Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-21-2005 Editorial: Melloras no motor dos encontros

A vindeira tempada faremos os seguintes 12 axustes no motor do xogo. Todos terán efecto a partires do 2 de Xaneiro do 2006. Facemos estes trocos coa intención de estimular un maior uso de distintas (e realistas) opcións tácticas, e para equilibrar o motor do xogo.
Posicións no campo máis naturais

1. Hoxe pode chegar a ser complicado acadar formacións equilibradas usando xogadores reposicionados. Para mellorar isto, os xogadores moveranse agora a posicións máis "naturais" no campo cando se faga un reposicionamento. Isto se aplica tanto ao xogador reposicionado como aos que quedan detrás del. Por exemplo, os defensas centrais e os mediocentros (inners) considerarase que pasarán a ocupar un lugar no centro da súa posición cando só quede un defensa central ou un mediocentro na formación. Ata o de agora o xogador mantiña a súa orientación, xa fose na dereita ou na esquerda, cando o segundo xogador era movido, creando un pequeno burato na defensa ou no mediocampo. De xeito semellante, se unha parte do equipo é reforzada cun xogador extra, este xogador tamén se considerará centrado. Un defensor esquerdo reposicionado como mediocentro non manterá, como ata o de agora, a súa orientación cara á banda orixinal na simulación do encontro, senón que xogará exactamente no medio do campo.

Os inners centrados contribuirán a metade á defensa lateral, pero contribuirán á defensa lateral en ámbolos dous lados da mesma. Así, podemos dicir que dividen a súa contribución á defensa lateral de igual xeito en ambas bandas. De xeito semellante, un defensa central centrado dividirá a súa contribución á defensa lateral entre ambos laterais, e os inners dividirán a súa contribución ao ataque lateral entre ambas bandas.

Os xogadores reposicionados, e os xogadores que fican como único mediocentro ou único defensa central sempre se considerarán centrados. Só estes dous grupos de xogadores serán centrados.

Modificacións na defensa para medios i extremos

2. A contribución á defensa lateral de tódolos mediocentros redúcese nun 30%, excepto para os que xoguen coa orde "Cara á banda" onde a contribución será a mesma que antes. Isto é un engadido aparte dos cambios sobre "centrado" enumerados no punto 1).

3. A contribución á defensa central dos mediocentros aumentará nun 10%.

4. A contribución á defensa lateral aumentará nun 40% para os extremos coa orde "Normal" e nun 30% para os extremos coa orde "Defensivo".

Modificacións na defensa para os defensas

5. A contribución á defensa lateral dos defensas centrais verase reducida nun 8%, mentres que a súa contribución á defensa central aumentará nun 8%.

6. Un defensa central coa orde cara á banda verá reducida a súa contribución á defensa lateral nun 10%, mentres que a súa contribución á defensa central aumentará nun 10%.

7. Un defensor lateral coa orde defensivo perderá un 20% da súa contribución á defensa central.

8. Un defensor lateral coa orde cara ao medio verá aumentada a súa contribución á defensa central nun 20%.

Axustes nos Porteiros

9. Faremos outro pequeno reaxuste na relación entre porteiro e defensas e a súa importancia relativa dentro das cualificacións da defensa. A contribución á defensa do gardameta verase reducida nun 1%, mentres que a influencia da habilidade de defensa dos defensas será incrementada nun 1%.

Novos folgos para os dianteiros defensivos

10. A contribución da habilidade de pases para os dianteiros coa orde "defensivo" incrementarase nun 30%.

11. Aparte do aumento mencionado no punto 10), os dianteiros coa orde "defensivo" que teñan a especialidade de técnicos gañarán un incremento do 50% na contribución da súa habilidade de pases no ataque central, e gañarán tamén unha contribución menor aos ataques laterais da súa habilidade de pases. O fundamento deste troco é o de simular a opción do mediapunta (un xogador a medio camiño entre os dianteiros e os centrocampistas) capaz de usa-la súa habilidade de tirar grandes pases.

Aliñacións máis flexibles

12. Poderase reposicionar aos extremos como mediocentros, e tamén se poderá reposicionar aos defensas laterais como defensores centrais. Sen embargo, sede conscientes de que o incremento do mediocampo obtido grazas a un mediocentro non é moito maior que o obtido cun extremo xogando cara ao medio. Así, o prezo de abandona-la banda completamente é moi alto, só para gañar un incremento nas xogadas apenas un chisco maior que o que obterías cun "cara ao medio". Pero polo menos dende agora existe a opción de ignorar esta recomendación.
 
Server 071