Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-15-2010 Editorial: Tes un minutiño?

Este mes fixemos varias enquisas aos nosos usuarios, e inda están pensadas unhas poucas máis. Gustaríanos darvos as grazas a aqueles que as cubriron e tamén explicarvos un pouco o porqué destas enquisas.
É importante que comprendamos as inquietudes da comunidade e o que pensa sobre o traballo que estamos a facer. Inda que podemos recoller moitas destas inquietudes a través das conferencias e dos encontros na vida real, as enquisas son un excelente camiño para formular cuestións a grupos grandes.


Este mes fixemos varias enquisas xa que pensamos que é o mellor camiño e o máis estruturado. Estamos a usar un servizo de terceiros para realizar estas enquisas que é o modo máis doado e máis rápido, ademais de ser máis seguro e anónimo. Até agora, enviamos enquisas para dous grupos específicos, usuarios que levan moito tempo e usuarios que deixaron o Hattrick hai pouco. Usando os comentarios destas dúas enquisas, faremos unha enquisa máis grande para despois desta tempada e así profundizar nos detalles do xogo. Misturaremos enquisas como esta porque non podemos preguntarlle de todo a todo o mundo, e porque as necesidades de usuarios concretos, como xente que acaba de comezar ou xente que non sexa Supporter, poden ser totalmente diferentes de outros que xa levan xogando 7 anos.

Inda que a maioría das preguntas das enquisas teñen varias opcións, existe tamén a posibilidade de que introduzas comentarios para deixarnos suxestións. Isto pode facer que nos leve moito tempo lelos, pero farémolo! Dándonos ámbalas dúas informacións utilizarémolas para mellorar o xogo e para novas preguntas en futuras enquisas.

En breve será tamén a nova edición da Global Football Monitor, a cal xa se fixo en 2006 e 2008. Esta enquisa non é sobre Hattrick, senón sobre o mundo real do fútbol e sobre o Mundial 2010 concretamente. A GFM é a enquisa de fútbol máis grande a nivel mundial, e no pasado os resultados desta enquisa foron publicados en revistas de deportes de todo o mundo. Pensamos que isto é un bo camiño para amosarlle ao mundo real que Hattrick existe e que temos unha fantástica comunidade.

Unha cousiña máis... a cal pode ser obvia. As enquisas son, por suposto, totalmente voluntarias, e se non tes gañas de facelas ignoralas cando che apareza a pregunta para cubrilas. Non hai en absoluto ningunha obriga de facelas, pero apreciamos se finalmente nos adicas un pouco de tempo.
 
Server 071