Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

7-15-2006 Editorial: A Caída de Hattrick

Aquí tendes unha guía con algunhas preguntas e respostas sobre a caída.
Que aconteceu?

A pasada semana melloramos o noso sistema de almacenamento de datos para Hattrick pasando a un novo sistema, con máis capacidade. Era algo necesario xa que o sistema anterior estaba sobrepasando a súa capacidade. O primeiro paso para esta mellora foi feito a semana pasada e marchou correctamente. Sen embargo, durante o segundo paso, cando engadimos un segundo servidor principal ao sistema de almacenamento, comezamos a ter problemas de funcionamento nos discos. Sen embargo, isto afectou á base de datos en funcionamento e provocou danos nalgúns datos. As reparacións deste tipo de problemas ocorren frecuentemente en Hattrick e non implican demasiada complicación, mais neste caso todo saiu mal. Pasamos o Xoves reparando e restaurando datos para voltar a abrir sen necesidade de recorrer á copia de seguridade, mais ao final foi algo que non puidemos evitar.


Que supón que Hattrick volte a unha copia de seguridade?

A última copia de seguridade foi gravada ás 05.00 da mañá hora HT, a noite entre o Domingo e o Luns, despois dos encontros da fin de semana. O sucedido entre as 05.00 do Luns e a tarde do Mércores, ata a caída da web, simplemente perdeuse. Isto inclúe amigábeis e encontros de copa nalgunhas ligas, traspasos e varias accións tales como contratar ou despedir especialistas. Unha vez a copia de seguridade foi restaurada, a semana enteira foi simulada cos parámetros existentes no momento da copia (instruccións para os encontros, equipos, lesións e demais). Os traspasos pechados antes desa hora foron respetados, pero non sucedeu o mesmo cos traspasos non finalizados ou cos rematados despois da gravación da copia de seguridade. A lista de traspasos foi baleirada e os xogadores terán que ser postos novamente á venda.


Gañei o meu encontro, pero agora encóntrome cunha derrota no seu lugar. Que ides facer ao respecto??

Tivemos que voltar a unha copia de seguridade, o que significa que se perderon datos. Os encontros afectados foron xogados de novo, e teremos que aceptar que os resultados destes "segundos" encontros non serán idénticos as do primeiro encontro, ista é a nova realidade. Algúns usuarios veranse beneficiados por isto, outros non. Moitos de vós notaredes pequenos efectos deste tipo: resultados dos encontros, lesións, traspasos... Estas consecuencias son lamentables, mais non faremos ningunha reparación individual. Pregámosvos que comprendades que ista é a única política xusta e razonable para este caso.


Non atopo a repetición do meu amigábel - Non está na lista de encontros?

Preme no teu Club. Procura en Ollar máis eventos. "Arranxouse un amigábel". O derradeiro será unha ligazón ao teu encontro.


Merquei o Supporter antes da caída da páxina. Agora non o teño. Que pasa agora?

Como sucedeu co resto de datos, a túa situación de supporter perdeuse coa copia de seguridade. Pero a operación está gardada, e o actualizaremos proximamente. Por favor, tende algo de paciencia neste punto, xa que estamos traballando no mellor xeito de arranxar este apartado.


Tiña máis de 500.000 € de débeda esta semana e non puiden recuperarme xa que se anularon os traspasos. Agora que fago?

Terás unha semana adicional para elimina-las túas débedas.

 
Server 070