Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-30-2007 Editorial: Dez anos de Hattrick

Tal día coma hoxe hai dez anos aparecía a primeira versión de Hat-Trick e, como vimos estes días, comezaba a súa andaina na rede.
Foi nos comezos de internet, cando se consideraba unha novidade o te-la túa propia páxina con diversas imaxes nela, e cando o correo electrónico baseado en páxinas web estaba considerado como algo incriblemente sofisticado.

Hattrick era unha cousa máis, un xogo bastante simple na superficie, pero tamén un mundo de seu, un universo de fútbol do que podías posuir unha pequena parcela. Aínda neses días, era unha mestura interesante de estratexia e relacións sociais, e incluso sen planificalo, xurdiron algúns foros dedicados a Hattrick e formouse unha comunidade.

Mentres traballamos con Hattrick durante estes anos, a miudo xurdiron as preguntas de: Esperabades que isto se volvera tan grande? Cales eran os vosos obxectivos en Hattrick cando comezastes?

Dende logo, tiñamos fe en Hattrick e pensabamos que habería unha morea de xente ahí fóra que podería estar interesada. Pero o obxectivo non era o de acadar un determinado número de usuarios, ligas ou anos en funcionamento. Queriamos construir unha plataforma dende a que Hattrick poidera crecer ata acada-lo seu propio potencial, fose cal fose ese potencial, tanto en termos do xogo, dos usuarios, como da comunidade. O crecemento, obtido en lugares nas que non o agardabamos, chegou en forma de agradables sorpresas, igual que toda esa xente que nos atopamos e coñecimos grazas ao xogo.

Nestes momentos nos que celebramos 10 anos de Hattrick, a nosa filosofía segue a ser moi parecida á que tiñamos cando comezamos. Non podemos predeci-lo futuro, pero sabemos que queremos crear as mellores condicións posibles para Hattrick e para tódolos nosos usuarios. Solventando os actuais problemas da economía interna do xogo, creando novas e interesantes opcións no xogo e atopando novas vías para axudar á comunidade, hai un farto de cousas por facer.

Ben, en canto ao aniversario, como o imos celebrar? Seica o mellor xeito sexa quedar nalgún garito con algúns amigos do xogo e pasar unha boa noite de festa. Podedes usa-lo nosa nova ferramente, o Calendario na que poderedes publicar eventos da vida real e ter aos vosos colegas anotados para unirse ás festas, partidos ou noites tolas. O calendario tamén fai un seguemento dos eventos máis importantes de HT e, se es supporter tamén poderás empregalo para notas persoais.

Outra estupenda e social ferramenta nova é o novo Visor Hattrick Live. Trátase dun xeito alternativo para seguir os vosos encontros de Hattrick, cunha agradable presentación e un chat integrado, que vos permitirá falar en tempo real cos usuarios que estén conectados e seguindo o voso encontro.

E sobre todo, hai unha nova ferramenta para poder facer Invitacións a os vosos amigos para que coñezan e se unan a Hattrick, e na que poderedes segui-la evolución de aqueles que o fagan.

Isto é todo... polo momento! Dende o equipo de HT queremos agradecervos a todos estes fantásticos 10 anos de Hattrick, agardando que veñan moitos máis.

Hei Carballeira!!!
 
Server 070