Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-10-2008 Editorial: Comentarios sobre a Hattrick Masters (2)

Estamos soamente a unha semana de coñecer ao gañador da Hattrick Masters desta tempada. Peluza(1191014) continuará cos seus informes e nos guiará nestas interesantes roldas finais.

Este editorial será actualizado despois de cada rolda. É máis, Peluza tamén escribe uns longos artigos[post=1">artigos], informando máis en profundidade na conferencia Global (English).
Quinta Rolda (ligazón)

Ben, semella que nesta rolda o CA foi a opción escollida por moitos equipos. É incríbel ver como en seis encontros de oito houbo un equipo xogando ao contraataque. A maiores, outro equipo elixiu a presión. Algúns tiveron éxito, outros non tanto, pero polo menos os encontros foron entretidos na súa maioría.

O único encontro sen un equipo que non xogara ao CA (contraataque) ou con presión foi o FC Granit(268352) (o gran equipo ucraniano, moi coñecido xa nesta competición) e o Artest FC(341042) (que conseguiu altas cualificacións no mediocampo e na defensa, cos que dominou ao seu rival e deste xeito segue na competición).

O medio de PFC_Beroe(531140) non foi suficiente contra TURKSTRIKERS(652800). Desta vez o TURKSTRIKERS xogou ao CA, e atinou. O seu ataque non foi nada do outro mundo, pero chegou abondo contra a defensa búlgara.

Xeq Matt(29279) tamén elixiu o CA, e funcionoulle ben. O Magnificent eleven(159850) non puido bater á defensa brasileira, inda que non foi tan forte como podería ter sido. PoCo Panthers(72528) non foi capaz de gañar a pesar do seu CA: a súa cualificación titánica e unha incríbel defensa non puideron parar a ofensiva de Zeta(39457). Cunha gran defensa e ataque, Zeta xogou moi intelixente e sabía ben como xogaría o equipo canadiense. Isto é polo que o seu medio non foi tan alto, xa que no seu lugar centrouse nos seus ataques.

BeoPower(483742) tamén xogou así contra Hashalom Beer-Sheva(154022). Ao xogar en Israel o Hashalom Beer-Sheva tivo vantaxe, e non a desaproveitou. BeoPower centrou o seu xogo principalmente na defensa e no medio. Só tentou atacar por unha banda... pero non foi suficiente. Polo tanto Hashalom Beer-Sheva xogará a seguinte rolda.

AC Ziky team(481481), un dos máis famosos favoritos desta tempada, xogou na casa contra Condenados FC(561535), e foi practicamente imposíbel de parar. Condenados xogou á presión, pero inda así, Ziky acabou machacándoo, a pesar da gran defensa de Condenados.

O alemán TSV Kalkspur Oedheim(333945) conseguiu gañar. O seu ataque central fixo que o seu posíbel rival tivera coidado e tentara xogar CA, pero o ataque de Kalkspur foi imparábel, como fixo xa na rolda anterior, polo que o equipo alemán avanzará á seguinte rolda.

O FightClub Football club(462662), sen ser menos ca outros equipos da competición, tamén tentou o CA para gañar ao forte equipo portugués MADP SAD(86082), quen se centrou principalmente no medio pero conseguiu tamén ter boas cualificacións en defensa e ataque. FightClub, tentou o CA atacando polas bandas, deixando o ataque central case que inútil. O encontro foi moi disputado, pero MADP SAD saíu vitorioso.

Sexta Rolda – Cuartos de Final (ligazón)

AC Ziky team - TURKSTRIKERS:
Ziky decidiu apostar polo 3-5-2, centrándose especialmente no medio do campo con dous ataques fortes e un pouco de defensa. Inda así, unha aliñación bastante balanceada. O seu opoñente, en cambio, xogou unha 4-5-1, tratando de facerse co partido cunhas cualificacións de medio e defensa moi altas e soamente un ataque forte. TURKSTRIKERS precisaba que as súas oportunidades foran case todas ao seu ataque dereito ou que se resolveran a balón parado. Os eventos especiais polo contrario, en principio eran unha das armas coas que contaba Ziky.

O partido rematou cun 1-1 e tívose que xogar a prórroga. Aí TURKISTRIKERS tivo sorte de acadar outra ocasión pola súa banda máis forte e non errou, rematando co partido e mandando a Ziky a casa. Cun gran equipo e case alcanzando as 500 hatstats, non é esta a primeira vez que ten que volver a casa despois de perder un partido sendo superior, pero isto non lle quita mérito ao traballo de cadsiz que lle fan merecedora de xogar as semifinais.

Hashalom Beer-Sheva - TSV Kalkspur Oedheim:
Desta volta os dous equipos tentaron gañar o medio descoidando un pouquiño a defensa, resultando nun partido aberto, probablemente con moitos goles. O equipo alemán sabía que xogando de visitante o tería moi difícil… era bastante predicible (non tiña tantas opcións coma o seu opoñente) que basease o seu xogo no medio e no ataque central. Desta vez, o medio non foi suficiente, e xa a falta de poucos minutos para rematar, o Beer-Sheva fíxose co partido marcando o espectacular 4-3.

