Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

2-20-2006 Editorial: Comentarios da Hattrick Masters

HT-Tjecken comparte o seu punto de vista sobre a primeira rolda da Hattrick Masters, con comentarios dentro e fóra do terreo de xogo. Esta editorial actualizarase tódolos días ata o xoves.
Luns 19.04:
Siiiii!!! Por fin chegou a hora de ter unha competición internacional para equipos de Hattrick! E o que é máis excitante é que hay varios equipos que teñen unha oportunidade real de gaña-la Masters.

A primeira rolda xogada a primeira hora da mañá amosou que moitas cousas pasan, e pasarán. É o caso do camipón de Copa de Suecia (e posiblemente un dos favoritos para gañar a HT Masters), Oriole United, que foi eliminado polo representante de Portugal, C.F."Os Belenenses", despois dun emocionante encontro que se decidiu no tempo engadido.

Mirando a seguinte rolda, que comeza en apenas unha hora, teño moito interese en ve-lo debut de Beltxis, representante de Venezuela, que domina HT en Venezuela dende aproximadamente hai un ano e que ten un récord de 141 encontros sen perder.

Fantástico non é a palabra idónea para describir o magnífico traballo feito.
Pero o primer rival de Beltxis non é calquera equipo, é Inter Sthlm, de Suecia, considerado o mellor equipo do mundo. Non será tarefa sinxela para Beltxis, pero menuda pelexa!

Luns 23.45:
E vaia encontro que fixeron, moito mellor do que imaxinaba. Axustado, duro e emocionante ata o último minuto e con Beltxis gañando como fai en tódolos seus encontros. Isto significa que xa non quedan representante suecos na HT Masters tralas dúas primeiras roldas. Alguén esperaba isto?

C.F."Os Belenenses" tamén está no bo camiño. A victoria foi contra Oriole United, o campeón da Copa de Suecia. Poderá resistir máis roldas con esa apretada defensa e os bos contraataques? Eu non o creo pero seguro que ningún equipo quere atopalo nas seguintes roldas.

Unha ollada rápida á terceira rolda permite ver que os grandes favoritos como o Inter United irlandés e o Teerlunge alemán, terán rivais fáciles nesta rolda. O austriaco Styrian Killer porá as cosas complicadas ao FC Barentin, pero o encontro máis interesante para min é o que enfrenta ao Z'Ing, de Romanía, e ao El Torros Gigante dinamarqués. Dous bos equipos, onde o Torros Gigantes semella ter, sobre o papel, algo de vantaxe. Pero Z'Inq xoga na casa....

Martes 14.15:
Só quedan 32 equipos en competición trala disputada da terceira rolda, que tivo varias sorpresas. Beltxis perdeu contra o brasileiro Xeq Matt, algo que non agardaba e que rompe o fantástico récord que posuía.

Z'Inq gañou o encontro da mañá no tempo extra e agora terá enfronte ao Skou United, o outro representante de Dinamarca. Será capaz de botar do torneo a outro equipo dinamarqués?

Sen ofender ao resto, hai dos encontros na cuarta rolda que semellan interesantes: Bezrzecze Lords - FC Teerlunge e FC Barentin - Inter United. Estos cuatro equipo teñen grandes posibilidades de acadar a victoria final na HT Masters, así que estes dous encontros é imprescindible seguilos. Tamén habería que ver se hai equipos que mercan xogadores para os encontros.

Outro gran favorito para o título é o representante de Romanía Stiintza, que viaxará a Turquía con grandes posibilidades de pasar á quinta rolda.

Mércores 17.32:
Debo admitilo, convertinme nun verdadeiro adicto á Masters. Hai olimpiadas na tele todo o día, e eu estou máis pendente da pantalla do meu ordenador e da páxina da Masters.

