Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-31-2008 Editorial: Comentarios sobre a Hattrick Masters

A oitava edición da Hattrick Masters xa se está xogando. Peluza(1191014) será o noso guía esta vez e informaranos dende os estadios.

Este editorial será actualizado despois de cada rolda. É máis, Peluza tamén escribirá uns longos artigos[post=1">artigos], informando máis en profundidade na conferencia Global (English).
Ola, son Peluza. Serei o voso guía nesta edición da HM... Espero que atopedes os meus textos interesantes! Esta tempada probabelmente vexamos un novo equipo conseguindo o maior éxito que un equipo poida acadar, así que estade preparados para recibir a un novo campión!

Primeira Rolda (ligazón)

Nesta rolda, algúns dos equipos máis fortes xa foron botados fóra: terranzX é un bo exemplo disto. Perdeu fronte a Kastelin, un pseudo-AoA (AoA ou All out attack, son os equipos que basean o seu xogo nun medio moi forte, deixando a defensa de lado). Puidemos ver a beltxis en acción. Ten unha grande cantidade de xogadores coas especialidades máis adecuadas, o que lle pode dar unha certa vantaxe fronte outros equipos.

O encontro entre Mighty Beavers FC e Thesaurus foi un interesante duelo entre un ben feitiño equipo que xoga ao contragolpe cun chisco de medio (38% da posesión) e un equipo que se centra principalmente no medio e nos ataques laterais. A defensa dos Beavers foi o suficientemente forte como para levarse o partido.

O partido que enfrontaba a Rushin' Eagles fronte ao Ajax Persia non estivo tan parello. Os Eagles gañaron cunha gran diferenza, se ben teño que recoñecer a valentía do seu opoñente, que xogou cunha ultra-ofensiva 2-5-3 inda que os Eagles eran claros favoritos. Paceri non foi tan ofensivo: polo contrario, conseguiu unha cualificación de divino para o seu contragolpe, inda que non foi suficiente para conseguir a vitoria.

Estaba interesado en ver como os equipos arxentinos xogaban esta rolda. Ámbolos dous xogaron ao contragolpe… A.C. Branca con Coca xogar sen medio e empregar a formación extrema 5-2-3, que non lle serviu para gañar. Por outra banda, PALUMBO FC, que xogaba fronte a KIVA, atopouse cun partido ben estraño: Os dous xogaron ao contraataque e Kiva foi o máis forte, gañando por una inesperada diferenza de goles.

Segunda Rolda (ligazón)

O campión da Allsvenskan, o Zeta, fixo o seu debut na HM nesta tempada, enfrontándose ao forte equipo vietnamita CSF_FC. Aínda xogando de visitante, as cualificacións que obtivo o Zeta foron impresionantes. Na miña opinión, este é un dos mellores equipos da actualidade, e debemos botarlle un ollo, porque tamén ten o peto cheo de cartos preparados para comprar o que precise para gañar. Falköpings BK, o outro equipo sueco, tamén pasou de rolda. Cada tempada, os equipos suecos preséntanse como favoritos, pero aínda non puideron conseguir gañar esta competición… será esta a primeira vez?

AC Ziky team, anterior gañador da competición, xogou contra o mellor equipo irlandés de todo os tempos, GB Rovers, un equipo con moita historia neste torneo que xogou en todas as anteriores HM. As cualificacións de Ziky foron espléndidas, demostrando o porqué xa gañou unha vez e deixando claro que quere gañar esta edición outra vez.

TURKSTRIKERS amosounos o incríbel resultado que pode chegar a dar un grupo de bestas monoskill (unha soa habilidade alta)... algo que xa fixo tamén MARCOGAVI, mánager de SQUARTA PRAGA. El é un talentoso negociador e probabelmente a súa intención sexa dominar aos outros equipos pola forza bruta. Aliñando a un feixe de divinos, foi capaz de gañar ao meu amigo Simontxo, nun dos máis importantes encontros da segunda rolda. Desta vez, o abraiante beltxis non conseguiu gañar...

Terceira Rolda (ligazón)

Os equipos fortes xa mostraron as súas cartas e os partidos fanse máis difíciles de cada vez. Puidemos ver dous dos máis fortes enfrontarse: AC Ziky Team e o SQUARTA PRAGA. Ziky, como visitante, fíxose coa vitoria. Ámbolos dous teñen equipos realmente fortes (e caros). Outro gran partido foi o Artest FC contra FC Rebel Stars, onde Artest demostrou ser tamén un serio candidato.

Algúns equipos puideron incluso pasar esta rolda con formacións defensivas e xogando ao contraataque, como Transhumanists e PoCo Panthers. Danlle esperanzas aos equipos defensivos na súa loita fronte aos, en teoría, todopoderosos no medio do campo. kashop xogou tamén ao contragolpe, pero non puido gañar a Magnificient eleven noutro interesante encontro.

Un equipo que xogou totalmente diferente foi PFC Beroe, que non sacou case defensa aparte da do porteiro, cun medio do campo moi forte para gañar a posesión da pelota. O seu opoñente, o lituano FK "Ateitis", saíu cunha táctica máis equilibrada pero tamén tentando gañar o medio, pero non foi quen de manterse na competición desta vez.

