Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

10-7-2005 Editorial: Quen é Johan e quen é Jonas?

O equipo Hattrick é o responsable do desenvolvemento deste xogo, pero eso non significa que tódolos membros do equipo fagan o mesmo. HT-Tjecken nos conta nesta editorial quen é quen, e que é o que fai.
A miudo sucede, no mundo Hattrick, que Jonas arranxa un erro mentres que Johan leva o mérito. E non só se confunde xente da comunidade, incluso os nosos novos empregados teñen o mesmo problema (moi divertido, na miña opinión). Jonas, dende logo, anda algo picado co tema, xa que Johan raramente arranxa un erro. De feito, soe suceder que Johan non ten nin idea de como raio se arranxan esas cousas, pero inda así pode recostarse na súa silla e recibi-los méritos cun sorriso diabólico nos seus beizos.

Un motivo para esta confusión podería deberse a que os seus nomes comezan coas mesmas dúas letras, pero penso que o motivo principal é que a meirande parte da xente non coñece as tarefas que temos dentro do Equipo Hattrick. O Equipo Hattrick foi fundado por Johan e Björn a finais do 2001, e comparte a responsabilidade no desenvolvemento de Hattrick. Pero dentro do equipo temos distintas funcións e a miña idea aquí é describir quenes somos e que facemos. Comezaremos cos que a xente sempre confunde:

HT-Johan
Johan é o presidente de Hattrick Ltd, a empresa dona de todo o vencellado con Hattrick. Johan leva un montón de cousas: vendas, comercialización, publicidade, patrocinios, dereitos de autor, preguntas e leis. Pero hai algo que non fai nunca: arranxar erros. Cando non está traballando ou botándolle carreiras a Mattias na piscina (con apostas por medio), a Playstation é a súa amiga máis querida.

HT-Jonas
Jonas é un dos desenroladores e membro do equipo dende o principio. Combinou os seus estudos universitarios coas tarefas de Hattrick ata esta primavera, pero agora está poseido ao 100%. É deseñador dos foros, controla o funcionamento, é o Yoda do Unicode e máis, todo en un! Noutras verbas, Jonas arranxa unha morea de erros. Ademais, é o único membro do equipo que viu aos "cinco grandes".

HT-Bjorn
Björn é o desenrolador xefe de Hattrick e tamén preside Extralives. O seu papel é o de ocuparse de cuestións xerais no deseño do xogo e controla-lo rendemento do xogo, e o mante-lo equilibrio entre as novidades molonas e a nostalxia das versións anteriores. Aparte disto, frecuentemente é visto no teatro, especialmente sobre o escenario.

HT-Frid
Frid tamén é desenrolador, uniuse ao equipo en Abril do 2004. Os servizos SMS e a interface XML para os CHPP, entre outras cousas, débense a Frid. Vive nunha igrexa e Hattrick rescatouno dunha carreira como tenor de ópera.

HT-Sarah
Sarah é unha desenroladora padawan dende Novembro do 2004. Traballou arreo co noso novo sistema da tenda, inda que tamén fai tarefas "normais" de desenvolvemento do xogo. Non sabe como moverse nun campo de fútbol, pero é capaz de lucirse con algúns movementos funkys sobre a pista de baile.

HT-Daniel
Daniel é o noso gurú do hardware e sistemas de redes, e un dos fundadores de Extralives. Estos días está a ocuparse do noso gran parque de servidores e ocasionalmente tamén bota unha man noutras tarefas de desenvolvemento. A renovación da súa casa antiga tamén lle leva "parte" do seu tempo libre.

HT-Mattias
Mattias é o noso home de negocios e uniuse ao equipo en 2003. O seu papel é o de negociar e facer tratos representando a Hattrick para mellora-la nosa faceta de negocio. Trátase do segundo (!) aspirante a cantor de ópera que rescatamos, e os seus dous nenos tamén lle ocupan parte do seu precioso tempo.

HT-Trapper
Trapper é o webmaster dunha gran compañía sueca de telecomunicacións durante o día, pero tamén traballa para Hattrick como desenrolador a tempo partido. Membro do equipo dende o principio, é o responsable da rede CHPP e tamén actúa como xefe de equipo en determinados proxectos. Trapper é o único membro do staff abonado a algún equipo de fútbol.

HT-Hasse
Hasse traballa como profesor nun instituto durante o día, e tamén traballa para Hattrick a tempo partido. Membro do equipo dende o principio, agora se ocupa da cooperación con Expect. A miudo é visto vestido completamente de coiro. Sobre a súa moto chopper, claro.

HT-Magnus
Magnus acaba de unirse ao equipo e traballará como desenrolador. A súa especialidade está na interface e nos temas de usabilidade, e centrarase neses aspectos en Hattrick. Tamén é probable que sexa o noso cantante nas bodas.

HT-Calle
Calle leva traballando en Extralives dende 2003, pero non demasiado en proxectos vencellados con Hattrick. Calle é un desenrolador moi completo, moi hábil tanto na programación coma no deseño visual. O pinball é outra das cousas que se lle da moi ben a Calle.

HT-Pelle
Pelle tamén se uniu ao equipo recentemente, un par de semanas antes que Magnus. Pelle é o complañeiro de Calle e traballa en proxectos distintos a Hattrick. Mentres non traballa, centra os seus esforzos en converterse nunha estrela do Rock.

HT-Tjecken
Que pasa conmigo? Son o encargado da comunidade e membro do equipo dende o comezo. A miña tarefa é a de facer isto máis humano e cálido para vós, e son o responsable dos nosos voluntarios. Tamén son o único membro do equipo que xoga ao fútbol na vida real.

Espero que agora saibades algo máis sobre nós e o que facemos. Agardo que dende este intre sexades capaces de diferenciar a Johan e a Jonas, o que significaría que Johan pode despedirse dos seus méritos inmerecidos. O sinto, xefe.
 
Server 071