Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

9-18-2006 Editorial: Resultados da Enquisa

Sabías que o 97% dos usuarios de Hattrick recomendarían Hattrick a un amigo? E sabías que o 95% xogarán de aquí a un ano, e só o 1% di que non o fará? Para ser sinceiros, nós tampouco o sabiamos. Pensabamos que os resultados do Censo ían ser bos, pero resultou que inda foron mellores.
En Maio fixemos unha enquisa de usuarios, preguntándovos o que pensabades sobre o xogo, a comunidade e o sitio. 191.000 persoas contestaron - sensacional! A cantidade de respostas fíxonos sentir orgullosos, pero os resultados aínda nos fixeron sentir máis orgullosos e pensei que debería compartir algúns deles convosco.

Ás veces, cando entras na conferencia e les un fío sobre alguén que vai deixar-lo xogo, podes comenzar a pensar que a xente está a deixa-lo xogo. Ben, esta enquisa pon punto e final a estes pensamentos. Nada menos que o 95% dos usuarios de Hattrick seguirán xogando de aquí a un ano, e aínda máis - 97 % - din que recomendarían Hattrick ós seus amigos. Cando obtivemos estes resultados mirámonos os uns ós outros e nos preguntamos se estabamos a soñar, entón baixamos á docería e mercamos unha torta. :)

Entón ninguén vai deixa-lo xogo? Ben, sería antinatural que ninguén deixase o xogo nunca, pero de feito só o 1% dixeron que non estarán xogando a Hattrick dentro dun ano.

O usuario de Hattrick medio é un home de 21-25 anos, que leva xogando a Hattrick 1-2 anos, e que en xeral pasa 3-5 horas á semana en Hattrick. A maioría da xente di que xogan a Hattrick porque lles interesan os xogos de estratexia e de fútbol, e lles atrae a competición. Isto axústase bastante ás nosas enquisas pasadas.

Nesta enquisa preguntamos dun xeito máis preciso que pensabades sobre sete áreas principais: Interfaz do usuario, administración do xogo, adición do xogo, copas, funcionamento do sitio, comunidade/conferencia e reto do xogo. O reto do xogo é o que vos parece máis importante, seguido da interfaz do usuario. Iso era o que agardabamos. O que nos sorprendeu bastante foi que o menos importante segundo a enquisa foi o rendemento do sitio!

A nosa actuación nas áreas descritas é satisfactoria segundo vos, especialmente nos apartados de interfac do usuario e de administración do xogo. A mellor noticia é que os nosos traballadores voluntarios son moi apreciados. O 98% está satisfeito coa súa versión do idioma e só o 3% non está satisfeito cos nosos Game Masters e Moderadores. Só o 3%! Iso sería un resultado xenial para un servizo ó cliente na realidade, e para unha combinación de mesa de axuda, servizo ó cliente e policía (como é a tarefa dos GM/Mods). É realmente incrible!.

Así que, agora que faláchedes de tódalas cousas boas, preguntarédesvos onde están os malos resultados.

Ben, parece raro pero non hai unha área particularmenete mala de acordo coa enquisa. Se tivesemos que dicir unha, sería que só o 85% ten unha sensación suficiente de desafío, pero tamén un 85% é unha boa cifra e queda raro dicir que é un mal resultado. Pero está claro que pode ser mellorado. Outro dato importante é que o 18% atopa a estrutura da conferencia un pouco complicada, aínda que a mesma estrutura é apreciada polos que pasan moito tempo na conferencia. A conclusión que se podería sacar é que leva algo de tempo afacerse á estrutura da conferencia, pero unha vez que o fas gustarache moito.

Pero incluso se pensades que o facemos ben en tódalas áreas, o fin desta enquisa non era sentirnos adulados (aínda que foi un bo efecto secundario). O propósito desta enquisa era ver que pensades vos que é importante, que pensades que debería mellorar. Escoitamos a toda a comunidade e seguimos de preto os debates nas conferencias, pero sabemos que moitos usuarios non pasan moito tempo na conferencia e tamén nos gusta saber o que pensan. A conferencia é unha boa canle para dar opinións (o 80% está de acordo con isto na enquisa). Aínda así está bastante claro que a maioría dos usuarios de Hattrick non pasan moito tempo na conferencia, só o 20% pasa máis da metade do seu tempo en Hattrick na área de comunidade/conferencia e sobre un 25% non está nunca alí, eles atopan máis interesantes outras áreas de Hattrick. Esta é por suposto unha área que queremos mellorar, queremos que máis xente goce da parte da comunidade, porque sabemos que é unha das mellores cousas en Hattrick. Ó mesmo debemos entender que hai xente que atopa outras áreas de Hattrick máis interesantes, e consideramos igual de importante escoitalos aínda que non escriban moito nas conferencias.

Como resumo, o resultado desta enquisa é unha boa ferramenta que poderemos usar no futuro. Podemos ver o que pensades que é importante, e donde deberiamos mellorar, como o desafío que presenta o xogo e a parte da comunidade por exemplo. Esas son dúas áreas nas que nos centraremos, de feito, xa estamos centrados nelas. Tamén hai outras áreas que non atopades tan importantes (e/ou a nosa actuación nelas é moi boa) nas que polo tanto non nos centraremos tanto, como as copas por exemplo.

Xa para rematar, hai veces nas que non escoitaremos tanto as vosas opinións. Síntoo, pero non vos escoitaremos no que a rendemento do sitio se refire. Non importa cantas veces digades que é a cousa menos importante en Hattrick, nós non vos escoitaremos. Para nós, o funcionamento do sitio será sempre de máxima prioridade, e honestamente penso que estaredes de acordo.
 
Server 071