Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-28-2007 Editorial: A Historia, revelada

Dentro dun par de días Hattrick cumplirá 10 anos. O 30 de Agosto de 1997 Hattrick facía a súa estrea en internet, e o resto é ao que lle chamamos historia. Así que antes de comezar a festexa-lo noso 10º aniversario, non quero deixar pasar esta ocasión de mirar atrás ao noso pasado e de revelar algúns datos da historia, botando de paso unha ollada aos meus propios 10 anos neste xogo.
Hai algún tempo comecei a traballar nun proxecto sobre a historia de Hattrick e anque levo xogando case dende o principio non podo deixar de ficar sorprendido. Sorprendido do xogo e da súa duración (unha eternidade para un xénero como este). Pero tamén quedei fascinado comigo mesmo, por ridículo que poida soar. Porque cando comecei a pensar nos meus últimos 10 anos fíxoseme evidente que moito choveu dende aquela e que poucas cousas seguen iguais na miña vida dende que comecei a xogar a Hattrick.

Cando empecei no xogo entraba na vintena, solteiro e traballando no meu primeiro choio a tempo completo. Dende entón tiven unha longa relación, un feixe de outras compañeiras, voltei á soltería de novo un par de veces, un par de empregos, algunha mudanza e unha voda. Agora todas esas cousas non son moi estrañas, nada asombroso. Despois de todo é algo moi normal para alguén da miña idade. Non. O fascinante é que levo conectándome a Hattrick máis ou menos de xeito diario durante os últimos dez anos. Todo cambiou na miña vida dende entón, pero Hattrick sigue vivo e coleando. Mentres outras aficións pasaron despois dalgún tempo, Hattrick mantívose. Outros, dende logo poderán calificar isto como de "frikada", eu penso que é, sinxelamente, fascinante.

O que fai isto inda máis fascinante é que apenas paso tempo agora cos meus vellos amigos daqueles anos. Coñecín á meirande parte dos meus amigos da vida real grazas a... pozí, Hattrick. Cando casei fai algúns meses invitei a unha morea de xente que coñecín a través de Hattrick, mentres que só foi un dos meus amigos de fai 10 anos (que por certo, tamén xoga a Hattrick). Penso que se a miña dona non tivera amigos podería ter sido unha auténtica festa hattrickeira con roupa de voda para anima-lo evento.

Supoño que isto di moito de min como persoa, pero de feito di inda mais sobre Hattrick. Apunteime para amosarlle a todo o mundo o bo xogador que era, pero pronto descubrín que Hattrick era moito máis que un simple xogo. E cando asistín a miña primeira "kedada" hattrickeira, no lendario punto de encontro no Soldaten Svejk, un pub-restaurante checo en Estocolmo, descubrín que os demais managers non eran gordos (ou delgados) frikis de gafas de cu de vaso aburridos e bebedores de Jolt-Cola. Eran moi semellantes a min, normais e cunha intensa relación con Hattrick.
Seica o máis fascinante é que a miña historia non ha de se-la única. Moitos de vós experimentariades as mesmas cousas.

En canto á cuestión de "e que vai pasar agora?" cando saiu o "novo" Hattrick en Outubro de 2000, dicíase que Hattrick tería millóns de usuarios, un governo propio cun espazo propio na asamblea da ONU e que Björn recibiría o Nobel da paz por eliminar toda a violencia futbolística do mundo. Dende logo que iso non aconteceu, pero polo menos recorrimos un largo camiño cando pasan unha morea de cousas boas na comunidade, como ollar usuarios organizando sorteos de lotería de Supporter cada nadal aforrando o supporter eles mesmos para outros usuarios que non poden permitir ou a recente organización da Copa da Paz entre equipos israelies e musulmanes por exemplo.

Todas estas cousas non aparecen nos libros de historia, polo menos ata agora. O noso novo libro de historia contén unha morea de nostalxia hattrickeira, tempada a tempada. Mergulleime a fondo nos nosos arquivos e
fixen un abraiante paseo no tempo. Obviamente é imposible encaixar todo dentro dun documento histórico. Esta volta centreime nas evolucións e cambios importantes do xogo e procurei ser conciso. Hai, nembargantes, moitas historias todavía sen contar, por exemplo sobre a "Barba-plaga", as guerras clónicas e os Does, así como moitos sucesos da comunidade como os que citei antes. Agardo poder voltar sobre este e outros asuntos outro día.

O 10º aniversario pronto estará aquí, así que chegou a hora de botar unha ollada na nosa historia. Creo que atoparedes algúns datos que non sabiades, pero tamén supoño que evocaredes moitos recordos e momentos gloriosos. Eu sei que o fixen.

(Quede para o rexistro que atopei outra cousa que fixen regularmente: Escoitei Smashing Pumpkins durante todos estes anos. Pero ata ahí chega a cousa, o prometo.)
 
Server 070