As roldas 4ª e 5ª conteñen partidos moi interesantes. Na 4ª rolda presenciamos choques realmente igualados, como anunciaba onte, pero a 5ª rolda foi inda máis dura para os candidatos ao título Barentin e Stiintza. Barentin tivo que chegar ata a prórroga contra o noruego Hallgale, que a piques estivo de obte-lo trunfo coa súa táctica de presión. E KoKyTeam, dende Arxentina, estivo a apenas 10 minutos de eliminar a Stiintza, pero dous goles nos derradeiros minutos decantaron a victoria para os romaneses.

Así, só quedan 8 equipos e tres roldas. Tanto Stintza coma Barentin xogan en casa, polo que coido que será moi difícil batilos. Pero quen sabe, ambos tiveron encontros moi duros na 5ª rolda coma comentei antes. Os outros dous encontros semellan moi igualados tamén. Ollando ás anteriores actuaciones na Masters coido que Alien`s de Latvia é o favorito ante Skou United e que BiboPenta FC gañará o vindeiro encontro contra o bosnio Maxnet. Pero aposto a que algún deses encontros precisará un tempo engadido.

Mércores 22.47:
Barentin e Stiintza non tiveron problemas nos cuartos coma era de esperar, e tamén acertei no meu pronóstico con Bibopenta e a prórroga. Só errei no pronóstico de Skou, non calculei ben o poder dos vikingos.

Chegou o momento das semifinais, nas que os meirandes favoritos, Stiintza eBarentin, medirán as súas forzas. Ei Carballeira! Un aspecto interesante será como afrontan o encontro, tendo en conta que poderían ter que xogar encontro da tempada para gaña-la semifinal, algo que podería afecta-lo seu rendemento de xeito negativo nunha posible final.

BiboPenta enfrontarase a Skou United na outra semifinal, que semella tan aberta coma a primeira. As últimas calificacións de Skou non foron demasiado impresionantes, pero ten realizado actuacións mellores previamente. Non quero facer pronósticos sobre o resultado destes encontros, pero pola miña parte non penso perder detalle. Xa sei o que estarei vendo durante o almorzo!

Xoves 17.05:
O duelo entre Stiintza e Barentin foi tan apretado coma se esperaba, pero quizais algo más do que se pensaba. Barentin sorprendeunos cando decidiu xogar ao contraataque, alg o que provocou un claro dominio de Stiintza. Un dominio que non serviu para nada. Nin unha sola ocasión apareceu no reporte, nun encontro que ao final sería gañado por Berantin na quenda de penalties.

Se a anterior semifinal foi un pouco aburrida, na segunda socedeu todo o contrario. Skou xogou de maneira creativa outra vez, o que lle permitiu disfrutar dun gran número de eventos especiais no encontro. Tanto o primeiro gol de BiboPenta's coma o do empate de Skou foron grazas a eventos especiais. Uns minutos despois, Skou marcou o segundo tanto que lle serviu para derrotar a Bibo Penta's.

Poderá Skou facer algo na final contra Barentin? Realmente nono o creo. Na miña opinión Barentin é demasiado superior a Skou. A pesar diso, Skou fixo un magnífico papel na Masters. Se alguén dixera "Creo que Skou United será finalista" algúns días antes, pareceríame algo gracioso e lle diría "nos teus sonos. Pero é realmente bonito que fagan que nos equivoquemos ás veces. E quen sabe, quizais poidan gañar con un pouco de sorte -no fondo, a pelota é redonda-, incluso en Hattrick.

Xoves 22.32:
Parabéns Barentin FC!
Skou colocou unha muralla de 7 defensas e esperou ter algún contraataque, pero iso non foi suficiente.

En resumo estos catro días creo que foron moi divertidos. Seguro que hai cousas nas que temos que prestar atención e nós poremos a traballar nelas, pero en xeral eu paseino mellor do que imaxinara. Coma dixen onte, convertinme nun adicto aos foros, pero non fun o único. Houbo moita emoción en cada rolda, e tamén antes e despóis. Tal como debe ser un torneo coma a Masters.
 
Server 070