaron información persoal (idade, enderezo, fillos, fotos, etc) dalgús GMs e ameazaron con publicar esa información en internet, para que os usuarios expulsados poideran poñerse en contacto con eles de esa forma. GMs doutros países teñen experimentado casos similares no pasado, víndose obrigados a asina-los mails como grupo no canto de asinalos persoalmente.

Non só esta prohibido por lei o publicar datos persoais, nós coidamos que semellantes accións son un ataque ao xogo en sí mesmo. Ningún usuario debería verse ameazado de ningún xeito en Hattrick, e dende logo tampouco aqueles homes e mulleres que, de xeito voluntario, nos axudan a levar este xogo. Para protexer aos nosos GMs ameazados, no caso antes citado, tomamos tódalas medidas legais apropiadas que tiñamos á nosa disposición.

Non me malinterpretedes. Podemos entender a ira e frustración dalgúns usuarios que vexan pechados os seus equipos, pero coidamos que todo pode e debe ser arranxado dentro de Hattrick, e non debe ser continuado mediante accións na vida real ou ameazas. De feito, coidamos que é algo totalmente inaceptable.

Así, acaso estou a dicir que os GMs son persoas perfectas que non cometen errores? No, non é tan sinxelo, por suposto. Hai apartados nos que os GMs poden mellorar, así como hai outros donde a comunidade pode mellorar. Máis sobre o tema na vindeira entrega.
 
Server 071