Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-14-2010 Editorial: Hattrick comeza de novo

Este verán traeranos grandes cambios ao equipo de Hattrick e ao xeito no que o desenvolvemos. Despois de 10 anos deixamos as nosas oficinas en Estocolmo e trasladámonos a Malmö ao sur de Suecia.
A principal razón para este cambio é que en Malmö seremos quen de construír un equipo onde toda a xente importante traballe no mesmo lugar, facendo moito máis sinxelo a planificación de proxectos, debater as melloras do xogo e tomar decisións cando sexa necesario.

Isto non era posíbel en Estocolmo, xa que xente coma o noso arquitecto de sistemas HT-Daniel, coma o noso xefe de desenvolvemento HT-Chris ou coma min, non viviamos alí. A pesar disto traballamos con este factor durante moitos anos. Nos primeiros anos as cousas foron ben igualmente, pero ao ir medrando o número de xente converteuse nunha dificultade cada vez maior para traballar de xeito eficiente.

O que estamos a construír en Malmö é o tipo de organización que teriamos escollido se comezásemos hoxe o Hattrick, pero coa experiencia que dan os 10 anos xa pasados. Seremos un equipo máis unido, liderado directamente polos fundadores, onde todos estarán máis en contacto con seus compañeiros, e onde non se parará de falar de como conseguir que o Hattrick sexa mellor para os nosos usuarios. Tentaremos estar moito máis centrados, traballando en poucos proxectos pero tempos concretos, e evitando que haxa temas sen finalizar como ocorría no pasado.

Tamén tentaremos ser máis abertos como equipo, contándoche no que estamos a traballar e a pensar, e involucrando máis á comunidade no camiño a seguir no futuro do Hattrick.

Para nós, isto é como comezar de novo o noso traballo con Hattrick. Pensamos que ti coma usuario non notarás moita diferenza nun principio, pero será un cambio positivo co tempo en cousas como o xeito de traballar coas novas funcións, os erros e a comunidade.

Unha consecuencia deste traslado é que minoraremos a introdución de novas funcións no xogo durante un tempo, pero isto é algo que xa tiñamos planeado igualmente. Co novo motor do xogo funcionando, queremos centrarnos noutras áreas como por exemplo abrir de novo o programa CHPP.

Outra cousa importante é que varios dos nosos programadores en Estocolmo elixiron non seguirnos ata Malmö, e debido a isto teremos novas caras para substituílos.

Ademais abrimos unha páxina de oferta de emprego aquí en Hattrick onde publicaremos os postos que vaian quedando libres. Se algunha vez pensaches en vir a traballar a Hattrick, animámoste a que lle botes unha olllada, aínda que non haxa ningún traballo que se adapte a ti agora mesmo, non perdas a oportunidade de enviarnos o teu curriculum para o caso de que no futuro aparecera algo.

Sabemos que hai grandes talentos por aí fóra e estamos moi contentos do resultado que deron no pasado xente que collimos da comunidade.
 
Server 071