TSV Kalkspur Oedheim gañou outra volta cun asombrosos ataque central, case imposíbel de parar para a maioría dos equipos. En cambio, foi toda unha sorpresa como xogou o A.C MILAN 1899; os polacos non tiveron ningunha oportunidade co equipo que formou para esta rolda, e de feito parecía que quería perder sen sequera loitar. Hashalom Beer-Sheva, de Israel, derrotou a outro favorito, o Potato Heads inglés. Este gran choque entre estes poderosos equipos, de máis de 400 hatstats cada un, rematou cun 0-5. Porén, Potato Heads, mereceu algo máis. Volverá a Inglaterra, pero pode estar moi orgulloso da súa actuación.

Un montón de equipos fortes seguen na competición: BeoPower, FC Granit, kitrosu Targoviste, FightClub Football Club, MADP SAD e FC Partizan son bos exemplos de fortes e equilibrados que todos nós deberiamos analizar para aprender cousas importantes sobre o xogo. O Club Deportivo Pilsener, de El Salvador, por outra banda, é un deses equipos dun país pequeno que inda aguanta, facendo historia na copa.

Jorge Team é o equipo que representa ao meirande país en HT, España. Os máis de 90.000 usuarios españois deberían estar orgullosos de cómo Jorge esnaquizou a Duffus’ Devils 0-6 na súa casa. Bainræakjin, das Illas Feroe non vén dun país grande, pero iso non lle afectou moito ao gañar ao gran equipo que o norte americano Barefoot United lle puxo no campo. Unha moi boa aliñación, pero nun partido moi igualado segundo as cualificacións (non no resultado) tivo que facer as maletas e volver a casa desta vez.

Cuarta rolda (ligazón)

Case todos os equipos que quedan son fortísimos e dende agora cada pequeno detalle podería levar ao éxito ou a volver á casa pensando o que puido ter sido e non foi. Nesta rolda puidemos ver como o bo funcionamento do PFC Beroe: sen defensa e case sen un forte ataque foi quen de batir ao FC Partizan, que non puido co medio do búlgaro na súa casa. Probabelmente a historia tería sido diferente de xogar en Kiev, pero non se pode saber e os de Beroe merecen o seu posto na quinta rolda.

O romanés kitrosu Targoviste caeu fronte ao PoCo Panthers. Os canadianos xogaron ao contragolpe outra vez, e acadaron un empate a 3-3, pero puideron pasar adiante na HM nos penaltis. AC Ziky team, o último campión e un serio candidato para repetir o título, gañou fronte o Falköpings BK nun partido moi igualado, pero que se decidiu na primeira parte. Xogar fora non é un problema, é un equipo con moita experiencia, como xa ten demostrado dende hai tempo, pero veremos como se apaña cos outros equipos que quedan en competición, como o Artest FC, que venceu ao finés Ruxumotors, sentando tamén a súa candidatura á vitoria final.

TURKSTRIKERS e Zeta gañaron outra vez, con cadanseu estilo, pero ámbolos dous teñen equipos con posibilidades de levarse a competición. Jorge Team perdeu fronte a un equipo lituano realmente intelixente: o BeoPower. Ao rematar o partido puidemos ver a súa táctia para o partido: sen ataque, se centrou soamente no medio e na defensa. As súas posibilidades viñan soamente de tiros de falta, penaltis (pola posesión da pelota) ou eventos especiais. O único gol do partido veu por un testarazo nun saque de esquina.

TSV Kalkspur Oedheim decidiu que para esta rolda o seu incrible ataque central non era a arma axeitada. En vez diso, centrouse no medio sorprendeu ao seu rival, Asoi F.C., quen non puido igualalo e caeu. FC Granit xogou contra Transhumanists. Ambos son grandes equipos, pero Granit foi máis forte e (non sen sorte) venceu esta vez. Transhumanists ten unha grande variabilidade táctica, é quen de xogar dende un CA ata un equipo equilibrado… é un gran manager e a bo seguro ha ter algunha outra oportunidade na HM no futuro.

Seguinte rolda... (ligazón)

Veremos grandes partidos nesta quinta rolda: PoCo Panthers – Zeta será unha boa proba para ver as posibilidades de Zeta, fronte a un equipo cunha moi boa defensa e que pode ser moi difícil de bater na súa casa. No PFC_Beroe – TURKSTRIKERS veremos aos búlgaros xogando no seu estadio outra vez, e vendo que os turcos tiveron a súa mellor arma no medio, será outra proba máis para os seus ultradivinos superar ao equipo local.

Os equipos locais teñen unha vantaxe pero iso pode levalos a subestimar os seus rivais. Ziky xogará outra vez de local, e veremos se tenta xogarlle PIC a Condenados para ter unha vantaxe no espírito na seguinte rolda… pero será suficiente contra o forte equipo portugués? Arriscarase co PIC ou elixirá xogar normal para asegurar a vitoria? Poderá Condenados dar a sorpresa derrotando a Ziky? E isto é algo que se pode aplicar tamén aos outros partidos!
 
Server 071