MADP SAD - Artest FC:
Dous dos equipos menos fortes que quedaban en competición, pero tamén dous dos máis listos, xa que acadaron esta rolda non pola forza bruta, como fixeron outros. Estaban bastante parellos en cualificacións, ambos xogaban cun 3-5-2 cun medio moi forte pero con moi bos equipos en conxunto.
O partido ía 2-1 ao final da primeira metade, pero ninguén dominaba a posesión da pelota. Artest marcou o 2-2 no minuto 65, pero MADP SAD estivo realmente ben nos últimos dez minutos de partido, rematando cun 5-2 que lle daba a oportunidade de avanzar outra rolda e facer que o Artest retornara a casa. Inda así, queda o Beer-Sheva que representará fantasticamente ao seu país!

Zeta – Xeq Matt:
En teoría, Zeta ía ser superior: unhas cualificacións altísimas, versatilidade para xogar ao seu antollo, bos lanzadores de faltas, gran cantidade de especialistas, xogando na casa, probablemente con vantaxe de espírito, etc. O equipo brasileiro é moi bo, pero non o suficiente desta vez para enfrontarse ao Zeta.
Esta vantaxe tamén se puido ver no resultado do partido: Zeta esmagou ao Xeq Matt, acabando cun 6-1 e xogará a seguinte rolda cun equipo forte pero que ten aínda posibilidades de incorporar máis xogadores, vendo a súa conta bancaria. Estou desexando ver como fará para vencer aos equipos baseados en bestas cunha sola habilidade principal, como o equipo turco.

Rolda 7 – Semifinais (ligazón)

Hashalom Beer-Sheva - TURKSTRIKERS:
Os dous equipos xogaron un 3-5-2 con boas cualificacións defensivas. Os turcos meteron un dianteiro defensivo e, unha vez máis, soamente tiñan un ataque forte. Por que decidiu xogar un 3-5-2 en vez do 4-5-1 da pasada rolda? Ela vendera un dos seus defensas esta semana, polo que non tiña tantas posibilidades se quixera xogar á defensiva. Indirectamente, tamén significa que o seu equipo é moi curto neste momento, polo que se traduce nunha vantaxe para os seus opoñentes.

Beer Sheva tiña mellor equipo e tamén cartos abondo para mercar calquera cousa que precisara, pero decidiu xogar dun xeito máis conservador, sen centrarse en nada en especial (salvo quizais no medio). Sendo un encontro tan parello, decidiuse outra vez na prórroga cun gol do ataque máis forte de TURKISTRIKERS.

Zeta – MADP SAD:
Zeta tiña certa vantaxe sobre o seu contrincante no medio do campo, debido á contribución dos seus extremos ofensivos. MADP tiña que poñer un extremo cara ao medio para igualar o medio o que non lle deixaba tanta vantaxe en ataque ou defensa. Así que Zeta decidiu xogar cun central ofensivo, o que fixo que a posesión caera do seu lado por un 56%.

Con esta vantaxe, estaba claro que Zeta ía conseguir máis oportunidades que o seu opoñente… e tirou proveito delas ao marcar 3 goles. MADP fíxoo moi ben, pero non puido nin marcar un gol, polo que Zeta foi o que puido avanzar á final. De tódolos xeitos, debo felicitar a ambos equipos, porque foron quen de alcanzar as semifinais cuns equipos cuns soldos facilmente asumíbeis.

Final (ligazón)

Máis de 100.000 seareiros viaxaron a Noruega para ver este prometedor encontro entre Zeta e TURKISTRIKERS. Ao longo de toda a competición puidemos ver como Zeta xogaba case sempre co seu equipo titular, mentres que TURKISTRIKERS empregaba xogadores cun "contrato temporal" (principalmente polo seu custo). De feito, como se agardaba, xa os puxo á venda xusto despois do partido.

Ámbolos dous equipos saíron ao campo cunha 3-5-2 outra vez. En TURKISTRIKERS xa se podía prever, tiña un equipo máis xusto e menos cartos para mercar xogadores novos. Elixiu xogar con mediocampo + defensa e soamente un ataque forte. As opcións de Zeta eran máis amplas... e decidiu centrarse principalmente no medio, sen esquecer nin a defensa nin o ataque. Estaba decidido a gañar, sen importarlle o prezo, como demostrou aliñando a catro mediocentros, perdendo por tanto o adestramento.

Os turcos deron o primeiro golpe, co seu ataque forte, pero Zeta igualou o resultado rapidamente e mesmo conseguiu adiantarse, grazas ao seu super-porteiro, tamén un incrible lanzador de faltas. A primeira parte rematou cun 3-1, xa que Zeta puido ampliar a vantaxe, grazas a gañar a posesión da pelota.

TURKISTRIKERS non se puido repoñer na segunda metade e o resultado final foi de 4-2. O novo campión, Zeta, é o primeiro equipo sueco en acadar este título, facendo do seu país o primeiro en gañar o Mundial e Mundial Sub-20 por seleccións e a Hattrick Masters.

Parabéns a Zeta e tamén a TURKISTRIKERS! Non é sinxelo chegar á final na competición máis importante, e ademais, é a primeira muller en facelo. Veremos quen os pode igualar a próxima tempada, esperemos que sexa tan entretida como esta!

Moitas grazas pola vosa atención! Ata sempre!
 
Server 071