Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-5-2005 Editorial: Reforma das ligas en Abril do 2006

Hattrick medrou sen descanso durante os últimos anos. Isto é algo fantástico, dende logo. Sen embargo, as grandes ligas están a sofrer algúns problemas debidos a que o sistema de ligas non se ensancha a partires da 7ª división. Imos cambia-la estructura das ligas. Haberá máis equipos en cada división (pero só 8 equipos por grupo, como ata o de agora) nas divisións máis baixas. Ao mesmo tempo, faremos un único borrado de equipos sen dono.
Porqué?
A estructura actual das ligas de Hattrick fai un efecto "embudo". O motivo polo que escollimos esta estructura fai un par de anos era polas restricións de capacidade e rendemento que tiñamos. Hoxe, e grazas a a optimizacións dos programas e a inversións nos servidores durante estes anos, temos moita máis capacidade. E chegou o intre de deseñar unha nova estructura de liga que poida servir para os meirandes países mellor que o sistema vello.

O novo sistema será máis amplo na base, do xeito amosado na taboa que atoparedes máis abaixo.

Algunhas das cousas que acadaremos grazas ao novo sistema:
  • Menos equipos "mortos", xa que os equipos abandoados nas partes altas das ligas non terán que agardar tanto tempo para chegar ata o "fondo", onde poderán ser remprazados.
  • Listas de espera máis cortas nas grandes ligas que estén a crecer rápido, xa que deste xeito poderemos ampliar ata 32768 nunha quenda, no canto dos 8192 que podiamos engadir ata o momento.
  • Os principiantes terán unha oportunidade real de chegar ao máis alto nun prazo de tempo máis razoable, inda que o xogo sega a crecer. Por exemplo, para acomodar 80.000 usuarios nunha liga a estructura anterior precisaría 15 niveis (15 divisións), mentres que a nova estructura só require 10 divisións.

O novo sistema de ligas
Despois da vindeira tempada, é dicir, en Abril do 2006, reorganizaremos o sistema de ligas. O novo sistema será idéntico ao anterior para as divisións dende a 1ª ata a 7ª, pero a partires da 8ª división haberá máis equipos por división, do xeito amosado a continuación:

Equipos na división
Div.Sistema velloSistema novo
188
23232
3128128
4512512
520482048
681928192
781928192
8819216384
9819216384
10819232768
11819232768


Borrado único de equipos sen dono
Xa que o novo sistema de ligas fará necesario intervir no sistema normal de ascensos e descensos da vindeira tempada, queremos aproveita-la ocasión para facer unha limpeza de equipos sen dono. Tódolos equipos sen control serán enviados á división máis baixa despois da vindeira tempada e as súas prazas ocupadas por equipos normais seguindo unha clasificación.

Esa clasificación só serve para o ascenso na liga. Trátase simplemente dun xeito de amosa-la posición no teu grupo en comparación con outros grupos. Tódolos equipos son clasificados segundo os seguintes criterios:

1. Nivel da división
2. Posición no grupo
3. Puntos no grupo
4. Diferenza de goles
5. Goles
6. Moeda ao aire (Sorteo)

Queremos remarcar que esta limpeza é algo puntual que non se repetirá nas vindeiras tempadas. Cremos que sería moi confuso facelo de xeito continuado xa que entón non poderiades saber, por exemplo, se a segunda posición nun grupo significaría un ascenso ou non. Xa que a vindeira tempada terá esa confusión e incertidume de tódolos xeitos, pensamos que é un bo momento para unha limpeza tamén. Mais unha vez que sexa implantado o novo sistema, non queremos que este lío se repita cada tempada.

Podería un equipo descendido ascender de novo?
Si. Os descendidos poderían voltar ao seu nivel de división previo, se hai suficientes prazas baleiras nas divisións de nivel superior ao seu.

Entón, que sucederá ao final da vindeira tempada?
Ao remata-la vindeira tempada (e despois dos encontros de promoción) haberá unha única reorganización de tódalas ligas. Antes de nada, tódolos ascensos e descensos da liga regular (incluindo os ascensos e descensos das promocións) terán lugar de xeito normal. En segundo lugar, tódolos equipos sen dono do sistema ligueiro por completo serán descendidos á división máis baixa. Despois, un número de equipos serán ascendidos para cubri-las prazas vacantes resultado do descenso dos equipos sen dono. Este ascenso estará basado nunha clasificación que será amosada ao longo da tempada. Debido a que o novo sistema de ligas é máis compacto que o anterior nos niveis máis baixos, haberá unha morea de "ascensos extraordinarios" sobre todo a partires da 9ª división.

Como podo ve-la miña clasificación?
A túa clasificación será actualizada semanalmente. Isto darache unha pista de se tes opcións de obter algún dos "ascensos extra" dispoñíbeis a partires da vindeira tempada.

Os grupos seguirán a ser de só 8 equipos?
SI. Non imos cambiar iso.
 
Server 070